Cortaderia

xénero de plantas

Cortaderia é un xénero con 25 a 35 especies de plantas herbáceas e perennes pertencentes á familia das poáceas. Distribúense por Sudamérica (15-20 especies), Nova Zelandia (4 especies) e Illa de Nova Guinea (unha especie).

EspeciesEditar

CultivoEditar

As especies de Cortaderia son moi altas, de 1,5-3,5 m de altura, con inflorescencias brancas ou violáceas, en plumeiro. Son moi empregadas como planta ornamental.

O nome común cortadeira, estritamente referido a C. selloana, é xeralmente aplicado a todas as especies do xénero (e ás veces, incorrectamente, para Erianthus e Saccharum ravennae).

Algunhas especies, notablemente C. selloana, C. jubata e C. rudiuscula, fixéronse especies invasoras en áreas de Nova Zelandia, costas de California, Hawai. Nesas áreas, e en calquera lugar con clima mediterráneo, deberíase evitar sementar especies de Cortadeira.

O nome do xénero Cortaderia é debido ás follas con bordos aserrados.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar