Isabel Vilalba Seivane

Activista galega

Isabel Vilalba Seivane, é unha activista, gandeira e sindicalista galega

Isabel Vilalba Seivane
 Vilanova
NacionalidadeGalicia
Ocupaciónlabrega
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Da nosa esquerda á nosa dereita: Isabel Vilalba, Adela Figueroa, Dora Cabaleiro e Elena Ferro na mesa redonda 'activismos pola sustentabilidade', mantida o 30 de novembro de 2018 na Casa das Letras en Ribadeo, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Neta de agricultores e filla de emigrantes en Suíza[1][2], co-rexenta unha explotación de vacún de leite e fabas en Lourenzá[3]. En xuño de 2012 foi elixida secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. Asemade, foi responsable da Secretaría das Mulleres do SLG.

Forma parte da directiva da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

As súas actividades como activista abranguen diversos campos, dende a organización agraria, pasando pola soberanía alimentaria[1] ou contra a minaría extractiva[4].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Entrevista a Isabel Vilalba, del Sindicato Labrego - Campo Galego". www.campogalego.com (en castelán). Consultado o 2018-12-02. 
  2. "Alternativas: Isabel Vilalba, una historia de lucha feminista por la Soberanía Alimentaria - Amigos de la Tierra". Amigos de la Tierra (en castelán). 2018-10-02. Consultado o 2018-12-02. 
  3. 20Minutos. "Isabel Vilalba, nueva secretaria xeral del SLG tras la dimisión de Carme Freire". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2018-12-02. 
  4. ""Volveré y seré millones"". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2018-12-02. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar