Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón , ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón , o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão , ou com --~~~~. Obrigado!

Arquivo de mensaxes antigas:   I
15/08/06 ao 16/11/18.
  
  II
16/11/18 ao 01/01/2011.
  

Hugo, revertín a túa edición, porque o mellor é manter xuntas as imaxes (non todos os navegadores as amosan igual, nin tampouco todas as pantallas, porque os tamaños cambian); o mellor é aliñalas e compactalos ao comezo dunha sección. Por outra banda, vin que retiraches beijo en portugués, e non sei da razón. En fin, soamente iso: informarche de que revertín a edición. --Atobar (conversa comigo) 00:03, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

O portugués, de pasado común co galego, é outra lingua, polo tanto non hai incoherencia por ese lado. O das fotos é o seguinte: o que ti ves cadrado, poida que non o vexa eu, porque as pantallas dos ordenadores varín de tamaño e resolución, e tal fan os navegadores. Non é o mesmo tirar de Chrome, que de Explorer ou de Firefox. Por iso, a forma máis neutral de colocar imaxes é a comezo dunha sección de primeiro orde. Así aseguras que queden aliñadas e permite que todos teñen unha visualización razoablemente similar. Outramente, por exemplo, pode ser que unha imaxe se solape con outra ou que onde ti ves cinco liñas aqueladas ao tamaño dunha foto eu vexo 2 e media. En conclusión, que aliñar un ficheiro debaixo de outro axuda a dúas cousas: permite unha visualización boa por parte de todos, e, non menos importante, axuda á edición de usuarios futuros. Non é nada agradábel andar á procura de ficheiro no medio dun corpo de texto, sobre todo para os editores que traballan/mos dunha forma máis mecánica ou corrixindo formato. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 01:01, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Morcego rateiro forestal editar

Ola, Hugo, en internet hai moitas referencias deste morcego como Morcego de Bechstein [1] pero só hai unha como morcego rateiro forestal, que parece máis ben unha tradución da súa forma castelá. Tes ti algunha outra referencia con ese nome?, creo que senón habería que proceder deixar só o nome de Morcego de Bechstein e titulalo así, non cres?--Cheluco 16:48, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, son interesantes os artigos sobre morcegos que estás a facer, só unha cousa se non tes fontes sobre a forma galega é mellor que deixes o nome científico como título e non traduzas automaticamente a forma castelá para o galego.--Cheluco 19:13, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

lavandeiras editar

Borreinos por non se corresponder co que dicía a fonte, non sei se mirei mal pero só dá datos da motacilla alba, sen distinguir entre as dúas subespecies e non se corresponde co que puña e dos demais non achega tampouco datos, mira ti por se eu mirei mal pero non atopo os datos que tiña a páxina:[2]--Cheluco 14:55, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Formato editar

Huguiño, que non che esqueza darlle formato [3]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:37, 10 de febreiro de 2011 (UTC)

As cores na cultura popular galega editar

Hugo, porfa. Engade no Modelo:Etnografía galega unha fila máis (antes de "outros") para as cores na cultura popular galega. Por agora levo feito os artigos correspondentes ás cores branca e negra, as´`i que con que engadas esas dúas abonda por agora. Non sei se haberá material sufiencite para cores coma verde ou azul ou amarela, pero si para vermello, por exemplo. Vai saber se buscando, buscando, aparece información para tódalas cores, pero segundo o vaia facendo xa o engadirei eu ó modelo, que iso xa sei como se fai. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 14:32, 25 de abril de 2011 (UTC)

  Feito!. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:53, 25 de abril de 2011 (UTC)

Miniproxecto "Día das Letras Galegas" 2011 editar

Ola, como andamos?

Fixen unha proposta na taberna que igual é do teu interese. Bótalle un ollo.

Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 19:48, 27 de abril de 2011 (UTC)

Ola Hugo22. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.

Para arranxalo:

  1. Os administradores poden mover imaxes a un novo nome, solicítao no taboleiro dos administradores
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros artivos e substitúe en ditos artivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e elimina o marcador {{NomeIncorrecto|...}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 20:45, 5 de novembro de 2011 (UTC)


Imaxe sen licenza editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Edificios Urzaiz.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Edificios Urzaiz.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios) . HombreDHojalata.conversa 09:58, 19 de novembro de 2011 (UTC)

Picidae editar

Boas Hugo. Lembra que a norma que seguimos na Galipedia é usar o nome común como título do artigo principal, así como á hora de titular categorías. É dicir: Pícidos debería ser o título do artigo principal e Picidae unha redirección; e así mesmo, categoría Pícidos, non Picidae. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 17:26, 30 de decembro de 2011 (UTC)

Bufo calamita editar

Boas Hugo. Acabo de ver que fixeches unha páxina de hómónimos desde Bufo calamita a 1) Hyla arborea, 2) Epidalea calamita. Para min que esa primeira opción é un erro e que a estroza non ten nada que ver cos Bufos, e que só sería válida a segunda opción. Antes de borrar preferiría saber a túa opinión. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:10, 28 de xaneiro de 2012 (UTC)

Artigos de edificios editar

Ola, Hugo! Fixen varias edicións nos artigos que creaches de Casa Mülder, Edificio El Moderno, Casa Torre de Pazos Figueroa e Casa Torre de Ceta e Arines. Incluín o marcador de coordenadas, púxenlle a interwiki (que se debe incluír ao traducir un artigo doutra wiki), e dinlle formato seguindo as normas da Galipedia ("Véxase tamén", "Notas" no canto de "Referencias"...). Amais, eliminei a categoría inexistente de "Monumentos da provincia de Pontevedra". Se vas traducir máis artigos de edificios de Vigo, por favor ten en conta estes aspectos.

Outra cousa: ollo coas traducións automáticas, pois o texto "Arquitectura da pedra en Vigo" que aparece no artigo en castelán, puxéchelo en galego como "Arquitectura dá pedra en Vigo".

Fantástico que retomases a túa actividade na wiki logo dun tempo sen a túa compañía! A seguir!!

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:25, 16 de setembro de 2012 (UTC)

Collage galegos de soa editar

Boas, creo é teu o collage Galegos de soa.jpg, non? Se non es ti esquece este comentario :), se es ti entón viña a avisarche de que van borrar o ficheiro en Commons. A razón é que unha das imaxes, a de Juana de ibarbourou.jpg. foi tamén borrada porque non tiña a información do autor e entón non se pode usar no collage. Se queres podería usarse outra imaxe de Juana que está correctamente licenciada en Commons, esta, ou poñer a outro persoeiro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:48, 24 de outubro de 2012 (UTC)

Páxinas con ligazóns rotas a ficheiro editar

Boas Hugo. Resulta que a túa páxina de usuario está na categoría de "Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros" porque tes ligazóns a ficheiros que non existen ou que teñen o nome mal. Cando teñas un momento, ¿poderías modificar a páxina para que non ligue a eses ficheiros e que non apareza nesa categoría? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 11:31 (UTC)Responder

Imaxe:BirdBeaksA-gl.svg editar

Ola Hugo22. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.

Para arranxalo:

  1. Os administradores poden mover imaxes a un novo nome, solicítao no taboleiro dos administradores
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros artivos e substitúe en ditos artivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e elimina o marcador {{NomeIncorrecto|...}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 00:15 (UTC)Responder

Datos dunha imaxe editar

Ola Hugo22.

Por favor. Poderías completar a caixa de datos de Ficheiro:Peixes azuis.JPG.

Graciñas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 24 de setembro de 2013 ás 12:46 (UTC)Responder

Proposta na taberna editar

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 09:29 (UTC)Responder

Gotemburgo editar

Sei que andas afastado, mais como ti moviches Gotemburgo a Göteborg, poderías botar un ollo a Conversa:Göteborg? Grazas! --Norrin (Fálame) 18 de marzo de 2014 ás 07:51 (UTC)Responder

Furafollas editar

Boas Hugo, teño unhas dúbidas cos artigos furafollas pequeno e furafollas ibérico e como ti creaches os artigos espero que me poidas axudar. O problema está en que consultei no dicionario en liña da RAG o termo "musaraña" e di que é "Mamífero insectívoro da familia dos sorícidos", e o termo "furafollas" di que é o Philloscopus collybita un paxaro. Lameiro explicoume un pouco a historia destes termos, podes ver a explicación na miña conversa, e parece que hai un pequeno lío con estes nomes, polo que deberíamos atopar a forma de deixar ben claros os artigos.

Se o nome de furafollas ten un uso local, quizais o máis conveniente sería mover os artigos a musaraña pequena e musaraña ibérica (como o termo musaraña é o usado pola RAG penso que é o máis correcto para indicar o artigo do mamífero) e poñer neles unha nota indicando que nalgunhas zonas tamén pode ter o nome de "furafollas". Falo con todo o meu pouco coñecemento destes temas e só fundamentándome no que atopei no dicionario da RAG, quedo en espera da túa opinión para ver a mellor forma de aclarar este tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2014 ás 09:22 (UTC)Responder

Galencontro 2014 editar

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)Responder

Hohenzollern-Sigmaringen editar

Ola Hugo, o artigo Hohenzollern-Sigmaringen, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 08:23 (UTC)Responder

O mesmo pasa en América precolombina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:45 (UTC)Responder
Igual que en Condado de Aizkraukles, Condado de Balvu, Condado de Bauskas, Condado de Daugavpils, Condado de Dobeles, Condado de Jelgava, Condado de Kraslava, Condado de Liepāja, Condado de Ludzas, Condado de Madonas, Condado de Ogres, Condado de Saldus, Condado de Talsi, Condado de Valmieras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 10:18 (UTC)Responder
Tamén está marcado Arte contemporánea. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 12:21 (UTC)Responder
Igual pasa en Uppsala. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2017 ás 20:51 (UTC)Responder
E Anschluss. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2017 ás 21:43 (UTC)Responder

Posible violación de dereitos de autoría en Xente ao lonxe editar

Ola, Hugo22, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Xente ao lonxe, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas.--. HombreDHojalata.conversa 29 de setembro de 2017 ás 09:30 (UTC)Responder

Crítica xornalística editar

Boas, o artigo Crítica xornalística, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 19 de febreiro de 2021 ás 18:51 (UTC)Responder

Facer tamén as redireccións editar

Ola Hugo22.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, por exemplo "Wassily Kandinsky", quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 24 de novembro de 2021 ás 16:52 (UTC)Responder

 

Estilo no artigo LSE editar

Ola Hugo22. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo, con respecto ás túas edicións no artigo LSE.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 7 de febreiro de 2022 ás 16:41 (UTC)Responder

Jean Racine editar

Boas, o artigo Jean Racine, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 16 de marzo de 2023 ás 21:58 (UTC)Responder

Mísia editar

Boas, o artigo Mísia, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 23 de marzo de 2023 ás 17:34 (UTC)Responder

Cultura de Galicia editar

Boas, o artigo Cultura de Galicia, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2023 ás 20:22 (UTC)Responder

Varmia e Masuria editar

Boas, o artigo Varmia e Masuria, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 25 de novembro de 2023 ás 11:58 (UTC)Responder

Voivodato de Opole editar

Boas, o artigo Voivodato de Opole, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 25 de novembro de 2023 ás 12:01 (UTC)Responder

Klagenfurt editar

Boas, o artigo Klagenfurt, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 21:15 (UTC)Responder