Conversa:Pereira brava

(Redirección desde «Conversa:Pereira silvestre»)
Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)

Untitled editar

este #REDIRECCIÓN[[]] é sospeitoso para mín xa que foi feito pola IP 80.58.205.99 con moitas edicións vandalicas [1]. A ver o que pode decir un usuario que seipa de botanica ? ElviraConversa comigo 08:36, 2 outubro 2009 (UTC)

  • Polo que vexo no artigo descríbese a Pyrus communis, isto é a pereira que se cultiva normalmente en Galicia pero o caso é que hai máis de trinta especies de pereiras; a pereira que medra silvestre chámase pereira brava, non creo que pereira silvestre sexa un nome correcto, e os seus froitos son os periños, que non son aptos para o consumo, o seu nome científico é pyrus cordata. Non creo pois que proceda a redirección xa que o artigo pereira fala só dunha especie e pereira silvestre semella incorrecto.--RNC 13:30, 2 outubro 2009 (UTC)
Ola, na miña opinión estos son os pequenos problemas e perigos que conleva o feito de termos decidido que o nome do artigo sexa o común en lugar do científico, algo que xa sei que tamén ten cousas positivas, como ser máis accesible ao lector. Ao tema:
Pois ben, o problema está no artigo Pereira:
  • Está clasificado (taxobox) definindo ao xénero Pyrus, que sí podería chegar a contemplar a redirección das súas distintas especies no caso de non existir artigo para elas (algo que si incluiría tanto á pereira brava como a cultivada, e o resto das especiesdo xénero Pyrus)
  • O problema ven na redacción de Pereira, xa que a pesar de ter o taxobox de xénero en lugar da especie, ten unha redacción na que mestura as características das súas distintas especies e non se adapta en conxunto a descrición da pereira brava, nin a outras moitas especies do xénero pyrus (por exemplo o froito da pereira brava non mide 7 centímetros). É dicir, non a redacción mestura rasgos das especies pero non define o xénero.
Segundo eu o vexo, sería oportuno manter o artigo de contido de Pereira silvestre (ou Pereira brava[1]) para a árbore asilvestrada (Pyrus cordata) sen facer nengunha redirección, e facer unha redacción nova para Pereira na que podería haber duas opcións: 1) Definir o xénero Pyrus (e así non deixar ao artigo do xénero orfo dun nome común) e facer un novo artigo chamado Pereira común para a planta cultivada(Pyrus communis) ou 2) Desenvolver o artigo de (Pyrus communis) directamente en Pereira.
  1. http://www.rios-galegos.com/arb1003.htm
  2. --Pexego(conversa) 14:24, 2 outubro 2009 (UTC)

      Feito! --Xabier Cid Conversa 17:34, 2 outubro 2009 (UTC)
    Entendinche mal ou dixéchelo mal, :) O artigo que ten que quedar é pereira e haberá que desenvolver os outros, tanto a da común como a da brava.--Xabier Cid Conversa 17:39, 2 outubro 2009 (UTC)
    Eu tamén estou un pouco perdido, exactamente de que se fala no actual texto de pereira brava, é unha mestura de características das dúas especies?.--RNC 17:40, 2 outubro 2009 (UTC)
    Non, o artigo actual fálase da pereira entendida como xénero (Pyrus). Agora hai que desenvolver os artigos das demais pereiras. --Xabier Cid Conversa 17:42, 2 outubro 2009 (UTC)

    Cando paso moito tempo diante do ordenador cóstame expresarme, resumo o meu punto de vista:

    • O que decides RNC,Elvira e Xabier véxoo correcto, pereira brava (ou silvestre) precisa do seu propio artigo.
    • O artigo Pereira fai mención ao xénero no taxobox, aínda que a redacción non concorda con ésto xa que mestura as características de varias especies do xénero Pyrus e apunta só á comercial. Ou unha cousa ou a outra.
    • O artigo de pereira silvestre era correcto, pero co tempo foi recibindo tamén contidos mesturados. Eu vexo dúas opcións: ou mantemos 2 artigos ou 3, en ambos casos a pereira brava ou pereira silvestre ha manter o seu propio artigo, que intentarei facer a partir do luns se ninguén o quere facer antes.
    • Para o artigo Pereira vexo dúas opcións: Ou mantelo para definir ao xénero en conxunto tal e como define o actual taxobox, e facer un novo artigo para a pereira comercial ou común, ou desenvolver directamente nel a pereira común (Pyrus communis) como fixeron en outras wikis. En ambos casos hase de refacer porque os contidos que ten non os vexo correctos, na miña opinión. Por certo, eu fixen Bioloxía pero non son un experto en botánica nin exerzo dela, o que podo aportar vale o mesmo que o sentido común de tódos. Agora tempo de lecer por diante :)--Pexego(conversa) 18:04, 2 outubro 2009 (UTC)
    • De momento a pereira brava xa ten o seu artigo... fáltanos unha imaxe, non atopo nengunha libre de dereitos. --Pexego(conversa) 14:15, 5 outubro 2009 (UTC)
    • Por certo, o nome común pereira silvestre é unha mestura do castelán peral silvestre co galego pereira brava, de ahí que o artigo finalmente reciba o nome de pereira brava. Por outro lado, na nosa terra chámase pereira brava a dúas especies dos xénero Pyrus (en Portugal incluso a unha terceira). Deixo o artigo de pereira brava a Pyrus cordata como falamos nun incio porque é a que ten máis referencias (aínda que teño que decir que non son as mellores). En calquera caso, ás veces, como agora, é un quebradeiro de cabeza que o nome do artigo sexa o do nome común. --Pexego(conversa) 14:21, 5 outubro 2009 (UTC)
      • Interwikis? Non hai pereira brava noutras linguas? --Atobar (conversa comigo) 14:23, 5 outubro 2009 (UTC)
    Só atopei unha ligazón externa, a do artigo piemontés.--RNC 14:51, 5 outubro 2009 (UTC)

    Graciñas aos dous. Qué rapidez! Como puxo RNC só en piamontés teñen artigo para pyrus cordata pero non ten imaxe. Non hai artigo en ningunha outra wiki para a nosa Pereira brava, é dicir, Pyrus cordata (están sen facer). Ligazóns externas teño... pero con copy. A única imaxe libre de licenza para Pereira brava é unha portuguesa en Share Alike, pero corresponde co que no sur de Portugal chaman Pereira: Pyrus bourgaeana e non a podo poñer, non é a mesma especie. Por outra banda retoquei e deixo o artigo Pereira cara a Pyrus communis (é dicir, a pereira común) por non liar a cousa, é o máis sinxelo cara o lector (como fixeron outras wikis). O xénero Pyrus recibirá un novo artigo. Había unha desfeita montada: o artigo da árbore na galipedia ligaba cos artigos do froito doutras wikis, e o noso artigo do froito non ligaba con nada. Amañei bastantes interwikis, agardo que os bots fagan o resto. O dito, a ver se alguén co tempo pode sacarlle unha foto a unha pereira brava. Pola miña zona non hai ningunha. --Pexego(conversa) 15:23, 5 outubro 2009 (UTC)

    Ligazóns externas modificadas (marzo 2019) editar

    Ola compañeiros editores,

    Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pereira brava. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

    Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

    Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de marzo de 2019 ás 04:57 (UTC)Responder

    Volver á páxina "Pereira brava".