Abrir o menú principal

Muhammad Ali Jinnah

Muhammad Ali Jinnah, nado como Mahomedali Jinnahbhai (en gujarati: મહમદ અલી ઝીણાભાઇ) en Karachi o 25 de decembro de 1876 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1948, foi un avogado, político e fundador de Paquistán.[1] Jinnah actuou como líder da Liga Musulmá Panindia dende 1913 ata a creación de Paquistán o 14 de agosto de 1947, sendo o primeiro Gobernador Xeral do país ata a súa morte. Foi coñecido en Paquistán como Quaid-i-Azam ("Gran líder") e Baba-i-Qaum, "Pai da nación"). O día do seu nacemento está considerado festa nacional no país.[2][3]

Muhammad Ali Jinnah
Jinnah1945c.jpg
Nacemento25 de decembro de 1876
 Karachi
Falecemento11 de setembro de 1948
 Karachi
Causatuberculose
SoterradoMazar-e-Quaid e Karachi
NacionalidadePaquistán e Raj Británico
EtniaLohana
RelixiónIslam
Alma máterCity Law School, Universidade de Bombaim e Sindh Madrasatul Islam
Ocupaciónpolítico e avogado
NaiMitthibai Jinnahbhai
CónxuxeEmibai Jinnah e Rattanbai Jinnah
FillosDina Wadia
IrmánsFatima Jinnah
Jinnah Sign.gif
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Jinnah naceu na mansión Wazir en Karachi, e estudou para avogado no Lincoln's Inn de Londres. Trala súa volta á India Británica, entrou no Bombay High Court, e comezou a interesarse na política nacional, que acabou por substituír á práctica legal. Jinnah acadou prominencia no Congreso Nacional Indio nas dúas primeiras décadas do século XX. Neses primeiros anos da súa carreira política, Jinnah avogou pola unidade hindú-musulmá, axudando á creación do pacto de Lucknow de 1916 entre o Congreso e a Liga Musulmá Panindia, na que Jinnah tamén era prominente. Foi tamén un líder clave na All India Home Rule League, e propuxo un plan de reforma constitucional de catorce puntos para salvagardar os dereitos políticos dos musulmáns. Porén, en 1920, dimitiu do Congreso cando este acordou unha campaña de satyagraha, que consideraba como anarquía política.[4][5]

En 1940, Jinnah pasara a crer que os musulmáns do subcontinente indio deberían ter o seu propio estado. Ese ano, a Liga Musulmá, liderada por Jinnah, aprobou a resolución de Lahore, que pedía un estado separado. Durante a Segunda guerra mundial, a Liga aumentou a súa forza mentres os líderes do Congreso estaban en prisión, e nas eleccións provinciais de 1946 gañaron a maioría dos escanos reservados para os musulmáns. Finalmente, o Congreso e a Liga non foron quen de lograr unha fórmula de poder compartido para que o subcontinente se mantivese unido nun único estado, levando a todos os partidos a acordar a independencia dunha India predominantemente hindú e un Paquistán de maioría islámica.

Como primeiro Gobernador Xeral de Paquistán, Jinnah traballou para establecer o goberno e as políticas do novo estado, e para axudar os millóns de inmigrantes musulmáns que chegaran dende a India a Paquistán trala independencia, supervisando persoalmente o establecemento de campos de refuxiados. Jinnah faleceu aos 71 anos en setembro de 1948, só un ano despois de que Paquistán obtivese a independencia do Reino Unido. Deixou un profundo e respectado legado en Paquistán. Segundo o seu biógrafo Stanley Wolpert, permanece como o maior líder do país.[6]

NotasEditar

  1. Ahmed, p. 239.
  2. "National public holidays of Pakistan in 2013". Office Holidays. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2013. Consultado o 22 de abril de 2013. 
  3. "Nation celebrates Quaid-e-Azam's birthday". Pakistan Today. 25 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2013. Consultado o 22 de abril de 2013. 
  4. Bolitho, pp. 84–85.
  5. Wolpert, pp. 71–72.
  6. Wolpert, Stanley (22 de marzo de 1998). "Lecture by Prof. Stanley Wolpert". humsafar.info. Consultado o 16 de agosto de 2012. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar