Cortaderia jubata

especie de planta

Cortaderia jubata é unha especie de planta da familia das gramíneas. Recibe tamén os nomes comúns da cortadeira, como por exemplo herba da pampa, pero cómpre non con confundila coa especie: Cortaderia selloana, que tamén recibe estes nomes comúns.

Descrición editar

Cortaderia jubata é similar ao seu parente máis extenso, á herba de pampa (Cortaderia selloana), mais pode acadar un tamaño máis alto podendo chegar a sete metros de altura como máximo. Esta herba é nativa dos Andes setentrionais, aínda que no resto de lugares onde habita é coñecida como unha especie invasora nociva, como por exemplo en California, onde foi probablemente introducida como unha atractiva planta ornamental. Todos os individuos son femininos. Reprodúcese por apomixia, na cal os embrións se converten sen fertilización. As follas cortan como coitelos e a inflorescencia é grande e rechamante. Estas son rosadas ou purpúreas cando son novas e co tempo vanse volvendo brancas.

Reprodución editar

Cada planta produce millóns de sementes por ano que se dispersan de xeito doado por varios métodos, incluíndo o vento, a auga, e a través do chan. A planta medra ben nas condicións proporcionadas polas costas frescas e húmidas, como por exemplo ocorre en California.

Cortaderia jubata como especie invasora editar

Ao igual que a herba da pampa, Cortaderia jubata é fóra dos Andes unha especie invasora que compite coa vexetación nativa, interfere coa paisaxe natural de ecosistemas únicos, e produce grandes cantidades de follaxe seco que poden dar lugar a incendios.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar