Conversa:Ferreiriño bacachís

Confirmar nome editar

No Glosario de aves o Cyanistes caeruleus/Parus caeruleus aparece cos nomes Ferreiriño azul ou Ferreiro bacachís. Quixera confirmar que o título deste artigo é correcto. Alguén pode facelo? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:42, 10 decembro 2008 (UTC)

  • No dicionario Ir Indo aparece como ferreiriño azul; ferreiriño bacachís aparece no portal educativo da Xunta [1]. Ferreiro bacachís parece ser unha forma pouco utilizada pero habería que contrastar con outras fontes.--RNC 16:58, 10 decembro 2008 (UTC)

Falo de memoria, porque non teño aquí o artigo (e o que é peor, non sei onde o teño). Hai moitos, moitos anos (debemos estar falando a primeiros dos 90), Miguel Conde Teira e outro rapaz máis publicaron un artigo onde facían unha "proposta" de nomenclatura para as aves de Galicia (Conde Teira, M. A. e T. A. Vidal Figueroa. 1991. Nomes galegos para as aves ibéricas: unha. nova proposta). Con iso quere dicir que houbo libros antes que seguían un sistema distinto e que incluso houbo libros despois, e ese dicionario é boa proba, que tamén o fixeron. E aínda que existían varios problemas, en concreto creo que para o Ceruleus a situación era esta (insisto, falo de memoria):

  1. Na maior parte de Galicia non se distingue no léxico o Ceruleus do Major: son os dous igual de ferreiriños.
  2. Nuns poucos puntos, moi poucos, (e non teño nin idea se eran puntos illados ou continuos), chamábaselle bacachís ao Ceruleus. Daquela a proposta de Conde Teira e o outro rapaz foi manter a forma habitual de ferreiriño e engadirlle a diferenciación de especie (que non existía ou que era moi minoritaria na lingua real) de bacachís.

En todo caso é que o problema non remata aí. En 1999, o propio Conde Teira publica unha nova versión da súa proposta na revista Chioglossa, que é a lista que finalmente adopta a Sociedade Galega de Ornitoloxía. Nesa lista desbótase ferreiriño bacachís e déixase unicamente ferreiriño azul. Ora ben, nunca ningunha autoridade lingüística minimamente competente (non digo que Conde Teira non o sexa, só que non é autoridade) se pronunciou nunca ao respecto. Eu creo que o mellor sería mover o artigo a ferreiriño azul, deixar f. bacachís como redirección, e referenciar na Lista aprobada pola SGO o troco. E ao igual que cos topónimos, estar disposto a mudar de criterio unhas cantas veces no que queda de século. --Xabier Cid Conversa 18:37, 10 decembro 2008 (UTC)

  • Máis fontes: A Guía das aves de Galicia de Penas Patiño (Baía 2004) usa a forma ferreiro bacachís, pero a web da SGO [2] podemos ler ferreiriño azul. Ningunha das dúas son autoridades lingüísticas pero si, sen dúbida, autoridades en ornitoloxía, quizais máis "oficial" a SGO. Eu dubido moito de que os ornitólogos lles poñan eses apelidos polo uso popular senón que estou convencido de que son invencións súas para diferenciar especies que só eles diferencian. Dubido aínda máis de que ningún lingüista se meta nunca a bendecir nomes (apelidos, neste caso) de seres vivos. Segundo todo o anterior, apoio a proposta de Xabier. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:30, 10 decembro 2008 (UTC)

Grazas a RNC, a Xabier Cid e a Lameiro polas aclaracións. Á vista do dito tamén estou de acordo coa proposta de Xabier Cid, aínda que teño algunha dúbida en canto ao criterio 'de respectar a primeira elección' que seguimos en casos onde son posibles varias opcións (citoo por semellanza con eses casos, talvez o das aves non sexa o mesmo). Se son válidas ambalas dúas, segundo ese criterio quizais deberiamos deixalo onde está. Gustaríame coñecer a opinión de Hugo22 que foi o creador do artigo, se el estivera de acordo no movemento non tería dúbidas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:34, 11 decembro 2008 (UTC)

Volver á páxina "Ferreiriño bacachís".