Conversa usuario:Hugo22/Arquivo desde o día 16 de novembro de 2008 ata o 1 de xaneiro de 2011

Ola Hugo. Síntoo, pero a imaxe é un copyvio evidentísimo: As imaxes da Galipedia teñen un copyright. Se fas unha obra derivada, tes que respectar as licenzas das imaxes coas que traballas.

En xeral, hai que indicar nos datos da obra derivada, salvo que a imaxe que empregues sexa PD, o autor e unha ligazón á imaxe da que partiches.

Agora ben, se misturas imaxes con diferentes licenzas, o produto sempre será un copyvio. Ocorre isto cando misturas, por exemplo, imaxes GFDL con imaxes Cc-by-sa: Estas dúas licenzas implican que a obra resultante se ten que compartir con esa exacta licenza e ningunha outra, cousa imposible, pois son dúas.

As imaxes da catedral e do millo e da vaca son GFDL; a da vaca ten dobre licenza, pode ser compartida como Cc-by-sa (son miñas). O malo é que a imaxe de citroën é Imaxe:Automóbiles na Zona Franca de Vigo.jpg é só Cc-by-sa. Por este motivo a obra derivada resultante (a que ti fixeches) é sempre unha violación do copyright. E inda queda saber das demais imaxes (das cales non sei a orixe). Ten que ser borrada. Síntoo. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:25, 22 novembro 2008 (UTC)

piollos editar

Moi boa imaxe, e oportuna, si señor. Ó final, entre tantos ollos e mans colaborando, completando e pulindo continuamente, imos ter unha Galipedia para quitarse o sombreiro. Grazas Hugo. --Lameiro (conversa) 23:22, 22 novembro 2008 (UTC)

cogomelos editar

Ola, movín o artigo a Os cogomelos na cultura popular galega, :) --Xabier Cid Conversa 16:43, 23 novembro 2008 (UTC)

Pois porque se escribe con o, :) :) Xa así está o artigo cogomelo.--Xabier Cid Conversa 16:47, 23 novembro 2008 (UTC)

Imaxes collage editar

Ola Hugo. Grazas por responder.

Si que hai maneira de facer esas imaxes. Mesmo se o desexas, fágocha eu ou axúdoche a poñerlle os datos. Tes que cumprir cos seguintes requisitos:

  1. Que todas as imaxes que empregues teñan a mesma licenza (eu non tería inconveniente por variar a licenza das miñas, pero inda había máisimaxes das que non sabía a orixe). As imaxes PD e Cc-by poden ser mesturadas con calquera outra, pero as imaxes GFDL, Cc-by-sa-3.0, Cc-by-sa-2.5, Cc-by-sa-**, non poden ser misturadas entre si
  2. A licenza resultante (coa que ti compartas as imaxes) ten que ser a seguinte:
    1. Se todas as imaxes son PD ou Cc-by, podes compartilas coa licenza que queiras
    2. Se hai algunha imaxe GFDL ou CC-BY-SA, tes que poñerlle esa licenza ó teu collage.
  3. Hai que poñer ligazón á páxina en que está cada unha das imaxes e indicar (salvo nas PD) como mínimo o autor e a licenza de cada unha delas.

Se o desexas, comunícame a ligazón das imaxes que desexes usar. Eu direiche se é posible usalas todas xuntas, as posibilidades que hai (cales son compatibles e cales non). Mesmo che podo buscar, se dou con elas, imaxes alternativas Se hai imaxes miñas, non te preocupes; estou disposto a poñerlles dobre licenza, dado que é factible -creo- mudar a licenza mentres non se poña unha licenza máis restritiva.

Apuntamento á parte: Ten calma co das imaxes. É moi complicado. Recorre a min cando che apeteza: non me dás a lata, estou para iso. Eu non me acabo de explicar, co pouquísimo que sei, como me dou aclarado neste mundo, agora si, pódoche asegurar que, se non metín xa algunha vez a pata, metereina algún día: non son avogado, só son un usuario que lle deu por traballar nisto. Creo que o labor que fago ten importancia: imaxina que dentro de 20 anos, por non haber ninguén que cuestione hoxe en día as túas imaxes, cando ti xa non andes pola Galipedia (cousa que non desexo), estas sexan marcadas para borrar. É preferible que actúe, polo menos é o meu modo de ver as cousas; agora ben, non é sempre agradable actuar. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:41, 24 novembro 2008 (UTC)

Non é tan complicado. Cando teña tempo, nas vacaciósn de nadal, hei de buscar imaxes para que poidas facer o collage. Poñereiche ligazóns a elas. Se queres, fágoo eu -- Lmbuga / Conversa comigo  21:14, 24 novembro 2008 (UTC)

Alimentación grega editar

Esta é unha mensaxe só de notificación. Aínda que a túa edición foi puntual, participaches na elaboración do artigo Alimentación na Antiga Grecia, que foi borrado. A razón é que o primeiro editor creara cun tradutor probablemente autómatico un texto que daba máis traballo corrixilo que redactalo de novo. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 22:49, 25 novembro 2008 (UTC)

Re:Foxos editar

Non me dou conta delas. Fixen unha busca de imaxes coa palabra "lobo" e coa palabra "foxo" e non dei con nada. En Commons tampouco encontrei nada: Commons:Category:Canis lupus, Commons:Category:dogs. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  15:50, 27 novembro 2008 (UTC)

Salvo catro cambios formais que fixen no artigo, só me queda felicitarte. Chapeau!! Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:06, 30 novembro 2008 (UTC)

Couto Mixto editar

Xa te-la imaxe do Couto Mixto recortada. Desta vez conseguín que me funcionase o sombreado de Portugal, e gústame máis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:51, 30 novembro 2008 (UTC)

Artigos de calidade editar

Non entendo ben: refíreste a cando se poderá votar un artigo para que se inclúa entre os de calidade? Pois a partir do 1 de decembro (dentro de 10 minutos) poderase propoñer artigos, tendo en conta sempre estes criterios. Un saúdo. Ah, como está recén estreada a política, se se ve calquera erro avisade para solucionalo. Alberte Si, dígame? 22:52, 30 novembro 2008 (UTC)

Canidae editar

Hugo, lembra que o criterio adoptado hai tempo na Galipedia é utiliza-lo nome común para os títulos dos artigos. Neste caso sería "Cánidos" ou, tamén por norma de estilo, "Cánido", en singular. Logo, Canidae redireccionaría a Cánido. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:19, 1 decembro 2008 (UTC)

Bos Aires editar

Non te entendín. A que modelo te refires?--Xabier Cid Conversa 18:57, 4 decembro 2008 (UTC)

Aha. Recuperado. Pero agora habería que mirar se os datos seguen sendo os mesmos en relación co escudo, o censo, o alcalde, esas cousas... O modelo mudouno Norrin Strange, e dende o punto de vista do usuario e do peso da páxina, o novo é moito mellor. Outra cousa é a aparencia. Non sei quen creou este modelo, pero quizais deberiamos chegar a un estándar entre todos. Paréceche? --Xabier Cid Conversa 19:42, 4 decembro 2008 (UTC)

Modelo:Espzos protexidos editar

Ola Hugo. Certo é que inclúe ó vello, mais ese modelo estaba aí antes, e non creo que quede ben quitalo e substituílo por outro. De momento volvino incorporar xunto co que engadiches ti. Non sei cal sería a solución máis axeitada, se mante-los dous modelos (o "vello" só iría nos parques naturais e nacionais, e o teu nestes e nos demais espazos) ou se fusionalos en un, mantendo o estilo do primeiro mais reconvertíndoo en caixa desenrrolable co modelo:Navbox. Neste último caso habería que fusionar historiais, xa que tamén houbo xente que colaborou no modelo "vello". Cal cres que é mellor? Alberte Si, dígame? 16:29, 5 decembro 2008 (UTC)

link FA editar

Pois será destacado na China, pero o que é o noso... Haberá que esperar a que Silverfox chegue aquí para que o complete. Grazas pola información, Hugo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:01, 11 decembro 2008 (UTC)

Ola Hugo. Poderías dar a túa opinión na conversa de Ferreiriño bacachís? É un artigo creado por ti, na conversa estase falando sobre os nomes cos que aparece nas diversas fontes ese paxaro. No te sintas obrigado por esta mensaxe se non tes tempo ou non é o momento oportuno. Moitas grazas de tódolos xeitos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:43, 11 decembro 2008 (UTC)

Imaxe de 1862 editar

É complicado asegurarche nada sen saber a data da morte do autor da foto. A grandes trazos pódese dicir que podemos subir as imaxes daqueles fotógrafos que morreron antes do 31 de decembro de 1938. Se eu fose ti, subiría a imaxe dado que hai 76 anos entre esa data e a data da realización da mesma: Moi probablemente o autor morreu antes de 1938. Con todo, sempre podes levar sorpresas e ver que alguén, sen saber nada do fotógrafo, marca a imaxe para borrar por falta de datos. Eu non o faría, pero é posible porque indicar o autor é unha obriga que teñen os que soben as imaxes.

Con 76 anos de marxe eu diría que a subises, quizais con 50 anos de marxe non o vería igual. Cada ano que pase, máis sentido terá que se manteña a imaxe. Agora ben, na "orixe" escribe, por exemplo, Foto de 1862 no dominio público e a licenza debe ser {{PD-antiga}}.

Espero que ninguén a borre ou propoña para borrar. Sendo esa a data, sen máis datos sobre o fotógrafo, non tería por que ocorrer--Saúdos e grazas. Xan de ningures 12:16, 20 decembro 2008 (UTC)

Infobox pintor editar

Ola Hugo! Eu antes de borrar eses compoñentes mirábao igual que agora (eses modelos que borrei remitían a outros modelos que non existían). Penso que a solución e basearse noutra infobox existente (actores, ou algunha que haxa por aí) e engadi-las especifidades que lle incorporaches ó modelo pintor. Levarame algo de tempo, mais tentarei facelo para hoxe a ver se o arranxo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:00, 21 decembro 2008 (UTC)

Ok, pero unha pregunta: ti antes de que borrara os modelos aqueles vías ben o modelo:Infobox pintor? Porque se só era problema meu só teño que restauralos. Alberte Si, dígame? 16:16, 21 decembro 2008 (UTC)
Que raro! Agora vexo ben todos, incluído o de Caillebotte. Cousas da computadora supoño. Alberte Si, dígame? 16:43, 21 decembro 2008 (UTC)

Xa está restaurado. Non vin as mudanzas que fixeras. Alberte Si, dígame? 18:36, 22 decembro 2008 (UTC)

¡Naturalmente!, para iso están. Fai con eles o uso que queiras Hugo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:26, 26 decembro 2008 (UTC)

Tetilla editar

¿Sabías, Hugo, que o VOLGa non recoñece como válida a palabra "tetilla"? Dígocho só a título de curiosidade, pero nin se te ocorra cambiar. Xa llo dixen a varias cabezas pensantes da RAG e ninguén me soubo explica-la razón, pero sei que o tema está anotado para próximas edicións do VOLGa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:20, 27 decembro 2008 (UTC)

Se che digo a verdade, non teño nin idea. Non sei como vai o tema de política de uso de imaxes en España no que respecta a marcas rexistradas. Iso deberialo preguntar n'A Taberna/Imaxes. Polo que eu podo recordar, houbo unha vez que si que chegou estar, pero por un ou outro motivo quitárase (non sei se non se borraría o ficheiro orixinal ou algo). Eu normalmente poño só contido aloxado en Commons, onde parece ser que o logo non se pode pór (do contrario seguro que xa estaría alí), pero ao mellor se o logo estivese aloxado na Galipedia si que se podería usar (como dis que fai a catalá e vin que fai a inglesa). --GallaecioE logo? 07:07, 28 decembro 2008 (UTC)

Ando con algúns problemiñas que non me deixan moito tempo para colaborar. Onte tiven algo de vagar e peguei outra vez no traballo. A ver se poido darlle algo de continuidade. Agradecido polos saúdo. Bon aninovo.--Elster 16:47, 28 decembro 2008 (UTC)

Moitas grazas editar

¡Moitas grazas polo teu comentario! Alégrome de que che gusten os meus artigos, iso anímame a seguir colaborando :)

¡Un saúdo!--Anawiki 20:00, 29 decembro 2008 (UTC)

Sobre Modelo:Historia da Arte editar

Ola Hugo. A mi non me importaría botarche unha man en darlle un repasiño o Modelo:Historia da Arte. Sinto tardar tanto en contestar, pero e que non vin o mensaxe ata onte. Este fin de semana si teño tempo, miro de facer algo o respecto. Un saúdo --Jordav 17:25, 2 xaneiro 2009 (UTC)

Modelo lingua galega editar

Ola Hugo:

Non teño moi claro o que hai en Categoría:Gramática da lingua galega. Nun principio non me parece que os contidos que aí se acollen poidan ser presentados doadamente cun modelo dese tipo.

Por outra banda, as ligazóns da páxina Curso de lingua galega remiten a Galilibros, é dicir, non son paxinas presentes na Galipedia, senón en Galilibros.

Creo que de facer iso habería que facelo co material presente na Galipedia (Categoría:Gramática da lingua galega) e non vexo xeito de uniformar os contidos pois son moi dispersos e queda moito por crear. Ademais, distan moito de poder ser un curso. Que pensas?--Saúdos e grazas. Xan de ningures 19:38, 2 xaneiro 2009 (UTC)

Reino de Galicia editar

Ola Hugo, grazas pola túa colaboración no artigo. Ben, a miña valoración persoal da introdución pode ser algo confusa, pero tentarei resumir no que poida sen complicalo moito. Como te decatarías, o artigo está baseado nunha historiografía galega, é dicir, tomando de base os estudos históricos realizados en galego por autores que trataron monograficamente o tema do reino medieval.

É ben certo que a historiografía en España maiormente non recoñeceu ata hai non moito tempo a existencia dun reino de Galicia, polos avatares históricos que fosen, e finalmente e aceptado a innegable existencia dun reino de Galicia, precisouselle de por unha data de comezo que o fixera recente e carente de precedementes. Así tomouse a data do ano 910 cando Ordoño asume o goberno das terras entre Ortegal e Coimbra. Con todo, como verás en calquer libro este feito saltase incluso por arqueles que o postulan, para falar dunha secuencia Reino de Asturias-Reino de León, sen para nada aparecer o reino de Galicia.

Por outra parte, a maior parte da historiografía galega (non unicamente nacionalista nin moito menos) demandou e demanda dende o século XIX, a consideración histórica do reino de Galicia, dende o século V, pois os reis eran chamados "reis de Galicia", e o reino tamén era chamado "reino suevo" ou "reino de Galicia", sen embargo o conflicto político que entrañaba fixo que a maior parte da historiografía española concentrara o seu interese nos visigodos, aludindo aos suevos como barbaros, e ao reino como efímero, formado por suevos.

Concluindo, este artigo debe posuir ambas teses explicando cada unha, penso que poderá quedar ben explicado nun texto que levo unhas semanas redactando e que tiña intención de aportar a este artigo. Por iso como poderás observar, preferín non facer mención algunha a Ordoño II pola problemática que entraña, ata o fin do artigo onde se explique que unha historiografia o considera rei de Galicia, mentres que a outra non o considera máis que un gobernador feudalmente vencellado ao seu irmán maior, García, rei de toda Galicia. É dicir, na miña opinión valoro positivamente o texto que traduces, ainda que preferiria desglosalo nos distintos capítulos, mais que facer del unha introdución como a actual. Agardo a túa resposta. Un saúdo.--Alexandre Vigo 13:19, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Reino de Galicia editar

Ola Hugo. Perdoa por se che parece mal pero non me resulta adecuado ca introducción do Reino de Galicia sexa tradducción, xa o esplico en Conversa Reino de Galicia. É verdade, tamén o penso eu que fai falla unha introducción máis longa. Saúdos e desexando que o tomes ben ElviraConversa comigo 14:07, 3 xaneiro 2009 (UTC) Moitissimas grazas Hugo ! ElviraConversa comigo 14:16, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Non me dera conta que Alexandre Vigo xa che falase antes ca mín (é porque eu moitas veces utilizo o + arriba da páxina para engadir unha mensaxe e esi non vexo o que se escribiu antes). Derastora non teño tempo pero xa volvo para falarche do artigo Francia. Encantame Hugo de ver que podemos colaborar ! Saúdos ElviraConversa comigo 15:19, 3 xaneiro 2009 (UTC)
Non lera estes fíos de conversas. Eliminei a introdución que se engadira, os motivos explícoos na conversa do artigo pero en resumo considerei que tentaba achegar unha visión ahistórica, que se contradi con todo o resto do artigo e que semella tentar mete-la cuña de que o reino suevo é un mito nacionalista galego (por certo que achegan unha cita de Castelao que non sei moi ben que ten que ver). Así pois, pensando que a introdución debe ser histórica e coherente co artigo decidinme a eliminala. Penso que é mellor facer unha propia. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:08, 3 xaneiro 2009 (UTC)


Ola Hugo !
Xa comezei a traballar no artigo Conversa:Francia#Revisións. Non dubides en decir o que tes que decir sen temor. Lembra que somos todos de boa fé, e ca calidade só pode vir dun traballo colaborativo (eu podo ter o prazer de revisar por ti crear o máis importante do artigo). Sen máis Hugo desexando que sigamos colaborando sen temor a conflitos persoaís que non teñen lugar eiqui. Saúdos ElviraConversa comigo 15:12, 4 xaneiro 2009 (UTC)

Sobre as ligazóns externas editar

Ola Hugo! Pode ser que foran interesantes as páxinas ligadas (seguramente o sexan), pero ese tipo de edicións que só engaden ligazóns externas (autopromoción) e neste caso ademais que inclúe ligazóns cara a mesma páxina nunha manchea de artigos (spam) non están permitidas e teñen que ser revertidas. Xa avisei ó usuario para que non prosiga facéndoo e colabore axeitadamente mellorando a información da enciclopedia, e non promocionando unha páxina web. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:29, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Keflavík editar

ola Hugo!

atopei por casualidade o artigo Keflavík, que hai ano e medio marcaches como en uso. Podes botarlle un ollo?

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 06:44, 23 xaneiro 2009 (UTC)

Idade do castiñeiro editar

Hola Hugo

Engadiches unha fotografía, dicindo no pé de páxina que o tal castiñeiro ten máis de 1000 anos. Porén, na información da foto o autor asegura que ten sobre 500 anos. ¿Poderías correxir o dato que esté mal? (puidendo ser incluindo unha referencia externa).

Saúdos, Miguel.lima 17:30, 24 xaneiro 2009 (UTC)

Francia editar

Feito. Onte fíxeno todo un pouco ás apuradas, e non me quedou demasiado ben. Agora xa non hai dous mapas en portada. Saúdos. Alberte Si, dígame? 12:41, 1 febreiro 2009 (UTC)

Poís é unha pena para mín de ter ese logo a vista. Non vos preocupedes, vou durmir ben todo o mes de febreiro. Hugo concordo moito que retiraches anacos da economía para outro artigo. Hai un problema : as cidades saen na sección economía, é problema da miña pantalla ? Non vexo como amañalo ElviraConversa comigo 13:29, 1 febreiro 2009 (UTC)
Ando mirando as ediciós a miudo, a ver se ainda que xa este na portada damos mellorado o artigo ! Cando me preguntaches ao principio de traducir parte de textos do francés ... quedeime en traducir sen ir maís adiante e agora sintóo. A ver si agora vamos mas adiante.
  • En Francia as escolas privadas poden ser dunha relixión, 9 sobre 10 son da relixión catolica. Da 1 sobre 10 que quedan, alguhnas non son de ningunha relixión, son de movementos pedagoxicós alternativos. As escolas privadas francesas poden facer convenios co estado francés para comprometerse a difundir o programa oficial do bachillerato e nese caso o estado francés da diñeiro e colle a cargo o salario dos profesores. E das 9 por dez escolas privadas caolicas, a maioría (pero non todas) teñen convenio co estado francés que paga diretamento os salarios co orzamento do estado. Vou mudar no artigo.
  • Falando dos cultos da Alsacia-Mosela non sei se debese decir xudeo o israelita. Deixo a túa version.
  • Mira a conversa con Lameiro Conversa:Francia - France#Dúbidas que me xurden para ver se podes aclarar algo.
    Animo Hugo, non sei cando, pero vamos rematar ben o artigo Francia, por habelo medrado ti e por Alberte proporlo para a Portada ElviraConversa comigo 21:57, 1 febreiro 2009 (UTC)

Divisións administrativas editar

Ola Hugo. A volta xa me boto. A ver se nos coordonamos un pouco máis para rematar Francia. Estou segura que vamos rematar mui ben. Xa ando cavilando sobre a politica, ... pero temos que rematar primeiro as Divisións administrativas. Ata logo no artigo ! ElviraConversa comigo 18:15, 3 febreiro 2009 (UTC)

Ola, Hugo, deixámosche unha pregunta Elvire e mais eu na Conversa de Comunas... Que pensas dese tema? --Xabier Cid Conversa 13:33, 5 febreiro 2009 (UTC)
Bueno, comuna ten un significado moi concreto en galego relacionado con modos de organización alternativa da vida e da propiedade. É verdade que o francés commune se parece ao galego comuna, pero non son o mesmo. A tradución ao galego debería ser concello, do mesmo xeito que traducimos o alemán Gemeine, ou o ayuntamiento español. Son o mesmo, e nós a iso chamámoslle concello e non axuntamento ou guemaine. De feito, a fr.wiki aos nosos concellos chámalles communes: fr:Xinzo de Limia. --Xabier Cid Conversa 15:01, 5 febreiro 2009 (UTC)

Lista de utensilios culinarios editar

Hugo, parece que te olvidaches do artigo Lista de utensilios culinarios, que segue en uso desde hai ano e pico. Mira ver se atopas un momento e rematas a tradución. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:42, 8 febreiro 2009 (UTC)

en uso editar

hola Hugo!

Lémbroche que tes marcado en uso desde hai un ano o artigo Lista das maiores cidades europeas e áreas metropolitanas segundo a poboación; bótaslle un ollo?

Saúde. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:16, 10 febreiro 2009 (UTC)

Paul Cézanne editar

Boas Hugo. Lembra que no artigo sobre Paul Cézanne está pendente a tradución de boa parte do texto, desde nadal. Busca un momento e remátaa, porfa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:35, 13 febreiro 2009 (UTC)

Borrado de imaxe editar

Ola, Hugo, :) Borrei unha imaxe que subiras dende Flickr (:Ficheiro:Tetilla, o pais do Queixo.jpg). A licenza estaba correcta, pero a foto (http://www.flickr.com/photos/frescotours/2703693557/) recolle como motivo único e fundamental unha obra de deseño gráfico, que á súa vez ten uns dereitos que se descoñecen. Se tes calquera dúbida, falámolo. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 19:19, 23 febreiro 2009 (UTC)

Nova categoría raíz editar

Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:29, 26 febreiro 2009 (UTC)

Modelo_Etnografía galega editar

Si, xa o vin, e semella un bo traballo que vai permitir relacionar tódolos artigos. Grazas, colega. Pedro --Lameiro (conversa) 23:17, 19 marzo 2009 (UTC)

Pradeira e Pradería editar

Boas, Hugo. Pois si. Vexo que xa os redireccionaches. Se cadra sería bo deixar a foto que puxen eu en Pradeira no canto desa que xa había en Pradería. Non porque sexa mellor senón porque é do país. Hai dúas opcións: ou refacer o artigo con máis datos ou ben engadirlle a foto que eu lle metín a pradeira ao non saber que existía pradería. Ti dirás.--Atobar (conversa comigo) 13:10, 29 marzo 2009 (UTC)

Modelo seleccións de Rugby editar

Saúdos Hugo.

Pois paréceme moi boa idea, podemonos poñer a elo cando queiras, o que si teño dúbida é se poñemos tódalas seleccións ou só ás de máis alto nivel, xa que se van todas penso que quedaría unha táboa enorme. De tódolos xeitos ao mellor iso ten solución, a verdade que aínda non controlo moi ben o de facer táboas.

Un saúdo! --Adorian 13:14, 5 abril 2009 (UTC)

  • De acordo, moitas grazas pola túa axuda.--Adorian 13:25, 5 abril 2009 (UTC)
    • Gústme moito como está quedando, se queres xa o remato eu. Graciñas.--Adorian 10:53, 6 abril 2009 (UTC)

Hugo, lembra que tes marcado como "en uso" o artigo lobo desde hai catro meses. ¿Terás tempo de rematalo? Veña, anímate. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:53, 8 abril 2009 (UTC)

Solidariedade editar

Boas Hugo. Vin que comezaches o artigo Solidariedade. Un par de suxestións.

  • Solidarnósc non é o único sindicato co nome solidariedade que existe, seica compensaría movelo a Solidarnósc ou a Solidariedade (Polonia).
  • Por outra parte, creo que esa entrada debería corresponder á Solidariedade no senso estrito da palabra, e logo crear un Solidariedade (homónimos) no que estean Solidariedade (Polonia) e demais.

Apertas. --  Norrin_strange (Fala-me) 10:10, 18 abril 2009 (UTC)

Sede/Sé editar

Boas, Hugo. é a relacionada co ámbito eclesial. As demais son sedes. Dígocho porque vin que o modificaches no artigo de Suíza. Nada, para que o saibas. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 12:04, 15 maio 2009 (UTC)

Alfred Sisley editar

Hugo, tes o marcador EnUso nese artigo. Mira de llo quitar ou de engadir o que tiñas en mente. Un saúdo e parabéns polo choio da UE co que estás. --Atobar (conversa comigo) 11:20, 7 xuño 2009 (UTC)

Pardo Bazán editar

Pois a min pásame o mesmo, Hugo. É unha etiqueta mal pechada que hai, pero non sei cal. Esas que poñen <:ref cervantes> imaxino. Proba a ver. Sorte.--Atobar (conversa comigo) 19:42, 9 xuño 2009 (UTC)

Hugo, estás a facer un artigazo. Segue choiando nel, meu, que vai para destacado. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 20:49, 10 xuño 2009 (UTC)
  • Hugo, veño de facer uns arranxiños pequechos na lista de obras de narrativa e mais nas posicións das fotos. Espero que che pareza ben. De calquera maneira, se non che gustan os cambios, sempre os podes revertir, que a min mal non me vai parecer. Un saúdo, meu.--Atobar (conversa comigo) 10:40, 19 xuño 2009 (UTC)

Referencias agrupadas editar

Xa me saiu, moitas grazas!! Un saúdo--Lala Lugo 16:05, 17 xuño 2009 (UTC)

Arde Lucus editar

Moitas grazas! Estaba a buscar algunha pero non vía hehe. Un saúdo.--Adorian 14:09, 30 xuño 2009 (UTC)

Non creo que sexa necesario, pois xa o saberás, e quizais inda non sexa de moita axuda por ser un traballo que está nos seus inicios, pero lémbroche a presenza da categoría Categoría:Imaxes de animais de Galicia. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:56, 8 xullo 2009 (UTC)

Grazas. Desculpa que só reparase en que estabas facendo ese traballo (Fauna de Galicia) e inda non lese o que escribiches. Eu non me sinto capaz pois non teño coñecementos para facer un labor como o que pretendes (son de letras e teño mente de letras). Seguirei o teu traballo e, se necesitas axuda dun non especialista na cuestión, conta comigo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:08, 8 xullo 2009 (UTC)
  • Bo traballo con Cervo común, Hugo, e en xeral coa fauna toda. Estás cun choio importante. Se necesitas correccións de lingua faimo saber. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:34, 14 xullo 2009 (UTC)

Grazas polo valioso labor que estás a facer.

Decidinme a crear unha categoría para recoller os teus mapas. Rógoche que, en diante, categorices aí os mapas dese tipo.

Por outra banda, esquecícheste de pórlle licenza a esta imaxe: Ficheiro:Ampla dist GZ.svg. Por favor, edítaa. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:27, 15 xullo 2009 (UTC)

  • Non te preocupes, isto para min non é traballo. Se eu vexo algo que podes mellorar, dígocho; se ti ves algo que eu podo mellorar, espero que mo digas. É así de simple. Desde logo, comigo, nunca te preocupes por ter que dedicar eu tempo ou por dedicarcho a ti (cousa que quizais, considerando a experiencia e a andanza no proxecto que xa tes, nunca ocorra). Grazas por responder. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:42, 15 xullo 2009 (UTC)

Especies non ameazadas editar

Hola, Hugo. Un par de comentarios: temos 11 especies categorizadas como "especies non ameazadas", clasificación á que non lle vexo moito sentido. Case todas as especies, grazas a Dios, non están ameazadas e deberían incluírse nesta categoría: unha lista interminable que non tería utilidade. O segundo problema é que non vexo, ó editar os artigos, ningunha liña que lles dea esta categoría ¿está oculta ou é que esteou espeso?. E para rematar, unha terceira observación. Lembra a norma da casa de utilizar os nomes comúns (de especies, familias, taxóns) como título de artigos e de categorías. En consecuencia, a categoría Mustelidae debe ser mustélidos, a Cervidade cérvidos, etc. E así non teremos categorías en vermello. Bueno, un saúdo e falamos. Pedro --Lameiro (conversa) 23:22, 15 xullo 2009 (UTC)

taxobox editar

O problema non era do modelo, senón da súa inclusión no artigo, xa que puxeras status_system = iucn2.3, que mudei por status_system = iucn3.1. Por certo, temos dous modelos de taxobox, habería que fusionalos, e no que creaches ti traduci-los parámetros para non poñer name, image... A ver se no verán atopo o momento de facer algo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:45, 19 xullo 2009 (UTC)

Caixas de usuario editar

Boas Hugo, podes ollar estas conversas?: Conversa usuario:Hugo22/Usuario Viaxar e Conversa usuario:Hugo22/Usuario Google. Tratándose de páxinas no teu espazo de usuario cómpre que as modificacións as fagas ti. Grazas por adiantado! --Toliño Fala aquí comigo 12:19, 20 xullo 2009 (UTC)

Ola Hugo ! Que non che pareza mal, pero o de levar os #REDIRECCIÓN[[]]) deixando o artigo co nome galego é un problema nos interwikis : sexa supón confusion (as grandes wikis e outras escollen o nome cientifico para que esté claro do que se fala), e por outra banda os bots non son peritos ni en galego ni en bioloxía e non levan o artigo galego nas outras WP (nestes casos ando eu a facelo a man ainda co artigo toupa esté na Galipedia dende abril 2006, pois non aparecía en ningures).
Por outra banda queria decirche que andas con traballos que son de moito proveito para mín. Xa sabes estamos "condenados" a colaborar e eu son a de sempre, digo o que me parece importante e aprecio moito os usuarios que como ti colaboran en medrar a calidade e a cantidade das wikis buscando consenso. Vou ter mais disponibilidades e xa nos cruzaremos, xa que temos temas en comun. Saúdos Hugo e ata logoElviraConversa comigo 13:22, 20 xullo 2009 (UTC)

  • Boas tardes, Hugo. Se resulta que a nosa toupa non é a toupa europea (Talpa europaea) senón a ibérica, toda a parte de denominacións populares, etnografía, etc, sobra naquela e só se refire á nosa, logo deberías borralo de alí. Polo menos as fontes son todas galegas, e cabe supoñer que se aplican só á nosa toupa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:33, 20 xullo 2009 (UTC)
Boas Hugo, estou falando do que me parece un problema na xestion dos interwikis.
  • A ver si me entendes ilustrando con un exemplo : o artigo gato montés foi creado na Galipedia o 21 xaneiro 2006 por Raposo, o artigo fr:Felis silvestris foi creado no 2005, hai que agardar o 1 de xulio de 2008 para que apareza o interwiki gl:gato montés na WPFR. Si os artigos levasen o nome cientifico, sería, penso eu máis facil para os bots apañalos.
  • A solución que lle vexo (e lembro que Estovaei ten a misma) é de ir pór manuelmente e deseguida o interwiki gl a unha ou duas "grandes" WP, eso é como unha tradución, penso eu.
  • E non penses que ando a queixarme. Andar cos interwikis e coas categorías gustame moito, cómeme tempo por que non sei moito de linguas nin dos temas, pero aprendo moito.
  • Non por isto penso que está mellor para a Galipedia de pór o nome cientifico no titulo Si como o andas facendo leva deseguida na cabeceira o nome cientifico e crease un redirect, a mín pareceme mui ben que se vexa no titulo o nome galego.

A ver si me entendes mellor ? ElviraConversa comigo 11:59, 21 xullo 2009 (UTC)

Translation Request editar

Hi! Could you translate and add this article into your wonderful wikipedia? You can reach me here. Thanks. With Kind Regards --Warayupay 10:44, 22 xullo 2009 (UTC)

Tacloban

 

Tacloban is a port city in the Philippines. It is approximately 360 miles southeast of Manila. It is the capital of the province of Leyte. It is also the regional center of Eastern Visayas.

en:Tacloban

50.000 artigos editar

Ola Hugo! Pois a petición dun logo realizouse hai algún tempo (Wikipedia:A Taberna (xeral)#50 000 artigos), mais ninguén se animou. Eu faríao, mais non sei manexar a ese nivel os programas de retoque fotográfico. Quizais creáronse demasiado rápido os artigos e non deu tempo. Confiemos en que alguén faga un logo, porque o acontecemento ben o merece. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:36, 23 xullo 2009 (UTC)

Corchetes editar

Ola Hugo, supoño que se pode dicir que é falta de costume, como sempre que me corrixen un artigo lle poñen os corchetes pois eu xa me despreocupo... Tentarei poñelos en próximos artigos, a ver se non me esquezo :) Grazas polo aviso e abur--Lala Lugo 21:46, 23 xullo 2009 (UTC)

Linguas nórdicas editar

Ola, Hugo. Soamente que hai un fallo coas lendas da segunda foto, a que ilustra o apartado clasficiación. Repara en que a cor verde pertence ao dinamarqués segundo di a lenda, pero o dinamarqués na realidade non está nos Países abaixos. Hai un problema de localizacións. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:20, 18 setembro 2009 (UTC)

Ola, Hugo, estás creando artigos como arte de/do, cando as épocas da arte sempre se coñeceron como arte moderna, arte prehistórica, arte contemporánea, arte medieval, arte antiga... Non arte da Idade Antiga, Arte da Idade Media etc.--Dou Gweler 15:16, 27 setembro 2009 (UTC)

Graciñas editar

Bo día Hugo, graciñas pola túa mensaxe, aínda que teño que dicir que a maioría do que fago son traducións. Puiden ver que tamén estás a facer un gran traballo cos mamíferos de Galicia, así que parabéns e gracias tamén pola parte que me toca polas túas contribucións. Moita saúde! --Pexego(conversa) 06:47, 1 outubro 2009 (UTC)

Hola, Saúdos desde a Nova Galicia. --Keepscases 13:02, 16 novembro 2009 (UTC)

culinario editar

Boas Hugo. No artigo afumado dis que é unha técnica culinaria. Non aplicaría eu ese adxectivo ó afumado: culinario é relativo á cociña e este prceso de conservación é industrial (aínda que fose artesanal en tempos e hoxe se utilice nos fogares para os chourixos, por exemplo). Para min, técnicas culinarias son o cocido, fritido, asado, mariñado, etc, etc, pero non o afumado, a esperilización, a salgadura, etc. Pode ser unha simple interpretación miña, pero quería que o tiveses en conta. Veña, saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:48, 12 decembro 2009 (UTC)

Licenza na Wikipedia editar

Lembra que ao traducires artigos doutra Wikipedia debes indicalo no campo de resumo para manter a licenza. Tes máis información sobre como facer isto en Axuda:Resumo de edición. --Toliño Fala aquí comigo 20:16, 2 xaneiro 2010 (UTC)

Modelo {Enuso} editar

Ola Hugo. Ante todo parabéns polo teu inmenso traballo na Galipedia.

Estiven a retirar o modelo {Enuso} de moitos artigos nos que traballaches fai tempo, pero nos que nos últimos meses/anos non houbo actividade. Dígocho por se queres volver a algún. Podes ver a lista aquí (foi o 20 e o 21 de decembro). Grazas. Un saúdo afectuoso. --HombreDHojalata Conversa comigo. 22:27, 2 xaneiro 2010 (UTC).

Aceite de oliva editar

Veña Hugo, que ti xa tes táboas nesta casa e non se te pode escapar unha cousa así: lembra que as traducións dende outras wikis deben recolle-la orixe, respectando así o traballo previo que outros fixeron. Este é un fallo que adoitan comete-los novos usuarios, e que o temos que lembrar continuamente, pero no teu caso... Anda, anda, que non mo esperaba. Saúdos e segue ben. Pedro --Lameiro (conversa) 20:51, 3 xaneiro 2010 (UTC)

Moitissimas gracias editar

... pola solución tan rapida, temía co problema quedase pendente moito tempo, e eu nistes casos non estou segura. Agora vou pedir lixo para a primeira palabra porque o #REDIRECCIÓN[[]] non concorda coas ligazóns internas. Agás teñas outra solución ? (a palabra nacionalización, ainda que se use bastante nos artigos co sentido de transmission de proprieedade ao estado, non na atopei nos dicionarios galegos. A lerte Hugo Elvira (conversa comigo) 13:30, 6 xaneiro 2010 (UTC)

Graciñas.--Paradanta 17:28, 21 xaneiro 2010 (UTC)

Eucaliptos editar

Non, Hugo, non teño máis información pero preguntareille ós da SGO a ver se teñen publicado algo máis. O que eu sei é o que vén nesa ligazón que engadín á SGO, na que din que non hai aves diferentes senón só menor número; engade como cousa curiosa que o carrizo é a especie máis común nos eucaliptais. Pola miña banda, e sen ser especialista ningún en aves, a miña cativa experiencia confirma ese menor número de aves, pero xa sabemos que iso non vale (tampouco valería porque nunca o cuantifiquei). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:53, 27 xaneiro 2010 (UTC)

Re: Impresionismo editar

Graciñas Hugo, tentarei nos próximos que faiga ir engadindo categorías e cadros seguindo o exemplo que me pos, aínda que non o teño moi claro, hai algún índice de categorías que poida consultar? Un saúdo e abur!--Lala Lugo 23:50, 1 febreiro 2010 (UTC)

peixe azul e salgadura editar

De acordo, Hugo. Mirarei eses artigos e veremos se cómpre engadir algo. Pero hoxe non vou poder. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21:00, 3 febreiro 2010 (UTC)

  • Xa corrixín o artigo so peixe azul, se ben aínda teño información para engadir. Corrixinche cousas do tradutor que converteu "purinas" en xurros (que serían o castelán "purines"). Purinas e purines non teñen nada que ver un con outro. Tampouco gota (enfermidade) se pode traducir por pinga. Outro comentario: non me gusta esa referencia ó dos investigadores franceses e a demencia. Hai millóns de estudos sobre os efectos posibles e probables dos omega-3 sobre a saúde, mesmo algúns contraditorios, se ben parece haber consenso en que, efectivamente, sonche bos para a saúde. O que quero dicir é que destacar ese estudo sobre os demais (que non se citan) pode ser parcial. No parágrafo anterior utilizas outra técnica: é bo para isto (e engades referencia) e para aquilo (e engades referencia): eu seguiría a misma liña: e para previr a demencia (e toma referencia). Pero é unha opinión. A ver se esta tarde me meto coa salgadura. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 13:20, 7 febreiro 2010 (UTC)

Ola, Hugo grazas polos pola noraboa. Eu tamén teño que darche a noraboa polos teus artigos, especialmente todo o que fas no eido das aves e dos produtos galegos.

Resposto a túa pregunta:

Ao referirse a un artigo tan amplo como é a fauna galega podería encaixar dese xeito, pero eu persoalmente prefiro separar os peixes (xa que o mesmo acontece cos outros vertebrados: aves, mamíferos, anfibios e réptiles) dos invertebrados mariños. Eu faría unha categoría que fora peixes, outra que fora invertebrados e dentro desta faría dúas subcategorías: invertebrados mariños e invertebrados terrrestres. Así, teríamos que en casos como o do caracol que ten unha orixe evolutiva mariña pero que vive en terra, podería explicarse no apartado terrestre que lle corresponde. En calquera caso tes moitas posibilidades e calquera que escollas seguro que non estará mal ao ser un artígo tan xenérico.

Outra cousa, como ves estou a facer listaxes de toda a fauna galega e unha das cousas que estou tentando e a de atopar os nomes comúns de moitas especies do noso territorio. Se pasas por algunha destas páxinas 1, 2,3,4, 5 e outras que aínda estou rematando e coñeces algún dos nomes comúns, a ser posible poñendo a referencia, agradeceríache que o engadas. A idea e que a xente que queira facer un artigo sobre a nosa fauna atope o nome común que lle serva para comezar o artigo. Outra idea, quizais algo máis ambiciosa, é a de atopar unhas listas dos animais que hai, a día de hoxe, en Galicia, e tamén a de ser unha das wikis que máis se achega a completar a fauna do seu territorio.--Calrosfking (FÁLAME) 17:41, 9 febreiro 2010 (UTC)

  • Ola Hugo, a túa proposta de mellora das listaxes seguindo o modelo da Wiki:es paréceme moi boa. Tentarei facer a miña seguinte lista sobre os mamíferos seguindo este modelo (se son quen de facelo), pero teño algunhas cousiñas que cambiaría como a de seguir a orde alfabética dos xéneros tal e como o fixen nas miñas listas en lugar de agrupalos en familias ou categorías máis elevadas, xa que a idea é que calquera usuario atope a especie con facilidade sen ter que saber de que familia é. Esta orde tamén ten desvantaxes, como a de que mestura distintos tipos de animais, pero a información dos animais suponse que está nos artigos referidos a eles e non na propia lista. Por outra banda, anímote a facer todos os cambios que queiras coas listas; o que me dis dos mapas de distribución paréceme marabilloso e seguro que ti lle podes dar outra volta e deixalas moito mellor que como as deixei eu (recoñezo que non quedan moi ben pero e que os meus coñecementos informáticos non dan para máis).Un saúdo --Calrosfking (FÁLAME) 08:36, 11 febreiro 2010 (UTC)
    • Ola outra vez. Fixen esta ** nova táboa, bótalle unha ollada e logo me contas que che parece.Por certo, os meus limitados coñecementos informáticos non dan (a curto prazo) para engadir o do estado de conservación (e iso que no seu día o engadín eu na wiki), o problema e que hai que crear un sistema semellante ao do exemplo que me amosache dos réptiles da Wiki:es. Cres que poderías tentar arranxalo tí?. Se non poideras non te preocupes que eu me encargaría máis adiante. Un sáudo--Calrosfking (FÁLAME) 15:30, 11 febreiro 2010 (UTC)
      • Hugo, penso que xa vai, pero hoxe teño que marchar que teño que levar aos nenos as actividades. Esta noite o mañán sigo. Por certo, mentres non teñas os mapas de distribución vou poñendo os que hai para España ou Europa, cando teñas os de Galicia xa os cambias ti directamente se che parece ben. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 16:07, 11 febreiro 2010 (UTC)

Agradeceriámosche que indicases onde queda San Simón ou que incorporases a imaxe nalgún artigo con datos específicos (cousa obrigada pois teño entendido que as imaxes que non están en ningún artigo poden ser borradas no futuro). Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:54, 12 febreiro 2010 (UTC)

Graciñas. Xa incorporo a imaxe á galería correspondente-- Lmbuga / Conversa comigo  22:07, 12 febreiro 2010 (UTC)

Lista ou glosario de aves editar

Sen problema pola miña banda. Quizais sexa máis acaído chamalo lista, así que de acordo. Por certo: dis en Fauna de Galicia que o pato rabilongo está extinto en Galicia. ¿Seguro? Eu vino no Bao do Grove hai relativamente poucos anos (non sei, 5-7, polo menos). Como migratorio, claro. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:29, 14 febreiro 2010 (UTC)

Cleptoparasitismo editar

Ola Hugo. Mudei a categoría do artigo cleptoparasitismo desde "Parasitoloxía" a "Relacións interespecíficas". A razón é aproveitar esa categoría na que xa temos outras relacións semellantes, e ademais deixar o concepto de "parasitoloxía" ás enfermidades producidas por parasitos (hoxe "Doenzas parasitarias"). Espero que estas de acordo cos cambios. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:18, 18 febreiro 2010 (UTC)

semilla > semente editar

Ola Hugo. Encantoume Ficheiro:BirdBeaksA-gl.svg. ¿Poderías substituír "semilla" (castelán) por "semente"?. Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  17:40, 21 febreiro 2010 (UTC)

Lista de utensilios culinarios editar

Hugo, meu. Rematas o artigo Lista de utensilios culinarios ou borrámolo? Así fai feo que quede. Un saúdo e xa vexo que segues na túa liña de choio de calidade. Que siga, que siga. --Atobar (conversa comigo) 00:39, 6 marzo 2010 (UTC)

Peñón vs. penedo editar

Boas, Hugo. Hai unha discusión aberta aquí e se cadra a túa opinión era de axuda. Grazas. --Xoacas(Góstache o pemento?) 01:27, 11 marzo 2010 (UTC)

Grazas por subires e traballares imaxes coma esta. Son de grande importancia, de feito, penso empregala cos meus alumnos na clase de galego. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:43, 13 marzo 2010 (UTC)

Acabo de decatarme de que a orixe da imaxe non era a correcta. Incorporei outra aquí, creo que está mellor, pero non sei se será a que ti seguiches-- Lmbuga / Conversa comigo  20:44, 13 marzo 2010 (UTC)

Eucaliptos editar

Boas tardes, Hugo. Creo que temos que rematar co asunto dos eucaliptos. Estes días atrás estiven moi liado e ata hoxe apenas puiden dedicar tempo á Galipedia. Ben. O caso é que vexo que pasaches contidos desde eucalipto a eucalipto azul pero non sei o criterio nin por qué non os borraches do primeiro ó traelos para o segundo. Conste primeiro que non poño obxección ningunha, nin vexas aquí queixa de ningún tipo: simplemente é que non acabo de entendelo. Hei de aclarar que a maior parte da información, da descrición, os usos madereiros ou medicinais, as pragas, etc. está collida de fontes que falaban do azul, non do eucalipto en xeral. Por todo iso non sei realmente se eses datos descritivos que agora temos no xeral poden quedar como tal ou han pasar a describir unicamente o azul. Non sei se me explico. O caso do "eucalito en Galicia" é semellante: obviamente, esas consecuencias negativas do cultivo masivo de eucaliptos en Galicia son atribuíbles só ó azul. Non porque este sexa es`pecialmente malo, senón porque é o que temos (case en exclusiva). O que quero dicir con todo isto é que xa non teño moi claro qué información debe quedar nun sitio ou noutro. ¿Ti que idea tes? ¿Que pensas que temos que deixar e qué borrar? Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 17:10, 19 marzo 2010 (UTC)

  • Hoa Hugo. Crin que tiña contestada a túa mensaxe do pasado 11 de marzo. Vexo que non e só podo pedir perdón. Sinto que os meus despistes puidesen dar impresión de desacordo. Síntoo e podes estar tranquilo, de verdade. Claro que podes borrar e mover o que queiras, faltaría máis. Se queres, eu estarei atento ós cambios e mandareiche mensaxes cos comentarios que se me ocorran. Pedro --Lameiro (conversa) 17:23, 19 marzo 2010 (UTC)
    • Hugo, mirarei logo os dous artigos con calma. Así en principio, creo que no artigo do xénero segue quedando información aplicable só ó azul (galego) (como tal, as "Consecuencias ecolóxicas" ou "Os eucaliptos na cultura popular galega") e outras podían alixeirarse moito (como a sección "O eucalipto en Galicia"). Logo volerei a mandarche máis suxestións. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:52, 26 marzo 2010 (UTC)

Votación artigo eucalipto editar

Ola Hugo. Sei o que dis, pero o artigo que se votou foi o do xénero, e despois da mudanza que fixeches non houbo mudanza de votos. Como acadou os 5 votos mínimos e a porcentaxe requirida, ten que se-lo artigo elixido. Para que o artigo destacado sexa o da especie máis habitual en Galiza penso que habería que presentalo a votación de xeito independente. Agora mesmo o artigo que se votou foi o do xénero, e non queda tempo (o cambio de mes está moi preto) para propoñer outro a tempo para abril. Convídote a presenta-lo artigo do Eucalytus globulus, aínda que habería que acomodalo nun mes algo espazado, para non ter sobredose de eucalipto ;) --Alberte Si, dígame? 18:20, 26 marzo 2010 (UTC)

  • A verdade é que é unha situación complicada. A mudanza do artigo despois de realizados os votos complica o tema, e que os votos foran a favor tamén. Polo que vin, o artigo do xénero, aínda que centrándose moito na principal especie presente en Galiza tamén facía referencia cando noutras especies a cousa difería. só vexo un xeito de arranxa-la cousa: preguntar ós que votaron positivamente ó artigo se ven ben que o artigo destacado sexa o da especie, que é a onde se moveu a maioría da información. Eu douche o meu visto bo, así que xa quedan 4. Se todos din que si, mudarei a introdución que aparecerá na portada. Que che parece esta solución? Saúdos. --Alberte Si, dígame? 18:49, 26 marzo 2010 (UTC)

Discusión editar

Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:36, 30 marzo 2010 (UTC)

Denominacións en galego ou en latín editar

Boas Hugo. Creo que xa falamos disto algunha vez. Deberías buscar unha fórmula coherente coas denominacións de ordes e familias de aves en latín ou en galego. Xa sabes que a política da Galipedia é utilizar como entrada principal o nome común, en galego, e redirixir alí o nome científico. Sei que o problema pode estar en decidir cal é a forma galega tendo en conta que o VOLGa non recolle a inmensa maioría destas denominacións taxonómicas pero haberá que adaptar os nomes á gramática galega. Pero é que non ten lóxica empregar Estrixiformes como principal pero logo usar Strigidae no canto de estríxidos; ou darlle prioridade a Accipítrido e non a Accipitridae. Todo iso, ademais, dáche problemas á hora de categorizar e ligazóns internas. Lembra, tamén, darlle cursiva ós termos en latín. Todo o anterior non quita a que o desenvolvemento do campo das aves na Galipedia é para estarmos ben orgullosos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:46, 31 marzo 2010 (UTC)


os meses na cultura popular galega editar

Bos días.

Hai novidades que igual che interesan aquí: Conversa:Portada#os_meses_na_cultura_popular_galega.

Saudiños. --HombreDHojalata conversa 10:34, 1 abril 2010 (UTC).


Ola.

Na páxina do título fixen unha proposta que igual é do teu interese.

Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 09:59, 10 de abril de 2010 (UTC)

Hórreo galego editar

Paréceme ben o que fixeches, de feito creo que o apartado de elementos ornamentais gaña moito con este modo de presentar as imaxes (eu non sabía que era posible facelo así). O único que se pode obxectar é que a de abaixo á dereita, na que se ve un cabalo, está repetida máis abaixo, no apartado de variantes tipolóxicas. Vou ver se podo poñer outra que sexa igualmente ilustrativa. Gracias por avisar. Saúde. Xoacas(non che sinto?) 14:19, 23 de abril de 2010 (UTC)

Está ben, só boto a faltar algunha imaxe duna cuberta de lousa de granito, que é bastante difícil de atopar (a imaxe, non a cuberta) e é unha mostra do depuradas que chegaron a ser as técnicas de cantaría. O tema das imaxes non está nada doado, non temos imaxes de todas as zonas nin de todos os tipos, e moitas non son de calidade (a contraluz, desenfocadas, etc), de xeito que hai moitas cousas que non se poden ilustrar aínda que sería bo facelo para mellorar a comprensión. O esforzo que estás facendo é encomiable, e a deferencia en consultarme é de agradecer. Un saúdo. Xoacas(non che sinto?) 14:40, 23 de abril de 2010 (UTC)

O río Barcés desemboca na ría da Coruña, collería tamén as manchas azul celeste da esquerda. As da dereita sairíanse xa da cunca. Ademais a mancha azul escuro é máis profunda do que a área de difusión do hórreo mariñán. Eu non usaría este plano, gustaríame saber como podo facer un plano polo estilo, porque creo que sería moi ilustrativo, pero coido que as miñas ferramentas gráficas son moito máis primitivas que isto. Xoacas(non che sinto?) 02:30, 24 de abril de 2010 (UTC)

Mazaroca editar

Ola, Hugo. Propuxen o borrado do artigo Mazaroca, que redirixiches cara a millo. O motivo explícoo na páxina de conversa. Bótalle un ollo por se non estás de acordo. Saúdos. --Xoacas(non che sinto?) 20:06, 24 de abril de 2010 (UTC)

Portada editar

Boas Hugo! Para o destaque na portada polo día das letras empreguei o mesmo modelo que anos anteriores, penso que lle dá certa uniformidade á portada, pero supoño que se pode probar con outras cores. Se cadra na páxina de conversa podemos pór o modelo en distintas cores e que os demais elixan a que máis prefiran. Paréceche? --Alberte Si, dígame? 17:13, 3 de maio de 2010 (UTC)

Produtos da pesca comerciais editar

Por favor, non o vexas como tirón de orellas nin nada parecido (Dios o faga mellor!). Bueno, gústame o modelo e creo que sí pode ser moi útil, e o título tamén me parece moi adecuado. Noraboa polo resultado. Fáltache por traducir un par de "and" que che quedaron polo medio. E unha pregunta: ¿que peixe é ese "Peixe reloxo"? Remato lembrándote que xa non son administrador, logo non podo borrar nada. Agora tócanos encher artigos para que desaparezan esas denominacións vermellas. Repito: noraboa e a seguir así de ben. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:12, 8 de maio de 2010 (UTC)

    • Pois a primeira vez que escoito tal nome, común ou científico. Nunca vin tal peixe nin sabía nada del. Na Resolución que define as denominacións de especies comerciais veñen dúas especies: H. atlanticus e H. mediterraneus, para os que dá os nomes galegos de reloxo laranxa e reloxo prateado, respectivamente (reloj anaranjado o atlántico, e reloj mediterráneo, en castelán). Falo da Resolución de 24 de marzo de 2010, de la Secretaría General del Mar, por la que se establece y se publica el listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España (BOE nº 82, de 5.04.2010), que non sei se coñeces e que, para isto, sérvenos perfectamente de referencia. Xa ves: nunca te acostarás sen saber una cosa más. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:28, 8 de maio de 2010 (UTC)

Modelos editar

  • Ola, Hugo, como vai? Como sei que es un especialista na creación de modelos, gustaríame que me axudases na creación dun modelo. Xa temos o modelo:libro, mais eu quería ter o modelo:libro traducido para libros que se traducen doutras linguas ao galego. Víña ben para o libro O señor dos aneis e outros. As wikis en español e portugués teñen modelos propios, e intentei crear o modelo adaptando o da española (teño gardados os datos) pero non me saíu ben. Que recomendas? --Xoán Carlos Fraga 10:31, 16 de maio de 2010 (UTC)
  • Xa che mandei o modelo ao teu correo, para non saturarche este páxina. Se vale, ben e se non vale, tírase. Cóidate. --Xoán Carlos Fraga 14:46, 21 de maio de 2010 (UTC)

Cambio de nome no modelo editar

Boas, Hugo! Como cambiou o nome do modelo "Xénero e identidades sexuais" por {{Orientación e identidade xenérico-sexuais}}, e o primeiro borrouse. Cómpre que o mudes na túa páxina de usuario, xa que pola contra seguirá a aparecer a ligazón vermella. Máis nada. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16:02, 27 de maio de 2010 (UTC)

Hugo, quedouche co marcador este artigo de Reserva da biosfera Área de Allariz. Dálle saída cando teñas tempo. --Atobar (conversa comigo) 18:10, 27 de maio de 2010 (UTC)

En uso editar

Retirei o marcador {{enuso}} que ti colocaches nos artigos Arquitectura gótica en Galicia, Emberizidae, Gueto de Varsovia, Motacilla, Mel de Galicia, Pica, Revolución neolítica e Reserva da biosfera Área de Allariz. Levaba posto ben máis dun mes. Dígocho por se non estás de acordo, para que podas reverter a miña edición. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 02:48, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Data do modelo editar

Ola Hugo. Meter metín a data, pero non ma colle, non sei que pasa, porque en principio non vexo erros. A ver se alguén sabe como solucionalo. --Alberte Si, dígame? 23:16, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Artigo de calidade editar

Ola Hugo, moitas grazas! De tódolos xeitos penso que hai artigos de máis calidade, a ver se pouco a pouco nos imos animando e propoñemos uns cantos máis. Un saúdo!--Adorian (fálame) 11:00, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Marcelo Macías editar

Ola, Hugo. Xa existe Marcelo Macías, :) --Xabier Cid Conversa 18:56, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Castelao editar

Penso que arranxei o erro, sobrábache un noinclude.

Saúdos--. HombreDHojalata.conversa 17:01, 26 de xuño de 2010 (UTC)

Facultade de Filosofía e Letras editar

Bóas! O certo é que non me dou conta de que haxa fotos, nin na Galipedia nin en Commons, da fachada desa facultade (actualmente é a de Filosofía, de novo). Aquí hai tres sobre a Praza de Mazarelos (a terceira é dende a porta da Facultade). Nesta outra, sobre a escultura de Montero Ríos vese parte da fachada. Hei de ir a semana que ven a Santiago e tiro unhas cantas da fachada. Non sei cómo se me puido pasar cando saquei esas :) --Iago dime 14:44, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Ao pasar hoxe por alí saqueille unha foto co móvil. Non é gran cousa, pero pode valer mentres non haxa outra mellor. Saúdos. --Iago dime 21:29, 28 de xuño de 2010 (UTC)
Nada, ho, para iso estamos :) --Iago dime 11:28, 30 de xuño de 2010 (UTC)

Animaste a crealo, Hugo? Dei con el revisando isto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:02, 29 de xullo de 2010 (UTC)

Modelo de candidato editar

Ola Hugo. Xa fixen o que pediches, só era engadi-lo modelo {{CADC}}. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 21:04, 3 de agosto de 2010 (UTC)

Hugo, se te animas a crear as ligazóns internas en vermello, eu creo que o artigo estará para o propór como candidato a artigo de calidade. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:20, 16 de setembro de 2010 (UTC)

Peixes comerciais editar

Boas Hugo. Como parte interesada que es, bota un vistazo á discusión que estamos tendo na Conversa categoría:Peixes comerciais. Pedro --Lameiro (conversa) 22:50, 7 de decembro de 2010 (UTC)

referencia de El País editar

Ola, Hugo; graciñas por avisar, foi por costume o de poñer o marcador {es}, dado que a maioría de artigos de El País (os da edición impresa) adoitan ser en castelán. Un saúdo!

Saúdo e grazas a ti editar

Hugo, non hai de que. Con todo e iso, aproveito para che pedir que lle prestes atención ao formato da personalidades, porque o da Galipedia témolo moi definido: Fulano Ferreiras, nado o 3 de xullo de 1345 en Lugo e finado o 1 de xaneiro de 1401 en Vigo, foi tal cousa. E despois vén a sección traxectoria, non biografía. E ao final cómpre meter un véxase tamén, e dentro deste a bibliografía, outros artigos e lig. externas. Insisto, dentro do véxase tamén, nin soltos nin á par. Un saúdo e a seguir, que esta wiki de noso xa ten un nivel considerábel. --Atobar (conversa comigo) 00:43, 30 de decembro de 2010 (UTC)

Un exemplo do que che digo [1], Hugo. --Atobar (conversa comigo) 14:44, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Folk-lore Gallego editar

Hugo, a redirección "Folk-lore Gallego‎; 16:55 . . (+34) . . Hugo22 (Conversa | contribucións) (Redirixida cara a "Folk-lore Gallego")" é un bucle infinito xa que se redirixe a si mesmo. Pedro --Lameiro (conversa) 16:02, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Hugo22/Arquivo desde o día 16 de novembro de 2008 ata o 1 de xaneiro de 2011".