Abrir o menú principal

Adela Figueroa

bióloga, activista e escritora galega
(Redirixido desde "Adela Figueroa Panisse")

Adela Clorinda Figueroa Panisse, nada en Lugo o 6 de decembro de 1948, é unha bióloga, activista e escritora galega.

Adela Figueroa
Adela Figueroa (AELG)-1.jpg
Nome completoAdela Figueroa Panisse
Nacemento6 de decembro de 1948
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta, escritora, bióloga, activista e profesor de secundaria
Fillostres
XénerosPoesía, narrativa e ensaio
EstudosCiencias Biolóxicas
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971. Catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1996. Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, foi tamén voceira de Nunca Máis en Lugo. Foi presidenta de ADEGA, das Amizades da Eira da Xoana e da Fundación Eira (Ramil, Agolada).

Participante nas reunións do Primeiro Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa en Río de Xaneiro de 1986. Vocal da Agrupación Cultural O Galo durante os anos de estudante en Compostela (1966-1970). Ten colaborado en diferentes revistas como Cerna ENCIGA ou, Agália, Portal Galego da Língua e en xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal.com, Vieiros e A Nosa Terra. "Praza Pública". "Sermos Galiza".

ObrasEditar

 
De esquerda a dereita: Isabel Vilalba, Adela Figueroa, Dora Cabaleiro e Elena Ferro na mesa redonda 'activismos pola sustentabilidade', mantida o 30 de novembro de 2018 na Casa das Letras en Ribadeo, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

PoesíaEditar

Obras colectivas de poesía
  • Xistral (desde 2004)
  • Poesias Escolhidas. Vozes De Um Alma (vol I) e O Melhor de Mim (vol. 2) (2014)
  • Abraço Poetico, Cabo Verde-Galiza, 2015
  • Sementes da Lingua, Angola-Galiza, 2016
  • Literarte, Lugo, 2015
  • Mesturas, Lugo 2015

NarrativaEditar

  • Madeira de mulher, 2011, Ediciós do Castro.
  • Atlantidae: Mulher D'Água, Relatos e poesía. 2017. Fundación Eira

EnsaioEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

  • O Rei da Floresta, 2011.Disco ( 2012). e Músicas de Xaquin Facal
  • O mistério da escada interior, Teatro Infanto-Juvenil. 2012, Ediciós do Castro.
  • Cloe a Amiguinha das Flores. Conto Cantado. Texto da autora. Música de Xaquin Facal. Edición dos autores. 2017

Premio de teatro Infantil "O Facho" 2018 com a obra Pingas (o ciclo da áuga para crianzas).

Outras obras colectivasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar