Día dos Fieis Defuntos

día dedicado ós defuntos da familia ou da parroquia

O Día dos Fieis Defuntos ou Día de defuntos[1] é o día escollido pola Igrexa Católica para orar polos finados, celébrase o día 2 de novembro. A data escollida relaciónase con festividades pagás europeas coma o Samaín ou o magosto.

Día de Defuntos en Graba (Silleda).
O Día da Morte, pintura de William-Adolphe Bouguereau.

Dende o século II, algúns cristiáns pregaban polos falecidos, visitando os túmulos dos mártires para rezar polos que morreran. No século V, a Igrexa dedicaba un día do ano para rezar por todos os mortos, polos cales ninguén rezaba e aos cales ninguén lembraba. Tamén o abade de Cluny, Santo Odilón, en 998 pedía aos monxes que orasen polos mortos. Dende o século XI os Papas Silvestre II (1009), Xoán XVII (1009) e León IX (1015) obrigan á comunidade a dedicar un día aos mortos. No século XIII ese día anual pasa a conmemorarse o 2 de novembro, porque 1º de novembro é a Día de Todos os Santos. A doutrina católica evoca algunhas pasaxes bíblicas para fundamentar a súa posición (cf. Tobías 12,12; Xob 1,18-20; Mt 12,32 e II Macabeos 12,43-46), e apóiase nunha práctica de case dous mil anos.

Segundo León Denis[2], o estabelecemento dunha data específica para a conmemoración dos mortos é unha iniciativa dos druídas, persoas encargadas das tarefas de aconsellamento, ensino, xurídicas e filosóficas dentro da sociedade celta, que crían na continuación da existencia despois da morte. Reuníanse nos lares, e non nos cemiterios, no primeiro día de novembro, para homenaxear e evocar os mortos.

Celebracións litúrxicas nas diferentes fes

editar

Na Igrexa católica

editar

Na Igrexa católica, para esta celebración recítase o Oficio de defuntos e as misas son de Réquiem, aínda que o 2 de novembro sexa domingo.

En España, Portugal e as América é tradición que os cregos celebren tres misas ese día. Unha concesión semellante solicitouse para todo o mundo ao Papa León XIII, mais aínda que non a concedeu, si ordenou un Réquiem especial en 1888.

Nas Igrexas orientais

editar

Entre os cristiáns orientais hai varios días dedicados á oración polos finados, moitos deles son sábado, durante o tempo de Coresma ou Pascua. No rito da Igrexa ortodoxa grega, esta festa celébrase de Véspera á sesaxésima, ou de Véspera a Pentecoste, mentres que a Igrexa apostólica armenia celebra a «Pascua dos defuntos» o día a seguir da Pascua de Resurrección.

Na Igrexa ortodoxa serbia hai tamén unha Conmemoración dos defuntos, celebrada o sábado a seguir da festa da Concepción de San Xoán Bautista (23 de setembro).

Na fe protestante e na Igrexa anglicana

editar

Após a Reforma protestante, a celebración do Día de Finados foi fusionada con Todos os Santos na igrexa anglicana, aínda que fose posteriormente desmembrada en certas igrexas coesas ao Movemento de Oxford no século XIX. A conmemoración foi restaurada de novo en 1980, por medio da publicación do libro litúrxico The Alternative Service Book, o cal define a data como "festividade menor" titulada de "Conmemoración dos Fieis Defuntos".[3]

Entre os protestantes históricos de Europa, a tradición foi mais tenazmente mantida. Mesmo a forte influencia de Martiño Lutero non foi de abondo para abolir a súa celebración na Saxonia durante a súa vida e, malia a sanción oficializada pola Igrexa Luterana, a súa memoria sobrevive fortemente no costume popular.

En 1816, Prusia introduciu unha nova data para a lembranza dos mortos, día santo, entre os cidadáns luteranos: era o Totensonntag, ou sexa, Domingo dos Mortos, celebrado no último domingo antes do Advento. Este costume foi máis tarde adoptado tamén polos protestantes alemáns, aínda que non se espallou moito alén das rexións de maioría luterana en Alemaña.

Para a Igrexa Metodista, son santos todos os fieis bautizados, de xeito que, no Día de Todos os Santos, a congregación local honra e recorda os seus membros falecidos.[4][5]

No espiritismo cristián

editar

Para os espíritas, visitar a tumba é a exteriorización da lembranza que se ten do espírito querido, é un xeito de manifestar a saudade, o respecto e o cariño.

Tradicións do Día dos Fieis Defuntos

editar

A tradición de asistir ao cemiterio para pregar polas almas dos que xa abandonaron este mundo, está acompañada dun fondo sentimento de devoción, onde se ten o convencemento de que o ser querido que marchou e pasará a unha mellor vida, sen ningún tipo de doenza, como sucede cos seres terreais.

En Francia a xente de todos os rangos e credos decora as campas dos sepulcros dos seus mortos na Fête des morts.

No centro e sur de México e en América Central (que en conxunto compoñen a rexión coñecida como Mesoamérica) conmemórase a festa do Día dos mortos, unha festa ben característica da cultura mexicana e que atrae a moitos turistas de todo mundo. Mestúranse elementos de indixenismo e do sincretismo resultou unha orixinal celebración distinta das outras nacións católicas. Esta festa inclúe por tradición un altar de mortos que consiste nunha serie de enfeites florais acompañados da comida favorita do finado; ademais de retratos e outros detalles.

Nas zonas andinas de América do Sur, especialmente en Ecuador, Perú e Bolivia, o costume é preparar e intercambiar entre familiares e amigos as guaguas de pan para consumir coa chicha morada que nalgunhas áreas rurais son tamén ofrendas principais nos cemiterios.

Tradición en Galicia

editar
 
Nena nun cemiterio, cos típicos crisantemos.
 
Cemiterio en Cospeito, Lugo.

O Día de Defuntos dá nome ao propio mes de novembro: mes morto ou mes dos mortos e constitúe unha data moi significativa dentro do calendario litúrxico galego. Os camposantos énchense de familiares que van acondicionar a lousa ou o nicho, levan flores e rezan ao seu pé. Na lareira da casa colócanse cirios ou lámpadas de aceite polas ánimas dos mortos. En Cambados, por exemplo, crese que o día de defuntos non se debe ir ao mar para evitar coller mortos ou os seus restos na rede [6]. En Tui e noutros concellos tiñan o costume de botar un gran tronco ao lume para que as ánimas dos devanceiros mortos puidesen quentarse, rito celta que adoita celebrarse normalmente no Nadal, é o chamado tizón de Nadal.

As celebracións de Defuntos mestúranse nun turbio pasado coas celebracións pagás do Samaín, recuperadas dende hai pouco en Galicia, e dos magostos (quizais o vestixio pagán máis propio). As celebracións de Halloween son unha versión americana destas tradicións célticas pagás levadas polos irlandeses aos Estados Unidos de América.

Na literatura galega do Rexurdimento aparecen textos falando do Día de Defuntos, coma neste de Domingo Blanco Pérez de 1867 que aparece na escolma A Poesía Popular en Galicia 1745-1885 (Xerais, 1992) :

  • Cantou o galo e no punto, vámo-nos deitar -di Pedro- -Hoxe é o día dos defuntos e cómpre erguer-nos ben cedo, pra oír dúas ou tres misas polos nosos qu'alá temos, e que lles bote uns responsos pola alma, o noso crego. E di-lle Andrucho Cabanas, qu'estaba com'un pelexo: -¡Ai, tío Pedro! Non queredes ir a ond'eles, o que vemos, pois coméchedes por vinte e bebéchedes por cento. ¡Moi bon proveito vos faga! Dios teñ'os mortos no Ceo e estean...[7]

Galería de imaxes

editar
  1. Ibáñez Fernández, J. (1950). Diccionario galego da rima e galego-castelán. Madrid. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13/09/2014. Consultado o 14/10/2014. 
  3. A Igreja da Inglaterra (2003). "Nossa Fé". Igreja Anglicana. Arquivado dende o orixinal o 09/10/2014. Consultado o 2/11/2013. 
  4. Laura Huff Hileman (2003). "What is All Saint's Day?". Igreja Metodista. Arquivado dende o orixinal o 26/01/2012. Consultado o 2/11/2013. Os santos nada mais são de que pessoas que estão tentando ouvir a palavra de Deus e viver o chamado de Deus. Esta é a "comunhão dos santos" de que falamos no Credo Apostólico - que a comunidade de crentes que ultrapassa o tempo e lugar, mesmo para além da morte. Lembrando os santos que ajudaram a ampliar e animar o Reino de Deus: eis a celebração de Todos os Santos 
  5. Rev. J. Richard Peck (2011). "Do United Methodists believe in saints?". Igreja Metodista. Arquivado dende o orixinal o 18/07/2012. Consultado o 2/11/2013. Nós também reconhecemos e celebramos o Dia de Todos os Santos (1° de novembro) e "inclusive daqueles que descansam de suas obras." Os metodistas consideram "santos" todos os cristãos, porque "santas" porque vivenciaram a vida cristã. Neste sentido, todo cristão pode ser chamado de santo 
  6. LEIRO LOIS:32.
  7. Defuntos no Tesouro Informatizado da Lingua Galega

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • DENIS, Léon. O Gênio Céltico e o Mundo Invisível. União Espiritualista Francesa e Francófona, 1927.
  • Bruno Cardeñosa (2007) - Historia de Iberia Vieja - Nº 29 - La Armada Invencible. Editorial: América Ibérica. ISSN: 1699-7913.

Ligazóns externas

editar