Agrupación Cultural O Galo

asociación cultural galega

A Agrupación Cultural O Galo é unha asociación cultural de Santiago de Compostela, que ten entre os seus obxectivos fomentar e pór en valor a creación cultural galega, divulgar a nosa historia e coñecer os lugares onde se produciron os principais feitos históricos así como os protagonistas dos mesmos, pór en debate os asuntos máis destacados que nos afectan como pobo e achegar a realidade social e cultural doutros pobos do mundo para promover o respecto á diversidade e ser capaces de apreciar a súa riqueza.

Agrupación Cultural O Galo
Logo
Tipoasociación cultural
Data de fundación1961
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://www.ogalo.gal/
Twitter: ACOGalo Youtube: UCJZgFn9Pp5se4H3o8UvovPg Pinterest: acogalo Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Foi fundada no ano 1961 por un nutrido grupo de intelectuais e artistas galeguistas, entre os que se pode destacar a Salvador García-Bodaño, Xulio Maside ou Ventura Cores Trasmonte. A súa primeira actividade pública foi a exposición 20 pintores galegos, a primeira grande exposición colectiva de arte do país durante o franquismo que foi inaugurada por Vicente Risco cun relatorio sobre Galicia e a revolución estética. Máis adiante, no ano 1963, sacou adiante a coñecida Campaña do peso pro Teatro Galego para poder dotar de fondos o Premio Castelao, impulsado simultaneamente pola mesma asociación, que buscaba dar recoñecemento á mellor obra de teatro en galego como resposta á marxinación do galego nun certame de teatro que organizaba o Sindicato Español Universitario (SEU), no que se admitían as outras tres linguas do Estado. O fallo do Premio Castelao converteuse nun acontecemento cultural no que participaban boa parte dos principais nomes do galeguismo, cunha cea literaria que se celebraba no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar