Arquidiocese católica latina de Minsk-Mahilioŭ

A arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 tiña 210.000 bautizados sobre unha poboación total de 4 800 000 habitantes. Dende 2021, o seu arcebispo é Iosif Stanieŭski.

Arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ
Archidioecesis Minscensis-Mohiloviensis Latinorum
Minsk Catholic Mary church.jpg
Datos xerais
Erixida15 de abril de 1783 (Mahilioŭ)
9 de agosto de 1798 (Minsk)
LocalizaciónBelarús
SufragáneasHrodna, Pinsk, Viciebsk
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

210.000 (4,4%)
4 800 000
Información
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo metropolitanoIosif Stanieŭski
Outros datos
BelarusMienskMahiliouArchdiocese.png

TerritorioEditar

A diocese abrangue as rexións belarusas de Minsk e Mahilioŭ, e a propia cidade autónoma de Minsk.[1][2] Limita ao leste coa arquidiocese de Moscova, ao norte coa diocese de Viciebsk, ao oeste coa diocese de Hrodna e ao sur coa diocese de Pinsk.[1][3]

A sé arcebispal é a cidade de Minsk, onde está a catedral de Santa María Virxe.[2][3][4] En Mahilioŭ está a concatedral da Asunción da Virxe e Santo Estanislau.[3][5]

O territorio está organizado en 6 vigairías e en 89 parroquias.

HistoriaEditar

Arquidiocese de MahilioŭEditar

O 15 de abril de 1783, co breve Onerosa pastoralis officii cura do papa Pío VI, foi erixida a arquidiocese de Mahilioŭ, en territorios até entón pertencentes á diocese de Smolensk e á diocese de Livonia. O 9 de agosto de 1798 cedeu territorio para erixir a diocese de Minsk, e ao mesmo tempo foi elevada ao rango de sé metropolitana.

En 1818 gañou territorios da suprimida diocese de Smolensk.

O 3 de xullo de 1848 cedeu territorios para erixir a diocese de Khersón.

En 1917 cedeu a xurisdición sobre os grecocatólicos para erixir o exarcado apostólico de Rusia.

O 22 de setembro de 1918 cedeu territorios para erixir a diocese de Riga.

O 8 de xuño de 1920 cedeu territorios para erixir a vigairía apostólica de Finlandia.

O 1 de xaneiro de 1921 cedeu territorios para erixir a vigairía apostólica de Siberia.

Diocese de MinskEditar

O 9 de agosto de 1798 foi erixida a diocese de Minsk, orixinalmente sufragánea da arquidiocese de Mahilioŭ, e formada en territorios pertencentes á mesma.

Arquidiocese de Minsk-MahilioŭEditar

O 13 de abril de 1991 o papa Xoán Paulo II, coa bula Ex quadam, uniu ambas sés, unidas xa in persona episcopi entre 1869 e 1917.[2] A nova sé metropolitana cedeu tamén territorio para erixir a administración apostólica de Novosibirsk.

O 13 de outubro de 1999 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a diocese de Viciebsk.

EpiscopoloxioEditar

Arcebispos metropolitanos de MahilioŭEditar

Bispos de MinskEditar

Arcebispos metropolitanos de Minsk-MahilioŭEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Мінска-Магілёўская архідыяцэзія" [Arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ]. Catholic.by (en belaruso). Véxase o mapa da arquidiocese. Arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ. Consultado o 20/04/2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Xoán Paulo II (1991). "Minscensis-Mohiloviensis Latinorum conditur archidioecesis" [Fúndase a arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ dos latinos] (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) (Libreria Editrice Vaticana). LXXXIII: 540–541. Consultado o 20/04/2022. Regiones civiles seu «Oblasti», ut ibidem incolae aiunt, Minsk, Mohilev et Vitebsk Archidioecesim constituent Metropolitanam, Minscensem-Mohiloviensem Latinorum appellandam, iisdem terminatam finibus quibus ad hoc usque tempus iidem «Oblasti» circumscribuntur, atque ipsius sedes in urbe quam inibi incolae Minsk appellant locatur. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Metropolitan Archdiocese of Minsk–Mohilev" [Arquidiocese metropolitana de Minsk-Mahilioŭ]. GCatholic.org (en inglés). Consultado o 20/04/2022. 
  4. "Мінск — архікатэдра Імя Найсвяцейшай Панны Марыі" [Minsk - Catedral do Nome da Santa Virxe María]. Catholic.by (en belaruso). Arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ. Consultado o 20/04/2022. 
  5. "Магілёў — парафія Унебаўзяцця Найсвяцейшай Панны Марыі і св. Станіслава" [Mahilioŭ - parroquia da Asunción da Santa Virxe María e Santo Estanislau]. Catholic.by (en belaruso). Arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ. Consultado o 20/04/2022. 
  6. Santos Hernández, Ángel (1998). Jesuitas y obispados 2. Universidade Pontificia Comillas. p. 420. ISBN 9788489708990. 
  7. Prokop, Krzysztof Rafał (2001). Sylwetki biskupów łuckich. Ośrodek "Wołanie z Wołynia". p. 172. ISBN 9788391191873. W Ołyce spędził Dederko ostatnie trzynaście lat życia i tam też zmarł 13 II 1829 
  8. Sułkowski, Wincenty A. (1889). Kartka z dziejow kosciola katolickiego w Rosyi. p. 17. 
  9. Granat, Wincenty; Gryglewicz, Feliks; Łukaszyk, Romuald; Sułowski, Zygmunt, eds. (1973). Encyklopedia katolicka. 10 (Krzyszkowski-Lozay). Tow. Nauk. Katolickiego Uniwersytetu Lubelskiego. ISBN 9788373061958. 
  10. 10,0 10,1 Rabikauskas, Paulius (1978). Relationes status dioecesium in magno ducatu Lituaniae (en latín) 2. Academia Lituana catholica scientiarum. p. 444. 
  11. Cakuls, Jānis (2001). Latvijas Romas Katol̦u baznīcas vēstures materiāli: XX gadsimts. Rīgas Metropolijas kūrijas izdevums. p. 818. ISBN 9789984619392. 
  12. Judycka, Agata; Judycki, Zbigniew (2000). Polonia: słownik biograficzny. Varsovia: Wydawnictwo Naukowe PWN. p. 144. ISBN 9788301131869. 
  13. Lentz III, Harris M. (2009). Popes and Cardinals of the 20th Century: A Biographical Dictionary (en inglés). McFarland. p. 183. ISBN 9781476621555. 
  14. Nir, Roman; Szczerbiński, Marek; Wasilewski, Krzysztof (2012). W nieustannej trosce o polską diasporę (en polaco). Polska w Świecie. p. 133. ISBN 9788393351015. 
  15. 15,0 15,1 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (14/06/2006). "Rinunce e Nomine - Rinuncia dell’Arcivescovo Metropolita di Minsk-Mohilev (Bielorussia) e nomina dell’Amministratore Apostolico sede vacante". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede. 
  16. 16,0 16,1 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (03/01/2021). "Rinunce e Nomine - Rinuncia dell’Arcivescovo Metropolita di Minsk-Mohilev (Belarus) e nomina dell’Amministratore Apostolico sede vacante". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede. 
  17. Sala Stampa della Santa Sede, ed. (14/09/2021). "Rinunce e Nomine - Nomina dell’Arcivescovo Metropolita di Minsk-Mohilev (Belarus)". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede.