Gonzalo Bouza-Brey
Gonzalo Bouza-Brey Villar, nado en Vilagarcía de Arousa o 18 de abril de 1952 e finado na mesma vila o 23 de decembro de 2012, foi un escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1952 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 23 de decembro de 2012 (60 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta, avogado |
Partido político | Partido Comunista de Galicia |
Familia | |
Pai | Luís Bouza-Brey Trillo |
Irmáns | Luís Bouza-Brey Villar |
Traxectoria
editarEstudou no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela e licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Despois de facer o servizo militar volveu a Vilagarcía de Arousa a traballar no despacho de procurador do seu pai.
Iniciouse na militancia política no PCG da clandestinidade, e convértese nunha das principais figuras comunistas de toda a comarca da Arousa. Foi candidato ao Congreso do PCE pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 1979.[1] Foi elixido concelleiro nas primeiras eleccións municipais, precisamente en Vilagarcía, e ocupou o cargo de primeiro tenente de alcalde na primeira corporación democrática, en pacto co PSdeG e co seu alcalde José Recuna.
Animador cultural da vida vilagarciá, foi membro de numerosas asociacións, presidente de congresos poéticos, e poeta e escritor el mesmo, tanto de temas literarios como etnográficos.
Finou en Vilagarcía de Arousa o 23 de decembro de 2012,[2] por unha caída na rúa.[3]
Obra
editarPoesía
editar- Canto en tres tempos de amor e esperanza (1972)
- Periplo de amor e mar
Ensaio
editar- Ferro Couselo e o Ateneo do Ullán (2000).
- Luis Bouza-Brey, obra completa.
- Os arousáns polo mundo. Nós tamén fumos emigrantes (2008).
- O alcumario de Arousa, do Ullán e do Salnés (2008).
Vida familiar
editarFillo de Lucho Bouza e Celia Villar, sobriño de Fermín Bouza Brey e irmán de Luís Bouza-Brey. Deixou dous fillos, Gonzalo e Olalla.
Notas
editar- ↑ "Pontevedra: Sorpresa en las listas del «PSOE»", La Voz de Galicia, 12-1-1979, p. 17
- ↑ "Fallece Gonzalo Bouza Brey y deja una honda huella en Arousa con su legado político y literario". Diario de Arousa (en castelán). 23 de decembro de 2012.
- ↑ "El escritor arousano Gonzalo Bouza-Brey fallece después de una caída en la calle". Faro de Vigo (en castelán). 24 de decembro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Vídeo con fragmentos dunha conferencia impartida por Gonzalo Bouza-Brey, sobre a figura do escritor Xosé Ibáñez.