Benvido á Galipedia, Pexego!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Alma 22:41, 30 setembro 2007 (UTC)

Pandulfo III editar

Ola. Vexo que puxeches un aviso de artigo con problemas ao de Pandulfo III de Benevento. Todo artigo é susceptíbel de ser mellorado sempre, pero no acabo de me dar conta de cal é o problema exacto. Comunícamo se fas o favor e tentarei amañalo. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 17:54, 8 outubro 2007 (UTC)

gran / grande editar

Boas, Pexego. Vexo que en algas vermellas volviches a escribir "... ocultou en grande medida ..." revertendo a miña corrección por "gran". Cópioche a norma que ó respecto ditou o RAG: "Gran: forma reducida de grande, que só se usa diante dos nomes en singular que comezan por consoante. Unha gran persoa, un gran libro". E "Grande: úsase, fronte a gran, diante dos substantivos en plural e dos que comezan por vocal. Unha grande aflicción, un grande escritor, un país de grandes recursos". Deixo ó teu criterio corrixir ou non o texto, como vexas. Pedro --Lameiro (conversa) 22:21, 9 outubro 2007 (UTC)

  • Boas, Pexego. Como non contestaras crin que che parecera mal, pero vexo que non e iso é algo que me alegra. O gran/grande do que falabamos segue estando no artigo algas vermellas: "Este limitado enfoque ocultou en grande medida a necesidade de modificación da clasificación algal", polo que suxiro que o cambies. Canto ó lugar da resposta, si. Ese (a miña páxina de discusión) era o lugar lóxico para coloca-la túa mensaxe. Un saúdo e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 23:09, 16 outubro 2007 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Joel Barlow.png

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Joel Barlow.png', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Lmbuga Commons - Galipedia 13:25, 15 outubro 2007 (UTC)

Problema coas imaxes editar

Grazas por contribuíres ó proxecto cargando imaxe. No caso das seguintes imaxes:

Imaxe:Paul breitner.jpg editar

A imaxe non ten orixe que permita comprobar a licenza. Non está presente na wikipedia inglesa tal e como se di nos datos. Probablemente fose borrada de alí por copyvio.

Imaxe:Psi.png editar

Procede da wikipedia inglesa, pero a imaxe ten copyright. A lexislación americana é diferente polo que a imaxe se pode manter alí, pero noon aquí nin en Commons. A imaxe é fair use

Imaxe:Temple Of The Dog.jpg editar

Presente na wikipedia inglesa (http://en.wikipedia.org/wiki/Image:Temple_of_the_Dog_Band_Shot.jpg), pero a imaxe ten copyright

Imaxe:Interferometro.png, Imaxe:Joel Barlow3.png, Imaxe:Ofw.png e Imaxe:First fleet.jpg editar

As imaxes non procedían da wikipedia inglesa, senón de Commons. Tódalas imaxes de Commons poden ser empregadas na Galipedia sen necesidade de seren subidas de novo. Propúxenas para borrar en Modelo:Wikipedia:Imaxes para borrar#Imaxe:Ofw.png e Imaxe:Interferometro.png
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:34, 27 decembro 2007 (UTC)

Imaxe:John coltrane.jpg editar

Atopada na Wikipedia inglesa (http://en.wikipedia.org/wiki/Image:John_coltrane_with_sax.jpg). Alí especifícase (véxase a licenza) que non está no dominio libre (cando acontece isto, as licenzas teñen unha imaxe dun C sen tachar)--Lmbuga Commons - Galipedia 16:43, 30 decembro 2007 (UTC)

Encantaríame poder dedicar tempo a ese proxecto, pero véxoo difícil. Teño en mente dende fai ben un ano recompoñer o artigo sobre a lingua galega e inda case non comecei. Por outra banda, teño pouca información nos meus apuntamentos ó respecto pois nunca estudei as familias lingüísticas a fondo. Se vexo algún xeito de colaborar ou se me vexo con tempo, mirarei de anotarme. Feliz ano --Lmbuga Commons - Galipedia 16:43, 30 decembro 2007 (UTC)

A imaxe está sen orixe. Non a localicei nin en Commons, nin na Wik. inglesa, nin na francesa. Quizais fose borrada. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:01, 30 decembro 2007 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons editar

Ola Pexego. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:ArmadillumVulgare.jpg, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Armadillidium vulgare 001.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:ArmadillumVulgare.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe.

Un cordial saúdo.

--Lmbuga Commons - Galipedia 15:52, 1 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe sen Orixe editar

 
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,
vai ser borrada no prazo dunha semana.
Image:Anilocra.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Anilocra.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.


Lmbuga Commons - Galipedia 15:52, 1 xaneiro 2008 (UTC)

Licenza editar

Ola Pexego! Lembra que para cumprir a licenza, cando traduzas un artigo dende outra wikipedia tes que indicalo explicitamente, xa que o recoñecemento é unha das obrigas de dita licenza (ademais de que axuda en moitos casos o sabermos de onde vén un artigo). Para máis información sobre como facelo podes mirar aquí: Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias. Un cordial saúdo. Alberte Si, dígame? 17:38, 17 novembro 2008 (UTC)

Andrés Lagoa editar

Ola, Pexego, estou encantado de poder falar contigo. A verdade é que eu non levo moito por aquí e aínda estando moi de acordo contigo en que o artigo botánica da wikipedia en castelán é moito máis completo co que había penso que non se debe empregar alegremente os tradutores automáticos. O caso de Andrés Lagoa que aparece agora no artigo galego de botánica no canto do correcto Andrés Laguna exemplifica que unha vez feito un artigo coa axuda dun tradutor hai que corrixilo o máis posible. Quen di iso di mil cousas máis. Espero que non tomes a mal estas letras, podes contar comigo para o que queiras.--RNC 16:11, 18 novembro 2008 (UTC)

Nomes comúns e científicos editar

Para, Pexego, para. Hai case dous anos que se debateu este tema dos nomes científicos como título [1], e acordouse que non, que os títulos debían recoller o nome común; logo, o nome científico debe redirixir ó común. Le o debate que che indico e verás os argumentos que alí se deron, nun e noutro sentido. Así que, por exemplo, o artigo principal ten que ser acivro e a redirección Ilex aquifolium. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:08, 25 agosto 2009 (UTC)

    • Pexego: lembra asinar as mensaxes. É bo para o futuro. Temos que falar das categorías de plantas e animais, que tamén necesita unha boa reorganización. Saúdos, Pedro

Vocabulario técnico editar

Boas, Pexego. No artigo fento común (non lin outros) utilízase unha terminoloxía que só entendedes os especialistas. Pensa que o lector tipo da Galipedia non ten por que coñecer o vocabulario técnico que ós biólogos vos resulta obvio (isospóreo, glabras, soros, cenosoros, indusio, pseudoindusio, esporas triletas). Existe a alternativa de ligar esas voces e crear os artigos correspondentes pero supoño que tales artigos non pasarían de ser unha definición. Outra alternativa é explicar o significado nunha nota a rodapé. Aproveito para lembrarche que no Galizionario viría tamén moi ben que incluíras esas entradas. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:39, 25 agosto 2009 (UTC)

Poaceae /gramíneas editar

Ola, Pexego! Ao meu entender, o título do artigo debería ser "gramíneas", e redirixir cara aí tanto "gramínea" como "poaceae".

Para pór as interwikis non adoita ser necesario poñelas en todas as wikis. Normalmente con poñelas en inglés, ou holandés (porque son as que mellores bots teñen) abonda, e os bots xa se encargan de ir colocando as ligazóns nas outras wikis.

No caso concreto de "gramíneas", creo que os bots tamén se decatan de cal é o artigo principal e cal é a redirección, polo que non faría falta mudar as interwikis. De todos xeitos, non estou moi seguro, e ás veces cando mudo o título dun artigo tamén mudo a interwiki na wikipedia en inglés para que se actualicen.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:27, 27 agosto 2009 (UTC)

Correccións na túa páxina de usuario editar

  • Ola, Pexego. Espero que non che importase que corrixise a túa páxina de usuario, mais como a vin e había algún erro, pensei que che ía gustar que estivese nun galego correcto. Máis nada. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:12, 27 agosto 2009 (UTC)

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

 Lmbuga / Conversa comigo  22:45, 30 agosto 2009 (UTC)

Grazas. Están máis que ben agora. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  17:41, 31 agosto 2009 (UTC)

Ola Pexego. Grazas por contribuíres subindo imaxes.

Xa sei que subiches esta imaxe de Commons, pero en Commons tamén é incorrecta.

A imaxe Imaxe:FiloxeniaPteridofitos.gif, presenta un formato que non é acorde ó expresado en Wikipedia:Política de uso de imaxes.

O formato das imaxes debe ser o seguinte:

  • Para as iconas, debuxos, mapas, bandeiras, e ilustracións semellantes, SVG (ou, se non, o PNG)
  • Para as imaxes fotográficas, JPEG (ou PNG).
  • Para as animacións, exclusivamente, GIF

Para solucionar o problema agradeceriámosche que cargases de novo a imaxe no formato permitido e marcases para borrar a que ten formato inadecuado. Para marcala para borrar segue os seguintes pasos:

  1. Edita a imaxe
  2. Elimina o marcador {{FormatoImaxeIncorrecto}} (se o houbese) e pon no seu lugar (ou na parte superior dos datos da imaxe) o seguinte: {{BorrarImaxeDuplicada|Imaxe:nome da imaxe que se vai manter}}
  3. Garda. A imaxe incorporarase á categoría Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar, e un administrador borraraa así que a perciba


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.Pexego-- Lmbuga / Conversa comigo  13:50, 1 setembro 2009 (UTC)

En caso de que che sexa custoso ou complicado cargar a imaxe noutro formato, dimo e fágoo eu-- Lmbuga / Conversa comigo  13:58, 1 setembro 2009 (UTC)
Non te preocupes por cometer erros. Xa ves que teñen solución.
Non podes convertela a SVG porque non se pode, que eu saiba, transformar unha imaxe normal nunha imaxe vectorial. Hai un programa gratuíto para facer ou variar SVGs, chámase Inkscape. Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  20:33, 1 setembro 2009 (UTC)

Traducións directas de es.wiki editar

Pexego, primeiro de todo: bo traballo. E agora un apuntamento: na versión galega non hai o costume que si existe na española de andar a darlle voltas á perdiz co tema do nome do personaxe. Somos máis parellos á versión inglesa, que adoita decantarse polo máis común. E logo está o tema da forma: hai tempo houbo a proposta de facer un encabezado común para as personalidades, que con pequenas mudanzas, sería similar a isto: Fulanito de tal, nado en Viveiro o 4 de maio de 1968 e finado en Betanzos o 12 de febreiro de 2002, foi un pintor galego. E despois sería a traxectoria ou que cumpra. Un saúdo e de novo parabéns polo abondoso de teu labor. --Atobar (conversa comigo) 10:16, 4 setembro 2009 (UTC)

En calquera caso, que non che quite o acougo, que tampouco pasa nada por botar mans das redireccións. Para iso están. --Atobar (conversa comigo) 10:28, 4 setembro 2009 (UTC)

posible erro editar

En Ficheiro:Polypodiales-diversificacion-cretacico-gl.png escribiches temprano e Polipodiales. Eu entendo que son castelanismos. As formas correctas serían temperán (habitualmente pronunciado *temprán) e Polipodiais (pois supoño que o singular é Polipodial). Se podes corrixilo... Grazas e un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:10, 7 setembro 2009 (UTC)

Creo que tes razón. Non as tiña todas comigo, por iso che dicía que entendía que eran castelanismos, pero non ousaba aseguralo. Grazas pola explicación-- Lmbuga / Conversa comigo  20:39, 7 setembro 2009 (UTC)
Por certo, eu xa non son nin burócrata nin administrador. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:41, 7 setembro 2009 (UTC)
Non tes que desculparte, fun administrador. Por outra banda, creo que non fai falla propolo, os razoamentos que dás son moi convincentes. O feito de que en portugués sexa así é incontestable. Eu entendo que ese plural en -les é un plural latino normal nesas terminoloxías, repara que non dixen nada por teres escrito Angiospermae, pois aí a terminoloxía era evidente; en realidade, semella o mesmo caso. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:06, 7 setembro 2009 (UTC)

Por certo, acaabo de observar que a túa páxina de discusión está categorizada en Categoría:Avisos de mantemento de imaxes. Máis ca probablemente se deba a un erro meu. Vou ver se o corrixo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:09, 7 setembro 2009 (UTC)

Creo que xa está solucionado-- Lmbuga / Conversa comigo  21:18, 7 setembro 2009 (UTC)

Saúdos editar

O mesmiño che digo. É unha sorte contar cun experto en botánico e que amais tamén lle dá a pesca. A seguir así, Pexego. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:38, 29 setembro 2009 (UTC)

Noraboa editar

Acabo de ler o teu derradeiro artigo, quería darche a noraboa, e animarte a que sigas a colaborar aquí. Se che compre algo xa sabes.Hugo22

Amorodeira editar

Pexego, non é amorodOeira, senón amorodeira ou moroteira. Olla para aquí. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 13:45, 1 outubro 2009 (UTC)

Pexego, preme aquí. No apartado Axuda e ferramentas tes moitos trebellos que che van ser moi útiles. A páxina creeina hai un tempo para termos un compendio co que eu considero que pode server de axuda á hora editar na Galipedia. Tíralle proveito. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:58, 1 outubro 2009 (UTC)

Termos esenciais de botánica editar

Ola Pexego! Como vexo que andas a traballar no eido da botánica pásoche unha ligazón que quizabes che sirva de algo, a min cando menos me ten sido de utilidade. É este glosario de termos esenciais. Tamén atopei este vocabulario castelán-galego, e para ve-la frecuencia de usuos tamén pode ser de utilidade este recurso, co que cheguei á conclusión en Conversa:Abeneiro que o máis empregado era ameneiro (hai outro dicionario de frecuencias, da fundación Barrié). Agardo que che sexan de utilidade estas ligazóns. Un saúdo, e parabéns polo traballo, como futuro enxeñeiro forestal agradécese :) --Alberte Si, dígame? 11:29, 2 outubro 2009 (UTC)

Grazas polo apoio. Eu tamén estudo a carreira en castelán :( é o que ten estudala en Madrid. O debate sobre a categorización botánica está aquí: Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Botánica. A proposta final fíxena hai máis de dous anos (como pasa o tempo...), só que o outro día fixen un par de retoques. Porén, o debate está aberto xa que aínda non pasou a execución a proposta. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 12:17, 2 outubro 2009 (UTC)

Pereira editar

Grazas editar

Grazas polo teu traballo nestas últimas horas. --Xabier Cid Conversa 17:17, 2 outubro 2009 (UTC)

cortadeira e cortaderia editar

Boas, Pexego. Se xa temos un artigo cortadeira (creado por ti) ¿por que o creas de novo co nome cortaderia? Pedro --Lameiro (conversa) 13:33, 6 outubro 2009 (UTC)

