Luís Bouza-Brey Villar

político galego

Luís Bouza-Brey Villar, nado en Vilagarcía de Arousa en 1945, é un político galego.

Luís Bouza-Brey Villar
Nacemento1945
Lugar de nacementoVilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Barcelona
Ocupaciónpolítico e profesor universitario
PaiLuís Bouza-Brey Trillo
IrmánsGonzalo Bouza-Brey
Na rede
http://www.lbouza.net/
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria profesional editar

Licenciado en dereito na Universidade de Santiago de Compostela, comezou dando clases nesta facultade, pero en 1970 trasladouse a Barcelona, á facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Barcelona.

Traxectoria política editar

Iniciouse na militancia política no PSG da clandestinidade. Ao marchar para Cataluña incorporouse á Convergència Socialista, que despois se integraría no PSC, onde militaría ata 1986.

En 2006, Luís Bouza-Brey participou do proceso fundacional de Ciutadans de Catalunya, e en xuño de 2007 encabezou unha candidatura alternativa á presidencia desta formación, que ostentaba Albert Rivera, e que saíu derrotada. Como consecuencia diso, abandonou o partido e integrouse en Unión, Progreso y Democracia. Encabezou o comité electoral de Barcelona desta formación, pero dimitiu en decembro de 2007.

Familia editar

É fillo de Luís Bouza-Brey Trillo, sobriño de Fermín Bouza Brey e irmán de Gonzalo Bouza-Brey.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar