Un animal ou persoa gregaria é a que practica o gregarismo. Vén do latín gregarĭus.[1][2][3] Isto significa que segue unha tendencia de agruparse en mandas ou colonias (insectos eusociais), no caso dos animais, ou en grupos sociais, no caso das persoas, ou tamén que o ser precisa dun grupo para sentirse ben.

Voo de estorniños pintos (Sturnus vulgaris), ilustrando unha forma de gregarismo.

Filosoficamente dise que o ser humano non é nin completamente gregario, como as formigas ou as abellas, nin totalmente solitario, como os tigres ou os leopardos, senón que é máis complexo e tende a ser semigregario, é dicir, algúns dos seus impulsos e necesidades son sociais e outros son solitarios.

O gregarismo é unha relación intraespecífica que se dá cando os individuos dunha poboación se asocian e traballan xuntos para conseguir un obxectivo común.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar