Antón Reixa

escritor, músico cineasta galego
(Redirección desde «Antón Rodríguez Reixa»)


Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea. Renovador da poesía desde os anos 70, destaca tamén como intérprete musical, produtor e creador en varias das linguaxes audiovisuais. Desde os anos 90 Reixa converteuse ademais en figura popular comparecendo a través dos medios televisivo e radiofónico.

Infotaula de personaAntón Reixa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Antonio Javier Eulogio Rodríguez Reija Editar o valor em Wikidata
17 de abril de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , músico , mestre , director de cinema , cantante , videoartista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0718701 Bitraga: 4271 AELG: 74 Musicbrainz: 30245943-ca9c-4ea2-8862-d43af7a859e0 Discogs: 1350670 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tras cursar o Bacharelato no instituto Labor de Vigo, Reixa estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e entrou en contacto coas vangardas literarias. En 1976 fundou, xunto con Alberto Avendaño e Manuel M. Romón o Grupo Rompente. A vertente literaria de Reixa iníciase logo a finais dos setenta, cando publica en colectivo con Rompente Silabario da turbina e dentro da editora do mesmo nome a obra individual As ladillas do travesti. Seguiron ata a actualidade numerosos títulos de poesía.

Nun breve período foi profesor de lingua e literatura galegas, mais abandonou o traballo docente para profesionalizarse nos eidos da música, da videocreación e do audiovisual, desenvolvendo diversos labores (director, guionista, produtor etc.) e asinando algún dos maiores éxitos do sector no noso idioma. Realizou tamén incursións na radio[1] e nos xornais como editor de páxinas culturais ou columnista.

O 8 de maio de 2012 foi elixido presidente da SGAE,[2] posto que deixou o 16 de xullo de 2013.[3]

O 28 de outubro de 2016 tivo un accidente de tráfico na provincia de Valladolid ao quedar durmido conducindo, e pasou 18 días en coma inducido.[4]

En 2021 o Goberno de España concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes.[5]

Poesía editar

A traxectoria poética de Antón Reixa reinscribe o xénero, primeiro desde Rompente (grupo do que foi verdadeiro aglutinador e mentor[6]) e despois en solitario, nun discurso de contemporaneidade[7] que viña de actualizarse[8] en Europa e nos EE.UU a través da cultura pop underground e do punk, con ecos obvios das vangardas[9][10] (especialmente do dadaísmo e do surrealismo) e da oralidade espontánea presente no hip hop ou na regueifa. Son rastrexables ademais, tanto ao longo da súa obra coma en comparecencias públicas, as influencias de autores coma Xosé L. Méndez Ferrín[6], Edoardo Sanguineti, Julián Hernández, Bertolt Brecht, Daniel Salgado, Chus Pato ou Samuel Beckett.

Fortemente homoxénea e heterodoxa[11], moi recoñecible nas fórmulas expresivas (a retranca como filtro crítico é un dos sobranceiros sinais de autoría)[9] en canto á temática a poesía de Reixa aborda diversas frontes: as cuestións da identidade nacional[10] e da identidade de clase, o choque social entre a tradición e o capitalismo globalizado, a reformulación da vida e das relacións baixo o impacto constante da cultura posmoderna[8], o amor, o absurdo existencial etc. Son Galicia[12] e Vigo[13] os cronotopos referenciais da súa obra.

Música[14] editar

A comezos dos oitenta Vigo era un fervedoiro de bandas de rock and roll subversivo.[15] O ambiente tamén calou en Antón Reixa, que regalou a súa batería[16] ao seu amigo Julián Hernández coa condición de que formase un grupo. Desta forma naceu Maricruz Soriano y los que afinan el piano, coñecidos máis tarde como Siniestro Total.

Dous membros de Siniestro, Alberto Torrado e Xavier F. Soto, acompañaron a Reixa no lanzamento do grupo Os Resentidos en 1982, no que Reixa era o cantante. "Fai un sol de carallo" converteuse no seu primeiro éxito masivo. Antón Reixa é considerado precursor do movemento bravú.[17][18]

Os Resentidos deixaron paso en 1995 a outro proxecto, Nación Reixa, que o levou a colaborar co grupo vasco Negu Gorriak.

Ten escrito cancións para os grupos Na Lúa, Negu Gorriak, Xosé Manuel Budiño e Pancho Álvarez.

Audiovisual[19] editar

Entre 1987 e 1996 realiza diversos videoclips (case sempre en colaboración con Antonio Segade) para Joaquín Sabina, Duncan Dhu, Rosendo, Los Enemigos, Mikel Erentxun, Luz Casal, Esclarecidos, Los Secretos, Siniestro Total, Os Resentidos, Nación Reixa etc.

Tras producir e presentar na TVG o programa Galicia, Sitio Distinto (1990-91), en 1998 Reixa estreou a serie Mareas vivas, ambientada na Galicia mariñeira contemporánea, que bateu récords de audiencia[20] na canle autonómica ata o seu final en 2002.

Un ano máis tarde, con parte do equipo de Mareas vivas, Antón fundou Portozás Visión. O proxecto máis ambicioso da produtora foi El lápiz del carpintero[21] (2003), adaptación ao cine da novela O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas. Volveu dirixir unha longametraxe, Hotel Tívoli (2007).

Moitos dos proxectos de Antón Reixa como produtor (citemos o programa de 2006 para a TVG Somos unha potenzia, conducido polo actor Carlos Blanco Vila) presentáronse baixo o selo de Filmanova. Ten producido tamén contidos de entretemento e ficción para televisión (entre outras obras, Camarón, No sós vós, soy yo, El año de la garrapata, Lena, Diario de un skin, Fútbol de alterne, Tres días de abril etc.).

Obra literaria editar

 
Antón Reixa no ano 2008

Poesía editar

Narrativa breve editar

  • Transporte de superficie (1990) Moreno Ávila Eds., en galego e castelán; en galego, Edicións Positivas (1991).
 
Antón Reixa en 2009.

Obras colectivas editar

Libros de conversas editar

Teatro editar

  • Gulliver FM (1985), con Artello Teatro
  • Doberman (1994), con Teatro do Morcego[25]
  • O silencio das xigulas (con Legaleón, 1994)
  • Cerebro magullado 2 (con Óskar G. Mata, L´Alakran, 2003)
  • Estoy en misa, vuelvo enseguida (con Óskar G. Mata, L´Alakran, 2011)
  • Melancoholemia. Vida de Mamarracho (2020). Faktoría K. 64 páxs.

Obra audiovisual editar

 
Antón Reixa en 2012.

Televisión editar

Videocreación editar

Cine editar

Radio editar

Obra musical editar

Entrevista en Nós Televisión.

Discografía con Os Resentidos: editar

  • Surfin' CCCP (Grabaciones Accidentales, 1984; EP compartido con Siniestro Total).[30]
  • Vigo, capital Lisboa (GASA/DRO, 1984).
  • Fai un sol de carallo (GASA/DRO, 1986).
  • Música doméstica (Grabaciones Accidentales, 1987).
  • Fracaso tropical (Grabaciones Accidentales, 1988).
  • JEI (Grabaciones Accidentales, 1990). Elixido pola revista musical Rockdelux mellor disco nacional do ano.
  • Delikatessen (GASA, 1991).
  • Están aquí (GASA, 1993).
  • Made In Galicia 1982-1994 (GASA, 1994; recompilatorio).
  • Organización Nautilus (2021).

Discografía con Nación Reixa: editar

Outras: editar

Premios editar

Notas editar

  1. "Onte 505: Gabanza de Antón Reixa – Brétemas". Consultado o 2022-11-15. 
  2. "Reixa, crítico co uso da banda larga", 8 de maio de 2012, Galicia Confidencial.
  3. "Antón Reixa: «Soy una víctima del fuego cruzado de una red organizada»", 16 de xullo de 2013, La Voz de Galicia.
  4. “El coma es muy vulgar”, El País, 6 de maio de 2017 (en castelán)
  5. Pontevedra, Diario de (2021-12-28). "Antón Reixa, entre os galardoados coa Medalla de Ouro de Belas Artes". Diario de Pontevedra. Consultado o 2021-12-29. 
  6. 6,0 6,1 González Fernández, Helena (1997). "“rompente, ‘poderosa pomada’”". Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos: 47–83. 
  7. Diccionario da literatura galega. Vigo: Editorial Galaxia. ©1995-<[1997]>. pp. 529–530. ISBN 84-8288-019-5. OCLC 34669594. 
  8. 8,0 8,1 Diccionario da literatura galega / 4. Termos e institucións literarias. Vigo: Ed. Galaxia. 2004. p. 240 / 316. ISBN 84-8288-656-8. OCLC 176874733. 
  9. 9,0 9,1 Diccionario da literatura galega - ladilas do travesti, As. Vigo: Editorial Galaxia. ©1995-<[1997]>. p. 261-262. ISBN 84-8288-365-8. OCLC 34669594. 
  10. 10,0 10,1 Monteagudo Alonso, Antía (2018). "O concepto do poético en Alberto Pimenta e Antón Reixa". Falculdade de Letras - Universidade do Porto - MESTRADO EM ESTUDOS LITERÁRIOS, CULTURAIS E INTERARTES - RAMO EM ESTUDOS ROMÂNICOS E CLÁSSICOS. 
  11. Salgado, Ana (2008). "“Antón Reixa: ‘Hai moitos anos que cansei dese tal Reixa, paréceme algo prosma’”". Protexta (8): 2–5. 
  12. Rivas, Manuel (1989-05-17). "Antón Reixa: "El centro siempre nos derrota"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-11-15. 
  13. Rodríguez, Javier H. (2022-08-14). "Calvario y Coia, contestación y punk". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-11-15. 
  14. Salgado, Daniel (2021-05-23). "Antón Reixa: “Es posible que Galicia llegue a ser una nación independiente, pero ni lo hablemos entre nosotros, ni nos demos demasiada cuenta”". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-11-15. 
  15. "Antón Reixa". web.archive.org. 2006-05-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2006. Consultado o 2022-11-15. 
  16. Región, La (2020-01-12). "La Movida viguesa vuelve al escenario 40 años después". La Región (en castelán). Consultado o 2022-11-15. 
  17. "Documental «Galiza Bravú»: más de 15 años después del Rock Bravú - Tanaka Music" (en castelán). Consultado o 2022-11-15. 
  18. Cid, Alba (2011-01-01). "O patrimonio arroutado. O Rock Bravú e a pulsión normalizadora da "tropa da tralla"". Grial: revista galega de cultura, 191. 
  19. "Antón Reixa - AVG - AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-11-15. 
  20. "«Mareas vivas» vuelve esta noche a la TVG con una fiesta en Portozás". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-10-12. Consultado o 2022-11-15. 
  21. "El lápiz del carpintero (2003)" (en castelán). Consultado o 2022-11-14. 
  22. Salgado, Daniel (19 de outubro de 2018). "Esperanza e coraxe de Antón Reixa". Praza Pública. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2018. Consultado o 19 de outubro de 2018. 
  23. "Outlet [Antón Reixa]". A poesía necesaria. Consultado o 2022-11-13. 
  24. Rodríguez Fer, Claudio (xullo-agosto-setembro 1978). "SILABARIO DA TURBINA, por Rompente". Grial (61): 373–374. 
  25. "Teatro do Morcego - Doberman - CDAEM". www.teatro.es (en castelán). Consultado o 2022-11-15. 
  26. "Maruja Mallo, ángel o marisco - La2 - 2009". 
  27. "Galicia sitio distinto / AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-11-15. 
  28. "Ringo rango / Ringo rango AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-11-15. 
  29. "ANTON REIXA Y SU BULE BULE - Con Antón Losada (programa Radiovoz)". Consultado o 2022-11-15. 
  30. "Heroes de los 80. Surfin´CCCP - YouTube". www.youtube.com. Consultado o 2022-11-15. 
  31. "Julián Hernández & Antón Reixa - After shave (Álbum completo)". Consultado o 2022-11-15. 
  32. VIGO, A. S. / (2005-10-08). "La Fundación Érguete entregó anoche sus premios a la solidaridad". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-11-15. 
  33. "O investigador José Manuel Bértolo, o colectivo Rompente e o programa ‘Sempre en Galicia’ reciben os XXX Premios San Martiño de Normalización Lingüística - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-11-15. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar