Acta Apostolicae Sedis

As Acta Apostolicae Sedis (en latín, "Actas da Sé Apostólica"), polo xeral citadas como AAS, é unha publicación oficial da Santa Sé con periodicidade mensual.[1] Contén todos os decretos principais, encíclicas, decisións das congregacións romanas e as novas dos nomeamentos eclesiásticos.

Emblema da Sé Apostólica.

Descrición editar

Foi estabelecida polo papa Pío X co decreto Promulgandi Pontificias Constitutiones do 29 de setembro de 1908, e a súa publicación comezou en xaneiro de 1909.[2] A lexislación canónica contida considérase promulgada ao ser publicada, e é efectiva tres meses logo da publicación.[3]

Substituíu outra publicación similar que existía dende 1865, baixo o título de Acta Sanctae Sedis.[4] Malia non estar oficialmente designada como a forma oficial de promulgación de leis da Santa Sé, o 23 de maio de 1904 foi declarada un órgano da Santa Sé, e que todos os documentos nela publicados eran auténticos e oficiais. As Acta Sanctae Sedis deixaron de publicarse catro anos máis tarde.[4]

As versións oficiais dos documentos son as que aparecen nas Acta Apostolicae Sedis, e publícanse principalmente en lingua latina, aínda que ocasionalmente inclúen documentos noutras linguas.[4] Dende 1929 inclúen un suplemento en lingua italiana, chamado Supplemento per le leggi e disposizioni dello Stato della Città del Vaticano, coas leis e regulacións civís da Cidade do Vaticano.[5]

Notas editar

  1. "Acta Apostolicae Sedis". Dialnet (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2014. 
  2. Frank Leslie Cross, Elizabeth A. Livingstone (edición) (2005). Oxford University Press, ed. The Oxford Dictionary of the Christian Church (en inglés). p. 11. ISBN 9780192802903. 
  3. Codex Iuris Canonici. Can. 8 — § 1. Leges ecclesiasticae universales promulgantur per editionem in Actorum Apostolicae Sedis commentario officiali, nisi in casibus particularibus alius promulgandi modus fuerit praescriptus, et vim suam exserunt tantum expletis tribus mensibus a die qui Actorum numero appositus est, nisi ex natura rei illico ligent aut in ipsa lege brevior aut longior vacatio specialiter et expresse fuerit statuta. 
  4. 4,0 4,1 4,2 John P. Beal (2000). Paulist Press, ed. New Commentary on the Code of Canon Law. p. 60. ISBN 9780809140664. 
  5. Luciano Mazzei (1997). L'erma di Bretschneider, ed. Chiesa e informazione. I mass media della Santa Sede. p. 103. ISBN 9788870629873. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar