Zygmunt Łoziński

Zygmunt Konstanty Antoni Łoziński, nado o 5 de xullo de 1870 en Baracina (Imperio Ruso, hoxe Belarús) e finado o 26 de marzo de 1932 en Pinsk (RSS de Belarús), foi un bispo da Igrexa católica latina polaco, bispo de Minsk entre 1917 e 1925, e posteriormente bispo de Pinsk até o seu pasamento.

Zygmunt Łoziński
Bispo da Igrexa católica latina
(Igrexa católica)
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1870 en Baracina, Imperio Ruso
Pasamento26 de marzo de 1932 en Pinsk, RSS de Belarús
Ordes
Ordenación sacerdotal23 de xuño de 1895
Consagración episcopal28 de xullo de 1918, por Aleksander Kakowski
Bispo de Pinsk
1925 - 1932
SucesorKazimir Bukraba
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Zygmunt Łoziński naceu o 5 de xuño de 1870 en Baracina, preto de Navahrudak, entón parte da gobernación de Grodno do Imperio Ruso.[1][2] Estudou en Varsovia e posteriormente en San Petersburgo, onde se graduou pola Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo en 1891.[1][2]

Foi ordenado sacerdote o 23 de xuño de 1895, e pasou a exercer a docencia no seminario e nunha escola secundaria en San Petersburgo.[1][2] Posteriormente foi sentenciado por "patriotismo polaco" polas autoridades rusas o 17 de novembro de 1898 a tres anos de reclusión nun convento en Aglona (Letonia).[1] En 1900 foi nomeado vigairo parroquial en Smolensk e posteriormente reasignado a Tula en 1901, a Riga en 1902, e a Minsk en 1904.[1][2] En 1905 Łoziński foi nomeado reitor da catedral de Minsk. En 1906 volveu a San Petersburgo, dando clases de Hebreo e Estudos bíblicos na Academia Católica.[1] Entre 1909 e 1911 acompañou a Jan Cieplak, bispo auxiliar de Mahilioŭ, na súa visita ás diferentes parroquias do Imperio.[1] A partir de 1912 continuou os seus estudos en Alemaña, Roma e Terra Santa.[1]

O papa Bieito XV nomeouno bispo de Minsk o 2 de novembro de 1917.[1][2] Recibiu a consagración episcopal o 28 de xullo de 1918 en Varsovia, de mans do cardeal Aleksander Kakowski.[1][2] Comezou a súa tarefa reorganizando a diocese e comezando a estrutura do Seminario Teolóxico de Minsk.[2] Logo da ocupación da cidade polos bolxeviques, as autoridades soviéticas arrestárono o 1 de agosto de 1920 acusado de "contrarrevolucionario" pero foi liberado o 11 de agosto.[1][2] Foi arrestado novamente o 4 de setembro e retido prisioneiro en Moscova durante 11 meses, e logo foi expulsado a Polonia, onde residiu en Navahrudak a partir de 1922.[1][2] O papa Pío XI nomeouno o 2 de decembro de 1925 bispo de Pinsk, e foi tamén profesor no seminario local.[1] Malia ser patriota polaco, introduciu o uso do belaruso na liturxia.[1] Finou o 26 de marzo de 1932.[1][2]

Premios e distincións editar

Foi condecorado coa Orde da Aguia Branca e coa Cruz do Valor de Polonia.[3]

Culto editar

O proceso de beatificación comezou en Pinsk e no Vaticano. O proceso informativo comezou en 1957 e rematou en 1962.[1][2] O 4 de decembro de 1980 foi nomeado Servo de Deus.

A Congregación para as Causas dos Santos recibiu a positio en 1990, e os teólogos da congregación aprovaron a causa o 10 de decembro de 1992. O 2 de abril de 1993 o papa Xoán Paulo II declarouno Venerable.[2]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 Dzwonkowski, Roman (1998). Losy duchowieństwa katolickiego w ZSSR 1917-1939: martyrologium [O destino do clero católico na URSS 1917-1939: martiroloxio] (en polaco). Towarzystwo Naukowe Katolickiego Uniwersytetu Lubelskiego. pp. 332–334. ISBN 9788386668670. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Вінтоў, Яўген (30 de xullo de 2018). "100 гадоў таму Слуга Божы Зыгмунт Лазінскі стаў біскупам" [100 anos dende que o Servo de Deus Zygmunt Łoziński se converteu en bispo]. Catholic.by (en belaruso). Arquidiocese católica latina de Minsk-Mahilioŭ. Consultado o 18/04/2022. 
  3. Męclewska, Marta; Szczecina, Anna; Zawadzki, Michał, eds. (2005). Za ojczyznę i naród: 300 lat Orderu Orła Białego: wystawa w Zamku Królewskim w Warszawie 9 listopada 2005 - 31 stycznia 2006 [Pola patria e a nación: 300 anos da Orde da Aguia Branca: exposición no Castelo Real de Varsovia, 9 de novembro de 2005 - 31 de xaneiro de 2006] (en polaco). Arx Regia Ośrodek Wydawniczy Zamku Królewskiego. p. 447. ISBN 9788370221515. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Naruszewicz, Pietro (1982). Sigismondo Łoziński: eroico testimone di fede incomodo a molti, ma caro al Signore. Roma: Abilgraf. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Adam Wojtkiewicz
 Bispo de Minsk 
1917 - 1925
Sucesor:
Boļeslavs Sloskāns
(administrador apostólico)
Predecesor:
(non houbo)
 Bispo de Pinsk 
1925 - 1932
Sucesor:
Kazimierz Bukraba