Corvinella corvina
Corvinella corvina é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas que integran, segundo moitos autores, o xénero Corvinella.[2] Porén, na actualidade, unha delas adoita clasificarse noutro xénero, Urolestes.[3] polo que, daquela, Corvinella sería un xénero monotípico.
Corvinella corvina | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvinella corvina corvina (espécime xuvenil) | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Corvinella corvina Shaw, 1809 | |||||||||||||||||||||||
Área de distribución de Corvinella corvina
| |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
É un picanzo de distribución africana, distinguídose doutros picanzos polo seu característico pico amarelo, ao que alude o seu nome inglés, yellow-billed shrike (picanzo de pico amarelo).[4]
Taxonomía
editarDescrición
editarXénero
editarVéxase Corvinella.
Especie
editarA especie foi descrita en 1809 polo botánico e zoólogo inglés George Shaw,[2] na páxina 337 da súa obra General zoology, or Systematic natural history. Vol. 7, Birds, baixo o nome de Lanius corvina.[5]
Subespecies
editarO xénero comprende catro subespecies:[2][6]
- Corvinella corvina (Shaw, 1809)
- Corvinella corvina affinis Hartlaub, 1857
- Corvinella corvina caliginosa Friedmann & Bowen, 1933
- Corvinella corvina corvina (Shaw, 1809)
- Corvinella corvina togoensis Neumann, 1900
Porén, algúns autores conseidraron unha quinta, Corvinella corvina chapini Friedmann & Bowen, 1933, que a maioría consideran como un sinónimo de Corvinella corvina affinis Hartlaub, 1857.[7]
Características
editarMide 32 cm de lonxitue, cunha cola longa e ás curtas.
Os adultos teñen a plumaxe de cor parda polas partes superiores, e as partes inferiores, lustrosas, algo máis claras con estrías máis escuras; presentan unha máscara ocular marrón escuro, e un parche avermellado nas ás; o pico é amarelo, como quedou dito (incluso nos inmaturos).
As patas e as dedas dos pés son negros.
Os sexos son en gran parte similares, pero as femias teñen manchas marróns nos flancos, mentres que os machos teñen parches rubios; estas manchas só son visíbeis cando o paxaro está en voo, cando está en disputas territoriais ou está en pé.
Os individuos inmaturos mostran franxas grosas nas plumas das ás.[4]
Voz
editarÉ un paxaro ruidoso, con fortes chamadas emitindo sons como suii-suii e driii-tuu.[4]
Hábitat e distribución
editarO seu hábitat son as praderías e sabanas do sur do Sahel e os bosques tropicais ao sur deste, chegando até a parte superiror da conca do Congo, abarcando unha extensa área que vai desde a beira do Atlántico polo oeste, até Kenya e Uganda polo leste, encontrándose en Benín, Burkina Faso, o Camerún, o Chad, Costa do Marfil, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Malí, o sur de Mauritania, o Níxer, Nixeria, o Senegal, Serra Leoa, Sudán, Sudán do Sur, Togo, República Centroafricana e República Democrática do Congo, ademais dois dous países anteriomente citados.[1]
Ecoloxía
editarTrátase dun paxaro conspicuo e gregario e ten hábitos cooperativos, véndose sempre en grupos, a miúdo posado en caos telefónicos. O niño é unha estrutura en forma de cunca, emprazado nun arbusto ou nuha árbore, no que a femia pon catro ou cinco ovos. Só unha femia dun grupo reprodúcese nun momento dado, e os outros membros subminístranlle protección e alimentos.[4]
Este picanzo aliméntase de insectos, que localiza desde os seus pousadoiros de observación prominentes, en árbores, fíos ou postes. Tamén ás veces comen ras, pequenos réptiles e ratos, pero non se sabe se comen outras aves ou forman despensas (como fan os picanzos do xénero Lanius.[8]
Status
editarCorvinella corvina é común nalgunhas zonas e menos noutras. Debido a que non se encontrou ningunha evidencia dun descenso substancial nas súas poboacións, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International: (2016): Corvinella corvina na Lista vermella da UICN.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Corvinella Lesson, 1831 no ITIS.
- ↑ Urolestes Cabanis, 1850 no ITIS.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Lefranc & Worfolk 2103, pp. 169–171.
- ↑ General zoology, or Systematic natural history. Vol. 7, Birds, p. 337.
- ↑ Corvinella corvina. Yellow-billed shrike na ADW.
- ↑ Corvinella corvina chapini Friedmann & Bowen, 1933 en Avibase.
- ↑ Lefranc & Worfolk 2013, p. 39.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corvinella corvina |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corvinella corvina |
Bibliografía
editar- Harris, Tony (2000): Shrikes and Bush-Shrikes. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-6910-7036-9.
- Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4.
- Lefranc, Norbert & Tim Worfolk (2103): Shrikes Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-8756-2.