Segismundo Casado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Segismundo Casado López, nado en Nava de la Asunción (Segovia) o 6 de outubro de 1893 e finado en Madrid o 18 de decembro de 1968, foi un militar español.
Segismundo Casado | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Segismundo Casado López |
Nacemento | 10 de outubro de 1893 |
Lugar de nacemento | Segovia |
Falecemento | 18 de decembro de 1968 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar, oficial e soldado |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de militar, ingresou con quince anos na Academia de Cabalaría de Valladolid. Ao estalar a guerra civil era membro da masonería, diplomado de Estado Maior e comandante da escolta do presidente da República.
Loitou no bando republicano. En 1936 foi ascendido a tenente coronel. Entre outubro e novembro de 1936 encargouse de treinar e organizar as Brigadas Mixtas do Exército Popular español. Participou na defensa de Madrid e na batalla do Jarama. Logo tomou parte na batalla de Brunete. Posteriormente foi xefe do XVIII e do XXI Corpos do exército e, posteriormente, do Exército de Andalucía. O 17 de maio de 1938, na fronte de Aragón, foi ascendido a coronel, substituíndo o xeneral José Miaja, foille encomendada a Xefatura do Exército do Centro.
Rotundamente contrario aos comunistas -cría que a guerra continuaba en beneficio da Unión Soviética- e convencido da inutilidade de proseguir a loita ata o final, rebelouse contra o goberno de Juan Negrín. Na noite do 5 ao 6 de marzo de 1939 creou en Madrid o Consello Nacional de Defensa que, mercé o apoio da 14ª División mandada polo líder anarquista Cipriano Mera, achegada desde Guadalaxara, e logo de seis días de loita, derrotou as tropas fieies ao goberno na capital. Os combates remataron o 12 de marzo.
O triunfo, saudado desde o xornal El Socialista como unha vitoria que impedía que a España republicana se convertese nunha colonia soviética, permitiu ao Consello Nacional de Defensa -liderado por Julián Besteiro- negociar con Franco, coa pretensión de obter unha paz negociada. Porén, non se obtivo resultado ningún, xa que o goberno de Burgos só aceptaba unha rendición incondicional. Ante a inminente entrada das tropas de Franco en Madrid, Segismundo Casado partiu cara a Valencia, e desde aí exiliouse en Marsella (Francia). Posteriormente, estivo exiliado en Gran Bretaña, Venezuela e Colombia.
Regresou a España en 1961, sendo xulgado e posteriormente absolto por un consello de guerra. Intentaría, en van, que se lle recoñecese o seu grao militar e que se lle permitise o reingreso no exército.