Crítica xornalística
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
A Crítica xornalística trátase dun artigo xornalístico asinado que utiliza a modalidade do discurso expositivo-argumentativo dentro do arquixénero didáctico para expresar un xuízo razoado de valor sobre calquera produción na terreo da arte, o deporte e a cultura. Por iso pode facer:
- Crítica literaria
- Crítica teatral
- Crítica cinematográfica
- Crítica artística
- Crítica televisiva
- Crítica musical
- Crítica deportiva
A crítica contén polo xeral unha parte expositiva que pode ser mesmo unha ficha inicial cos detalles obxectivos. A crítica literaria pode adoptar a forma máis breve ou a máis longa e pormenorizada da recensión, que con frecuencia escapa ao xénero xornalístico e atopa acomodo nas revistas especializadas. Ha de constar dunha breve introdución sobre a traxectoria do autor e un exame e xuízo valorativo sobre a obra.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Crítica xornalística |