Pica

xénero de aves

As picas son aves paseriformes da familia dos motacílidos pertencentes ao xénero Anthus.[2]

Características

editar

Son paxaros de pequeno tamaño, que non superan os 20 cm de lomxitude. Son esveltos, de cola longa que gustan axitar compulsivamente de xeito semellante ao das lavandeiras do xénero Motacilla. Pasan moito tempo no aire debido principalmente a que son insectívoras. Habitan zonas abertas, e aniñan no chan. Son aves co lombo marrón e o peito e o ventre esbrancuxados, aínda que normalmente riscados. Teñen chíos característicos que emiten durante o voo.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O xénero foi descrito en 1805 polo naturalista e ornitólogo alemán Johann Matthäus Bechstein.[3]

Etimoloxía

editar

O nome científico Anthus é un termo do latín científico tirado do grego antigo ἄνθος ánthos, "flor".[4]

Especies

editar
 
Varias especies de picas:
Anthus petrosus.
Anthus gustavi
Anthus campestris
Anthus richardi
Anthus spinoletta

No xénero recoñécense na actualidade as seguintes 26 especies:[3][5]

En Galicia

editar

En Galicia existen 5 especies pertencentes á familia dos motacíllidos (Motacillidae), delas, 3 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 2 son invernantes no país e 1 añiña localmente.[6]

Anthus
Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
EC
Distribución
Imaxe
Poboación
Anthus campestris
Lacépède, 1804
Pica papuda
LC
    aprox. 870.000 pp.[7]
Anthus trivialis
Lacépède, 1804
Pica das árbores
LC
   
Anthus pratensis
Lesson, 1828
Pica dos prados
LC
    aprox. 2.190.000 pp.[7]
Anthus spinoletta
Lacépède, 1804
Pica alpina
LC
    aprox. 1.134.000.[7]
Anthus petrosus
Lacépède, 1804
Pica costeira
LC
   

Nota: o Atlas de vertebrados de Galicia, elaborado pola Sociedade Galega de Historia Natural, so recoñece como especies presentes en Galicia a 3 especies:[8]

  • Athus campestris
  • Antus spinoletta e
  • Anthus trivialis
  1. Zoonomen Nomenclatural data (2016) Alan P. Peterson. Motacillidae. Comsultado o 9 de decembro de 2021.
  2. pica, 7ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 Anthus Bechstein, 1805 no GBIF. Consultado o 9 de decembro de 2021.
  4. Anthus no Merriam-Webster Dioctionary.
  5. Zoonomen. "Birds of the World". Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  6. Xosé Manuel Penas Patiño, Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005). Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. p. 362. ISBN 84-87674-06-2. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Aves común reprodutoras en España" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2010. Consultado o 03 de abril de 2010. 
  8. VV.AA. (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-8717-289-X, pp. 481-483.

Ligazóns externas

editar