Xosé Ibáñez Fernández

escritor galego
(Redirección desde «José Ibáñez Fernández»)

José Ibáñez Fernández,[1][2][3] tamén coñecido como Xosé Ibáñez Fernández[4][5][6][7][8][9], nado en Monforte de Lemos en 1900[10] ou 1901[5][2][3][6][7][8] e finado en Madrid o 4 de decembro de 1966, foi un folclorista, musicólogo e escritor galego. Da súa autoría foi a primeira obra de teatro representada en galego na posguerra[11].

Modelo:BiografíaXosé Ibáñez Fernández
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de decembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, folclorista, musicólogo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario biográfico de Galicia
Diccionario da literatura galega
Diciopedia do século 21 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1314540
Diccionario galego da rima e galego-castelán.

Traxectoria

editar

Ingresou na ferroviaria Compañía del Norte e foi Xefe de Sección Comercial de RENFE. Foi folclorista e musicólogo. Colaborou en El Progreso, asinando os seus artigos como Xan da Fouce.

  • Viaxe perdido, 1949. Teatro, monólogo.
  • Diccionario galego da rima e galego-castelán, 1950. O primeiro dicionario específico galego.[8] Publicado en 2013 en facsímile por Edicións do Cerne.
  • La tragedia de un empleo, 1954. Ensaio ferroviario.
  • O Borio, 1961. Teatro, comedia en tres actos.[12]
  • Chacuecadas, 1961. Contén 4 pezas: Morto e vivo (monólogo), Catro ladrós honrados (comedia en dous actos), Badaladas (comedia nun acto estreada en 1949) e O velorio (comedia en dous actos).[12]
  • Andrómenas, 1961. Contén 5 pezas: A birisca (sainete nun acto), Lucifer (monólogo), O esmoleiro (sainete lírico en dous actos), Estudante fracasado (monólogo) e O cabo Catuxo (monólogo).[12]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar