Usuario:O Breixo/Probas 2

Atallo:
WP:LE

O libro de estilo é unha enumeración das convencións ás que se chegou co obxecto de darlle un carácter máis homoxéneo aos artigos da Galipedia. Se todas as achegas seguen un estilo uniforme, resultará máis doado atopar a información, axudando tamén á mellora dos contidos por parte de quen sexa.

O estilo recomendado a continuación baséase nas propias cualidades técnicas do software MediaWiki que emprega este wiki, ademais de basearse en acordos que se seguen noutras wikipedias e mais os que se acordaron na propia Galipedia segundo os usos do galego. Existen diversas formas, todas boas, de redactar artigos. O obxectivo, pois, non é promocionar un único xeito de facer as cousas, senón máis ben evitar xeitos inadecuados.

Ligazóns internas

editar

A utilidade desta enciclopedia multiplícase co uso de ligazóns internas. Recoméndase utilizalas naquelas palabras e termos que axuden a comprender mellor e ampliar a información do artigo. No entanto, un exceso de ligazóns internas nunha páxina ten un efecto pouco estético, polo que non se debe abusar delas. Lembra non pór unha ligazón cada vez que apareza unha palabra: basta con ligar a primeira aparición desta.

Cómpre comprobar as ligazóns para asegurarse de que apuntan a onde deben e non a un artigo sobre outra materia cun título homónimo. Así mesmo, podes crear ligazóns a páxinas que aínda non existen pero, á hora de facelo, ten presentes as regras existentes para o título dos artigos. Deste xeito, se nunha páxina na que se cite o río Támega queres ligar co artigo que describa este río, terás que facer a ligazón río Támega, e non só Támega, que non levaría a ningures. Ou se queres ligar co papa Pío X terás que utilizar a fórmula Pío X, papa, que é o formato de título establecido para os papas. A ferramenta chamada "detector de homónimos" pode activarse nas preferencias para detectar e marcar con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de homónimos.

  o río Támega
  o río Támega
  nado en Lugo

Tempos verbais

editar

Ao redactar artigos para a Galipedia, recoméndase usar sempre formas verbais pretéritas para referirse a sucesos que aconteceron no pasado, especialmente nas seccións introdutorias.

  Miguel de Cervantes perdería unha man na batalla de Lepanto
  Miguel de Cervantes perde unha man na batalla de Lepanto
  Miguel de Cervantes perderá unha man na batalla de Lepanto
  Miguel de Cervantes perdeu unha man na batalla de Lepanto

No caso de usar outros tempos verbais, hai que ter tino con que a redacción non poida dar lugar a confusións.

Cómpre destacar tamén que se debe usar o pasado cando se engadan informacións que probablemente varíen co tempo, como tal, nos datos de poboación dun lugar determinado.

  Santiago ten 94 339 habitantes
  Santiago tiña en 2008 94 339 habitantes

Intemporalidade da información

editar
Atallo:
WP:INTEMPORAL

A Wikipedia é unha enciclopedia con vocación de futuro. A información que deamos nos artigos debe estar contextualizada no seu momento e recoméndase dar sempre unha referencia temporal, evitando así que a redacción leve a considerar actuais datos que só foron certos no seu momento.

  Mariano Rajoy Brey, actual líder da oposición
  Ronaldo actualmente xoga en tal equipo

Variantes galegas

editar

A Galipedia segue a normativa oficial do galego da RAG. Debido ás reformas producidas no ano 2003 na normativa, existen casos nos que hai dúas ou máis opcións válidas para a escrita dunha palabra. A norma aplicada dentro da Galipedia consiste en respectar as decisións do primeiro editor do artigo. Deste xeito, conservaranse ao longo dos artigos as solucións do tipo ó/ao, -ble/-bel, -ería/-aría ou Galicia/Galiza escollidas polo primeiro editor simplemente por motivos de coherencia. Se se fai un cambio dun amable por un amábel, ou viceversa, esta modificación será revertida. Convén lembrar que ambos os adxectivos son correctos, e non hai preferencia nin por un nin polo outro máis ca a que teña o usuario orixinal.

Maiúsculas

editar

Maiúscula inicial sempre tras un punto, pero non nos nomes comúns no texto.

  o Sueco é unha lingua xermánica
  o Porco Teixo pertence á familia

A letra inicial do título do artigo vai en maiúscula e o resto en minúscula. Isto obviarase no caso dos nomes propios, tanto de persoa (Manuel Murguía), como de lugar (Península Ibérica), de institución (eBay), dunha publicación (A Nosa Terra), ou ben un foguete espacial (Saturno V), entre outros.

  historia de Galicia
  Historia de Galicia

Os títulos das seccións van en letras minúsculas, agás a primeira letra.

  TRAXECTORIA
  Traxectoria

Negras

editar

As palabras resaltadas en negra, inda que de uso opcional, no se deberían abusar delas. Hai que ter en conta que un uso esaxerado delas pode desviar a atención dos lectores. O concepto que dá pé ao artigo debe aparecer na introdución en negra.

Espazos e signos

editar

Vírgulas, puntos e vírgulas, dous puntos e puntos sempre seguidos de espazo. Non se usa o dobre espazo. Os signos ? e ! non van seguidos de punto, xa o teñen incorporado.

  Cantos foron?Non se sabe
  Cantos foron?. Non se sabe

Abreviaturas

editar

As abreviaturas a. C. e d. C. para antes ou despois de Cristo.

  no século V a. C.
  entre os séculos VI a.c. e o I d.c.
  cultivada desde o VIII milenio adC
  os celtas, nos séculos VI e V a.d.C.

As unidades de medida non fan plural: 400 kg, 17 m, 50 000 l. Tampouco levan punto, salvo que sexa punto final.

  4 m de alto
  4 ms de alto
  4 m. de alto

Escríbense, salvo excepcións, con minúsculas.

  80 kg
  80 Kg

Números

editar

Aínda é estendido o xeito de separar os díxitos da parte enteira de tres en tres por un punto, pero recoméndase usar un espazo como separador e a coma decimal para separar a parte enteira da decimal,[1][2][3] a excepción dos anos nos que non se usa a separación.

  12 500 libros
  12500 libros
  12,500 libros

Nos números referidos a anos, páxinas, versos, portais de vías urbanas, códigos postais, apartados de correos, números de artigos legais, decretos, ou leis, non se empregará ningún separador de miles.

  9 de setembro de 1975
  9 de setembro de 1 975
  código postal 32846

Os decimais sepáranse por vírgulas, non por apóstrofes, nin por puntos.

  unha altura de 4,3 metros
  unha altura de 4'3 metros
  representa o 4.22% da produción

Os minutos e segundos, como unidades de tempo, represéntanse co nome completo, minutos e segundos, respectivamente, e non se deben confundir cos minutos e segundos dun ángulo.

  a marca está en 3 minutos 12 segundos
  a marca está en 3' e 12"
  un ángulo de 44° 30' e 40"

Cursiva

editar
Atallo:
WP:CURSIVA

Póñense en cursiva as palabras procedentes doutros idiomas que aínda non foron asimiladas.

  un existencialista avant la lettre

Palabras cando se fala da palabra en si ou nas letras cando se fala da letra en si (tamén se pode usar <>, pero lémbrese que isto tamén pode denotar un marcador HTML e para evitalo debe usarse <nowiki>).

  dixo purguratorio en vez de purgatorio
  o dígrafo nh provén do provenzal

Póñense en cursiva os títulos de cousas que teñen entidade propia. Así diferéncianse os títulos das novelas e series de televisión dos títulos de poemas e episodios, que irán entre aspas. En particular, van en cursiva: os títulos de libros, xornais e revistas: A nosa cinza. (Unha excepción son a Biblia en si, os libros da Biblia e o Corán), os títulos de obras de teatro, películas e series de televisión ou radio, os títulos de composicións musicais longas (p.ex. óperas ou álbums), títulos de videoxogos, etc

  A nosa cinza
  Otelo
  Madamme Butterfly de Puccini
  World of Warcraft

En bioloxía, o xénero, subxénero, especie e subespecie[4] (agás en virus nos que, segundo as directrices do ICTV, as ordes, familias e subfamilias tamén se escriben en cursiva).[5]

Aspas ou comiñas

editar

É posíbel pór aspas arredor de palabras ou frases que se usan nun sentido non literal e para introducir por primeira vez conceptos non familiares para o lector. Tamén se usan para os títulos de cousas que forman parte dunha entidade maior. Non se poñen no título do artigo. En particular, van entre aspas os títulos de artigos de xornais e revistas, capítulos de libros e ensaios, capítulos de series de televisión ou radio, cancións e composicións musicais breves, poemas, etc

  "Seek & Destroy" do álbum de Metallica Kill 'Em All

Como vimos, tamén se pode usar para grafías (grafemas ou dígrafos) no canto da cursiva (nh ou <nh>). Con todo, estas aspas son un pouco distintas (cf. ⟨a⟩ vs. <a>).

Títulos

editar

Esta guía debe seguirse para os títulos dos artigos dentro da Wikipedia. Deben coincidir co tema xeral que tratan os contidos do artigo e serán tan curtos como sexa posible; existe unha restrición en canto á lonxitude, pero non é habitual atinxila. Á hora de crear é recomendable ver cómo están nomeados outros artigos semellantes; quizais antes de crear un artigo moi específico sería bon ampliar un artigo existente cun título máis xeral e engadir unha nova sección, crear dous artigos e dividir a información.

  Historia do Exipto baixo Muhammad Alí e os seus sucesores
  Dinastía de Muhammad Alí
  Historia moderna de Exipto
  Historia contemporánea de Exipto

Cando as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego dan, entre as opcións aceptadas, unha opción preferente, emprégase a opción preferente.[6]

  Sitio de Acre
  Asedio de Acre
  Cerco de Acre

Van en singular, salvo se son conceptos colectivos que perdan o seu significado cando se expresen en singular.

  Centola
  Centolas
  Linguas románicas
  Montes Urais

A letra inicial do título do artigo vai en maiúscula e o resto en minúscula. Isto obviarase no caso dos nomes propios, tanto de persoa (Manuel Murguía), como de lugar (Península Ibérica), de institución (eBay), dunha publicación (A Nosa Terra), ou ben un foguete espacial (Saturno V), entre outros.

  centola

O habitual é tamén omitir os artigos iniciais a, o, as, os, un, unha, uns ou unhas coas correspondentes contraccións coas preposicións, a menos que formen parte dun nome propio.

  A centola
  A Coruña

Os caracteres especiais, como a barra (/), o signo máis (+) e os corchetes ({ } e [ ]), deben evitarse. O último carácter visible dun título non debe ser un signo de puntuación, salvo que a puntuación sexa parte dun nome propio, unha abreviatura ou unha paréntese ou comiña de peche; é dicir, salvo un signo que achegue información.

  Centola.

Introdución

editar

Todos os artigos deben comezar cunha explicación breve que enuncie, nunhas poucas liñas, os trazos máis xerais do concepto. Após a lectura desta introdución débelle quedar claro a quen o lea o fundamental sen necesidade de ir ao resto do artigo. Esta introdución non debe ser unha definición; o lugar para elas é o Galizionario.

  Crustáceo mariño da orde dos decápodos...

O concepto que dá lugar ao artigo debe aparecer neste parágrafo introdutorio en letra negra e en contexto. Se ese concepto é coñecido por máis nomes e se mencionan na introdución, tamén irán en negra. Non obstante, hai que evitar que eses termos conteñan ligazóns.

  A centola é unha especie de crustáceo mariño da orde dos decápodos...

Nas biografías, por exemplo, ponse por título o nome polo que é mellor coñecida a personalidade, reservando a mención do nome completo, xunto coas datas de nacemento e morte, a nacionalidade, a razón da súa condición (profesión, implicación en determinados feitos etc.) e outra información relevante (títulos de obras etc.), para a introdución.

  Enrique Sánchez-Guerra Mosquera, coñecido como Enrique Guerra, finado en Pontecesures en 1948, foi un fotógrafo e xornalista galego.

Na introdución dos artigos, polo xeral, non fai falla incluír referencias, dado que o único que fai é resumir a información que despois se tratará no desenvolvemento do artigo, no que si cómpren as referencias para a información achegada.

Índice

editar

O índice créase automaticamente cando unha páxina ten máis de tres seccións, e aparece por debaixo da introdución. Non é visible cando se está a editar a páxina, senón que xorde ao se visualizar. O seu aspecto define, resumidamente, a estrutura dividida en seccións da páxina, e grazas a el pódese ir ao comezo de calquera delas con premer na súa ligazón no índice. Nos artigos enciclopédicos, polo xeral, non se debe modificar o índice de forma manual.

Seccións

editar

As seccións axudan a unha mellor distribución do texto de xeito que este estea ordenado e sexa máis fácil atopar ou localizar os datos que interesan se o artigo é moi grande, así como facilitar a edición por anacos. Comprende varios parágrafos relacionados reunidos baixo un mesmo apartado. Non é bo crear demasiadas seccións, pero tampouco o é poñer moitos parágrafos seguidos sen diferenciación. Os títulos utilizados nas seccións, polo tanto, deben ser claros e nunca ambiguos ou demasiado xerais. O modelo básico xenérico é Wikipedia:Modelo básico de artigo. Debe lembrarse que nalgúns casos, podes atopar axudas para a denominación e orde das seccións (v. Wikipedia:Lista de modelos e Categoría:Wikipedia:Modelos de estrutura de artigos), estando nalgúns casos estipuladas con especial profusión (Wikipedia:Modelo de concellos).

Niveis

editar

As seccións comezan a dividirse no segundo nivel de cabeceira (== cabeceira ==), xa que o primeiro nivel resérvase para o propio título do artigo e pode dar lugar a confusións na lectura do mesmo. Polo xeral, as seccións dos artigos deberían dividirse nos niveis 2,3 e 4 de cabeceiras, e non se recomenda pasar deste nivel. Se hai algún caso excepcional no que se supere o cuarto nivel de cabeceiras (==== cabeceira ====), a partir dese punto recoméndase empregar os títulos en negra (;Cabeceira), ou o modelo {{TOC límite|4}}, para que non se inclúan no índice e este non quede sobrecargado.

Títulos

editar

Asúmese que as seccións fan referencia ó tema principal do artigo, polo que xeralmente os títulos das seccións non deben referirse de forma redundante ó tema do artigo ou a cabeceiras de niveis superiores, agás en casos concretos nos que sirva para clarificar o contido. Deberían ser únicas dentro da páxina na medida do posible, para evitar que as posibles ligazóns cara seccións non dirixan á incorrecta e que os resumos de edición non sexan ambiguos.

  A súa traxectoria
  Traxectoria

Non deben conter ligazóns internas ou externas. Se fan referencia a un artigo que se considera axeitado ligar, debe facerse por medio dun modelo de tipo {{Artigo principal}} ou no propio corpo do texto.

  Imperio Romano
  Imperio Romano
Artigo principal: Imperio Romano.

Non deben incluír referencias ou notas ao pé. As referencias e notas relevantes deben ir incluídas no texto do artigo.

  Traxectoria[1]

Non deben conter imaxes, incluíndo iconas de bandeiras e símbolos <math>...</math>.

  👤 Traxectoria

Non deberían incluír frases e puntuación interrogativa ou de exclamación. Salvo en casos específicos, como títulos de obras ou semellantes.

  Traxectoria?

Cómpre evitar comezar por números para reducir a posible confusión coa numeración automática de cabeceiras.

  1. Traxectoria

Modelos marcadores

editar

Cando se inclúan os marcadores {{Artigo principal}} (ou {{AP}}), {{Véxase tamén}} (ou {{VT}}) ou {{Véxase tamén categoría}}, estes deben colocarse directamente debaixo das cabeceiras da sección correspondente, antes de calquera imaxe ou texto desa sección. Estes marcadores permiten múltiples artigos como parámetros, polo que deben usarse desa forma e non con múltiples instancias do modelo en cuestión. De usarse ámbolos dous tipos nunha mesma sección {{Artigo principal}} irá antes que {{Véxase tamén}}.

As notas inclúense no texto entre etiquetas <ref>...</ref> e aparecen automaticamente onde coloquemos a etiqueta <references /> ou o marcador {{Listaref}}. As etiquetas de referencias deben ir colocadas seguidamente despois do texto ó que aplican, sen espazos entre o texto e a etiqueta. Calquera tipo de puntuación debe situarse antes á etiqueta de notas. As referencias adxacentes non deben ter espazos entre elas.

Excepcións: As etiquetas de referencias colócanse antes dos guións, e antes do peche de parénteses cando a nota ou referencia aplica a un dato dentro deles.

  Algunhas aves non poden voar,[1] e teñen ás máis pequenas que outras aves.[2][3]
  París non é a capital de Inglaterra —a capital deste país é Londres[4]— senón de Francia.[5]
  Kim Jong-un (coreano: 김정은;[6] Hanja: 金正恩[7]) é fillo de Kim Jong-il.[8]

Pode darse o caso de que unha mesma referencia xustifique (ou simplemente apareza en) varias partes dun artigo. Nese caso, á primeira ocorrencia da referencia, a primeira vez que a describimos entre as etiquetas <ref> e </ref>, haberá que asignarlle unha palabra clave. Isto faise mediante name="palabra clave" dentro da etiqueta inicial. Vexamos un exemplo:

Isto é así<ref name="libro1">Isto aparece no Libro 1.</ref>.

En adiante, o resto de referencias faranse incluíndo unha barra inclinada despois da palabra clave do mesmo xeito que na primeira ocorrencia da referencia, coma no seguinte exemplo (continuación do anterior):

Isto é así<ref name="libro1"/>.

Véxase tamén

editar

A meirande parte dos artigos rematan cunha sección denominada Véxase tamén, na que se listan conceptos relacionados que axudarán a comprender mellor ou complementar o tema. Trátase dunha lista sen explicacións, tan só conta coas ligazóns. Esta sección pode incluír unha bibliografía, unha lista de artigos relacionados cos que se pode ampliar o tema de que trata o artigo e ligazóns a sitios web externos.

Tradución das citas na lingua orixinal

editar

As citas textuais incluídas no corpo dos artigos, mediante o uso de modelos do tipo {{cita}}, {{cadro de citas}} ou directamente no propio texto, tradúcense ó galego sempre que sexa posible. Nos casos nos que se destaque dita cita, cómpre indicar de forma visible que é unha tradución da cita orixinal ó galego, e en tódolos casos requírese unha referencia que indique a fonte ou ligue o texto da cita orixinal segundo indica a política correspondente.

En determinadas ocasións pode considerarse axeitado incluír o texto da cita na lingua orixinal en forma de nota o pé, ou no propio corpo do artigo acompañando á tradución ó galego. Este último caso adoita darse cando o texto na lingua orixinal ten unha certa relevancia por si mesmo, fornece contexto adicional ou resulta importante que vaia destacado no corpo do artigo. Isto pode suceder, por exemplo, cando se precisa explicar unha etimoloxía, en poemas, cancións, himnos ou textos literarios, cando se quere resaltar unha expresión ou redacción concreta, cando se representa un documento oficial ou cando a cita na lingua orixinal ten unha notoriedade particular que trascende incluso noutras linguas. A idoneidade de incluír o texto da cita na lingua orixinal nunha nota ó pé ou no corpo do artigo dependerá en cada caso do criterio e/ou acordos do editor ou editores participantes no artigo concreto. Ademais, cando o texto citado é de por si unha tradución do texto orixinal noutra lingua diferente, non se considera axeitado nin útil a súa inclusión no propio corpo do artigo. A inclusión ou non deste tipo de textos en forma de nota ó pé dependerá de novo do criterio do editor ou editores.

Referencias e bibliografía

editar

Para as obras, webs e publicacións empregadas como referencias, bibliografía e ligazóns externas, cómpre incluír unha indicación do idioma no que están cando este sexa distinto do galego. Cando se empregan os modelos de citas, esta indicación inclúese no parámetro |lingua=, preferentemente usando o código de lingua correspondente.

  Evans, Richard J. (2005). The Third Reich in Power (en inglés). Nova York: Penguin Group. ISBN 978-0-14-303790-3.
  Michel, Henri (1990). La Segunda Guerra Mundial. T. I, Los éxitos del eje: septiembre de 1939-enero de 1943 (en castelán). Akal. ISBN 9788476006207. 

No caso de que as maioría das referencias empregadas nun artigo estean nun mesmo idioma, distinto do galego, poden obviarse as indicacións deste idioma nelas e incluír unha indicación do idioma xeral das referencias. Tamén se pode empregar o modelo {{Todas as ref}} para este propósito. Exemplo:

== Notas ==
''Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.''
{{Listaref}}

Por norma xeral, recoméndase que as entradas bibliográficas na sección "Bibliografía" ou nas referencias dos artigos non inclúan os autores en versaleta. O artigo debe seguir o mesmo criterio en tódalas entradas bibliográficas das referencias e bibliografía. Exemplo:

{{Cita libro |título= Teodosio Vesteiro Torres. Aproximación á súa vida e á súa obra|nome= M.|apelidos= Álvarez de la Granja |ano= 1998|editorial= Instituto de Estudios Vigueses|isbn= 84-89599-06-8|ref=harv}}
  Álvarez de la Granja, M. (1998). Teodosio Vesteiro Torres. Aproximación á súa vida e á súa obra. Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-06-8. 

Cando se use o modelo {{Listaref}} na sección de "Notas" para as referencias e notas, nalgúns casos cómpre indicar un parámetro de anchura para dividir en columnas a sección segundo a pantalla e resolución da pantalla do lector, particularmente nos casos nos que o artigo posúa moitas referencias ou notas aclaratorias. As instrucións de uso para as diversas opcións atópanse na páxina do propio modelo.

Categorización

editar

Categoriza se podes e sabes. Por norma xeral os artigos que posúan unha categoría propia de seu só se inclúen nesa única categoría, deixando o resto de categorías relevantes incluídas na páxina da categoría e non no artigo. En Wikipedia:Categorías están as indicacións de uso e creación das categorías.

Modelos

editar

Cabeceira

editar
Véxase tamén: Wikipedia:Homónimos.

As notas de cabeceira son notas curtas situadas na cabeceira dos artigos ou das seccións do mesmo. Estas notas de cabeceira axudan o lector a localizar un artigo diferente que pode que estean a procurar. O lector pode chegar a un artigo que conteña unha destas notas por medio dunha redirección, porque o artigo desexado emprega un título máis específico ou porque o artigo procurado e o artigo no que recae o lector teñen nomes moi semellantes. As notas de cabeceira fornecen unha ligazón interna ó artigo que pode estar buscando o lector ou a unha páxina de títulos homónimos.

As notas de cabeceira adoitan indicarse en letra cursiva, xusto antes do texto da introdución inicial e das caixas de información e imaxes que poida ter o artigo no inicio. Os modelos máis empregados habitualmente neste tipo de notas son {{Outros homónimos}}, {{Non confundir}} e {{Redirección}} para a cabeceira dos artigos.

As normas xerais para a inclusión deste tipo de notas de cabeceira son as seguintes:

  • As notas deben ligar, na medida do posible, directamente a os títulos dos artigos ou páxinas de homónimos, sen empregar ligazóns con máscaras (usando o carácter "|"). As ligazóns a redireccións tamén deben evitarse na medida do posible.
  • As explicacións deben manterse no mínimo posíble, incluíndo só a información vital necesaria para dirixir ó lector, deixando que sexa o propio texto e introdución do artigo o que axude a clarificar o tema tratado no artigo que contén a nota.
  • Só se deberían mencionar artigos doutros temas nos casos nos que hai unha alta posibilidade de que o lector chegue ó artigo por erro na procura dun tema completamente diferente.
  • Nos casos nos que un tema notable adoita coñecerse cun termo determinado, pero o artigo que leva ese termo no seu título trata sobre outro tema distinto, é moi recomendable engadir unha nota de cabeceira que ligue co tema concreto ou cunha páxina de homónimos dende a que se poida chegar a ese outro artigo.
  • Na medida do posible, deben limitarse as notas de cabeceira a unha por inicio de páxina. Isto tamén debe aplicarse na medida do posible ó uso deste tipo de notas de cabeceira nas seccións do artigo.

En progreso

editar

Cando un artigo está pouco desenvolvido é habitual colocar nel un marcador de traballo en progreso nel para indicar que precisa unha ampliación do seu contido. Estes marcadores inclúense ó final do artigo, baixo as caixas de navegación e o modelo {{Control de autoridades}} pero antes das categorías.


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Exemplos de estrutura de artigos

editar

Estrutura de Notas e Véxase tamén

editar
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
Ligazóns, se procede, aos proxectos irmáns da Galipedia:
{{Commonscat}} ou {{Commons}}
{{Wikispecies}}
{{Galifontes}}
{{Galizionario}}
{{Galilibros}}
{{Galicitas}}
{{Portal}}
=== Bibliografía ===
* Recoméndase empregar os marcadores {{Cita libro}} e/ou {{Cita publicación periódica}}.
=== Outros artigos ===
* Ligazóns entre [[ ]].
=== Ligazóns externas ===
* Ligazóns entre [ ].
{{Navbox1}}
{{Navbox2}}
{{Barra portal|portal1|portal2|portal3|...}}
{{Control de autoridades}}
{{En progreso}}/{{sen imaxe}}
{{ORDENAR:...}}
[[Categoría:...]]
  1. Adaptación española da norma internacional da Oficina Internacional de Pesas e Medidas
  2. Normas internacionais sobre a escritura de números e magnitudes
  3. Na Ortografía da lingua galega, de Begoña González Rei (Galinova Editorial, 2004), apúntase: "Frecuentemente utilízase o punto, aínda que nos últimos tempos se recomenda prescindir do punto e separar os millares cun espazo fino"
  4. Isto está indicado no Código de Nomenclatura Zoolóxica, Apéndice B6. Cita: "Os nomes científicos de taxons do grupo xénero ou especie deberían escribirse nun tipo de letra (fonte) diferente da usada no texto, ditos nomes imprímense xeralmente en cursiva, o cal non debería utilizarse para nomes de taxóns superiores..." (Orixinal: "The scientific names of genus- or species-group taxa should be printed in a type-face (font) different from that used in the text; such names are usually printed in italics, which should not be used for names of higher taxa."). International Commission on Zoological Nomenclature. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Apendices. Porén, no Código botánico adoptan na práctica o criterio de escribir todos os taxons con cursiva (ver por exemplo IAPT - Artigo 16)
  5. ICTV Rules of ortography. Cita: "In formal taxonomic usage, the accepted names of virus orders (e.g., Mononegavirales), families (e.g., Picornaviridae), subfamilies (e.g., Parvovirinae), and genera (e.g., Hepacivirus) are printed in italics and the first letters of the names are capitalized. Species names are printed in italics... Names of virus strains, on the other hand, are not italicized..." / "No uso taxonómico formal, os nomes aceptados de ordes de virus (por exemplo, Mononegavirales), familias (por exemplo, Picornaviridae, subfamilias (por exemplo, Parvovirinae) e xéneros (por exemplo, Hepacivirus) imprímense en cursiva e coa primeira letra dos nomes en maiúscula. Os nomes de especies imprímense en cursiva... Por outra parte, os nomes das cepas non se poñen en cursiva..."
  6. Real Academia Galega (2012) [1982]. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (PDF) (23ª ed.). Editorial Galaxia. ISBN 978-84-87987-78-6. VG 82-2012. 

  Volver á páxina de axuda.