Ao fío do que comenta Lameiro (que está nun erro pois unha é a páxina dunha especie e outra a páxina do xénero), na páxina web da Xunta que aparece en cortadeira os nomes que figuran son herba da Pampa e carrizo da Pampa, tes as referencias dos nomes que aparecen no artigo cortadeira.--RNC 14:10, 6 outubro 2009 (UTC)
  • Perfectamente explicado, Pexego, e convincente. Intento estar atento (estes días menos, por compromisos que me deixan pouco tempo para Galipedia) pero queda claro que metín a pata e que a lectura superficial fixo que non me decatara das diferencias. I'm sorry. Saúdos e a seguir así. Pedro

Taberna editar

Sería bo que comentases cal é o teu parecer na Taberna, que vén sendo o foro aberto que temos para a discusión. Unha puntualización: eu teño o mesmo interese en ter na Galipedia o artigo ProLingua ca en ter o de Bob Dylan ou o do Partido Popular. Considéroos de relevancia. Os tiros non van polas promocións nin polos intereses. Sei que xa o sabes, pero se o deixo dito é porque isto é un espazo público e igual non puntualizando pode dar a impresión de que quen cala outorga e que en efecto fixen ProLingua como parte dunha promoción, o que non é. Un saúdo, Pexego. --Atobar (conversa comigo) 11:50, 7 outubro 2009 (UTC)

Ola Pexego. Non quero incomodarte, supoño que non o sabías, pero a túa intervención na páxina de usuario de Atobar non é apropiada de acordo coas regras da Galipedia. A forma da mensaxe transmite que o debate da taberna é unha cuestión de bandos e que un artigo pode permanecer ou non na Galipedia dependendo dos apoios que teña. Ese ofrecemento persoal nunha páxina de conversa de usuario no canto de expoñer no espazo común os teus argumentos converte algo que podía ser lexítimo exposto no lugar adecuado nunha especie de acordo para saltar as normas que dalgún xeito podería considerarse invalidante. Non creo que fóra esa a túa intención e se deixo esta mensaxe e para tentar aclarar o caso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:21, 7 outubro 2009 (UTC)

Grazas pola túa mensaxe na taberna. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:00, 7 outubro 2009 (UTC)

Re:Tamaño das imaxes editar

Ola Pexego. Non son ninguén para dicir cal debe ser o peso das imaxes que se soben. Eu pódoche dicir o meu criterio (as últimas que subín, subinas con demasiado peso por despiste). Eu se estou convencido de que a foto que vou subir é deficiente, redúzoa no tamaño e comprímoa ata o 75% - 85%. Se considero que é aceptable, comprímoa ó 95% - 98%. O motivo de comprimila tan pouco é que cunha comprensión do 98% (comprensión moi pequena) unha imaxe pode ser considerada imaxe de calidade en Commons. Se a calidade por cousa da comprensión é inferior ó 95% ou a imaxe foi reducida no seu tamaño, a imaxe probablemente non será escollida como imaxe de calidade.

Persoalmente penso que subir imaxes de 100Mb é unha barbaridade hoxe en día. ¿Quen vai reparar polo miúdo nesa imaxe co tempo que leva abrila? Subilas de 2 a 7 Mb paréceme normal, pero é unha opinión.

Para min a foto Ficheiro:Plumeiro Da Pampa - Inflorescencia (Alvedro - Culleredo - Galiza).JPG, foto que me gustou, ten unha boa relación de compresión - calidade. Quizais podería ter un pouco máis de peso, pero poida que fose imperceptible. Espero que che aclare algo, inda que creo que máis ben pouco-- Lmbuga / Conversa comigo  13:50, 7 outubro 2009 (UTC)

Non penso que teñamos que estandarizar. Penso que temos que preocuparnos por ofrecer un bo produto, especialmente se o produto de partida é bo. Se o produto de partida é pobre, non importa moito que unha imaxe teña 800x600 e pese pouco. Se é bo, eu prefiro que aquel que queira usar as imaxes poida tirarlles partido-- Lmbuga / Conversa comigo  13:55, 7 outubro 2009 (UTC)
As imaxes teñen dúas maneiras de ser consideradas polas súas dimensións: o tamaño (1600x1200, por exemplo) e o peso (en Mb ou kb). O tamaño podes reducilo ou amplialo. O peso podes varialo comprimindo a imaxe se esta en formato .jpg. O formato jpg é un formato que comprime as imaxes. Cando editas con calquera programa unha imaxe jpg, á hora de gardala, podes escoller a compresión da mesma. Se o dato que inclúes é baixo, a imaxe pesará pouco, pero perderá moitísima calidade. Se o dato é alto, a imaxe pesará máis, pero terá gran calidade. A calidade máxima acádase gardando con formatos raw ou tif (tamén bmp).
Ten ollo. Porque cada vez que editas unha imaxe jpg (non pasa coas RAW) e a gardes, ou que varías a súa compresión, a imaxe perde calidade. Convén gardar o orixinal e facer as variacións sobre unha copia ata que esteas seguro de que o resultado da variación é óptimo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:38, 7 outubro 2009 (UTC)
Se pretendes empregar a cámara en formato RAW (se a túa cámara o ten), tes que fixarte en que é moi engorroso pois o formato RAW non é válido para a Galipedia e non é compatible con moitos programas (ou cos máis). É útil unicamente para facer variacións nas imaxes sen estragalas antes de pasalas a jpg ou tif (o formato tif é un jpg non comprimido, pero non está no dominio público).
Isto das imaxes éche unha boa lea. Considera que eu ás veces falo de memoria e podo confundirme, creo que no que che dixen non me confundín (inda que non che falei inda da profundidade de cores ou do número de píxeles por polgada, cousas que xa se me escapulen un pouco. Antes de falar diso case prefiro quedar calado).-- Lmbuga / Conversa comigo  20:20, 8 outubro 2009 (UTC)

Eu o que fago é colocar a cámara en calidade (jpg) e tamaño máximos. Logo recorto a imaxe se é preciso e procuro traballalas sen excederme; nas últimas excedinme e moito, e como non gardei a versión orixinal, non puiden recuperala.

Repara en que ó intentar aclarar as sombras -pois eran moi duras- de Ficheiro:Gres. Vila de Cruces 090926 09.JPG, paseime-- Lmbuga / Conversa comigo  20:35, 8 outubro 2009 (UTC)

Ola Pexego. Confio en que o problema da vista do que falas na páxina de usuario sexa algo pasaxeiro e que volvamos contar axiña contigo. Grazas polo traballo que levas feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:38, 16 outubro 2009 (UTC)

  • Os meus desexos tamén de pronta recuperación. Saúde. --Alberte Si, dígame? 12:29, 16 outubro 2009 (UTC)
    • Saúdos, eu tamén espero que axiña esteas recuperado, apertas.--RNC 13:55, 16 outubro 2009 (UTC)

Regreso editar

Boa cousa é terte de volta, Pexego. Unha aperta. --Atobar (conversa comigo) 11:42, 22 febreiro 2010 (UTC)

Dúbida editar

Pexego, a ver se podes opinar aquí, se sabes. --Atobar (conversa comigo) 21:55, 22 febreiro 2010 (UTC)

Cheguei tarde, vexo que xa o tedes resolto. --Pexego(conversa) 09:14, 9 marzo 2010 (UTC)

Cuestionario onomástica editar

Ola, Pexego! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:27 (UTC)Responder

Feito, saúdos!--Pexego(conversa) 9 de outubro de 2013 ás 21:17 (UTC)Responder

Aviso na taberna de axuda editar

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:34 (UTC)Responder

 

You have been a medical translators within Wikipedia. We have recently relaunched our efforts and invite you to join the new process. Let me know if you have questions. Best Doc James (talk · contribs · email) 12:34, 2 August 2023 (UTC)