Sociedade Fabiana

A Sociedade Fabiana (en inglés Fabian Society), é unha organización socialista británica[1] que ten por propósito adiantar os principios de socialdemocracia mediante reformas graduais, e non por un medio revolucionario.

Historia editar

Foi especialmente coñecida polas súas ideas de modernidade social aparecidas por vez primeiro a finais do século XIX e maduradas posteriormente durante o tempo da primeira guerra mundial. A sociedade sentou as bases fundacionais do Partido Laborista e participou activamente das incipientes políticas estatais da descolonización a cargo do Imperio británico, especialmente na India. Hoxe, a sociedade é unha vangarda ideolóxica do Novo Movemento Laborista. É unha de 15 sociedades socialistas afiliadas ao Labour Party. Sociedades similares existen en Australia, Canadá ou Nova Zelandia.

Notas editar

  1. "About Us". Fabian Society

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar