Arquidiocese católica latina de Riga

(Redirección desde «Diocese católica latina de Riga»)

A arquidiocese de Riga é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 220.000 bautizados sobre unha poboación total de 1 230 000 habitantes. O seu arcebispo dende 2010 é Zbigņev Stankevičs.

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Riga
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 57°00′N 24°06′L / 57, 24.1Coordenadas: 57°00′N 24°06′L / 57, 24.1
Província eclesiástica católica (pt) TraducirEcclesiastical province of Riga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.201.975 (2017) Editar o valor em Wikidata (50,96 hab./km²)
Lingua usadalingua letoa Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Diocese (Ecclesiastical province of Riga (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Superficie23.587 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de outubro de 1923 Editar o valor em Wikidata
CatedralCatedral de São Tiago (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webkatolis.lv… Editar o valor em Wikidata

Territorio editar

A arquidiocese abrangue a parte nororiental de Letonia, que corresponde coa rexión histórica da Livonia. A sé arcebispal é a cidade de Riga, onde está a Catedral de Santiago.

O territorio está organizado en 73 parroquias.

Historia editar

Sé medieval editar

 
Mapa do principado eclesiástico de Riga en 1260 (en marelo).

En 1186 foi erixida a diocese de Üxküll (en letón, Ikšķile), onde san Meinardo construíra a primeira igrexa da Livonia; e orixinariamente a diocese era sufragánea da arquidiocese de Hamburgo-Bremen. O segundo bispo de Üxküll, o cisterciense Bertoldo, trasladou a sé episcopal a Riga, e a diocese mudou o seu nome polo de diocese de Riga en 1202. No mesmo ano, Albrecht von Buxthoeven fundou a orde de cabalaría da Milicia de Cristo de Livonia co propósito de cristianizar a rexión, daquela terra de fronteira entre pobos cristiáns e pagáns.

Nos anos seguintes cedeu territorios en varias ocasións para erixir novas dioceses: Lihula (1211), Curlandia (1219), Wierland (1220), e Ösel-Wiek (1228). En 1251 incorporou o territorio da suprimida Semigalia.

O 20 de xaneiro de 1255, coa bula Primatuum cathedras, o papa Alexandre IV elevou a Riga ao rango de arquidiocese metropolitana.

Logo da Reforma protestante, Letonia adoptou o luteranismo en 1561, o principado eclesiástico foi secularizado e a arquidiocese foi suprimida. No momento da súa supresión, a metrópole de Riga tiña as seguintes sés sufragáneas: Chełmno, Curlandia, Ösel-Wiek, Pomesania, Sambia, Dorpat, Reval e Varmia.

Sé restaurada editar

A diocese foi restaurada o 22 de setembro de 1918, en territorios até entón parte da arquidiocese de Mahilioŭ. Inicialmente, a súa xurisdición abranguía case a totalidade do territorio da república de Letonia.

En 1920 ampliou a súa xurisdición aos territorios da diocese de Samoxicia que estaban en territorio letón.

O 25 de outubro de 1923 foi elevada ao rango de arquidiocese co decreto Quum dioecesis Rigensis da Congregación Consistorial. Esta decisión era consecuencia do concordato entre o goberno letón e a Santa Sá do 30 de maio de 1922. O mesmo acordo estebeleceu que correspondía ao goberno letón proporcionar á diocese unha catedral e dun inmoble adaptado para ser a sé do arcebispado.

Logo dun referendo celebrado nos días 1 e 2 de setembro de 1923, a igrexa luterana de Santiago foi cedida á Igrexa Católica, e pasou a ser a nova catedral da arquidiocese.

O 1 de novembro de 1924 cedeu parte do seu territorio para erixir a administración apostólica de Estonia.

O 8 de maio de 1937 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a diocese de Liepāja, e pola bula Plurimum sane do papa Pío XI foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.

No período soviético, a arquidiocese de Riga pasou un longo período de sé vacante, entre 1958 e 1991.

O 2 de decembro de 1995 cedeu novamente territorios para erixir a diocese de Rēzekne-Aglona.

Episcopoloxio editar

Sé orixinal editar

Sé restaurada editar