Paulo de Tarso

apóstolo
(Redirección desde «San Pablo»)

Paulo de Tarso, nado en Tarso cara ao ano 10 e finado en Roma arredor do ano 67, foi un predicador, o primeiro gran difusor do cristianismo entre os non xudeus ou xentís. O seu nome xudeu era Saulo. Adoita aparecer representado calvo e coa espada coa que foi decapitado.

Infotaula de personaPaulo de Tarso

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Παῦλος
(he) שאול‎ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(he) שאול התרסי Editar o valor em Wikidata
c. 5 Editar o valor em Wikidata
Tarso (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morteagosto de 64 ↔ 67 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Roma (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Apóstolo
44 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTarso
Éfeso
Mileto
Corinto
Atenas
Véria
Tiro
Cesarea Marítima
Kaloi Limenes
Acre
Myra
Sidón
Siracusa
Tesalónica
Alexandría de Tróade
Antioquía do Orontes
Salamina
Damasco
Xerusalén
Filipos
Paphos
Konya
Antioquía de Pisidia
Derbe
Listra
Roma Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónFariseo e cristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , rabino , viaxeiro , relixioso , teólogo , misioneiro , artesán Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresGamaliel Editar o valor em Wikidata
AlumnosLidia de Tiatira Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaGrego antigo, lingua hebrea, Koiné e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa12 de xullo
10 de febreiro
25 de xaneiro
18 de novembro Editar o valor em Wikidata
Símbolo iconográficoBarba, Túnica, Abrigo, espada, cabalo e almafí de elefante Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Cronoloxía
conversión de San Paulo
Incidente de Antioquía Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 587cd652-6b65-4305-ac2b-1d6b0dc9ad70 Discogs: 613443 WikiTree: Tarsus-1 Find a Grave: 19907 Editar o valor em Wikidata
Retrato de Paulo de Tarso, de Velázquez.

Traxectoria editar

Naceu probablemente en Cilicia (actual Turquía). Era un xudeu da seita dos fariseos, de cultura helenística e cidadán de Roma. Adicábase, como o seu pai, á fabricación de tendas de campaña, oficio que realizou toda a súa vida. Aos 19 anos recibiu na propia Xerusalén formación xudía farisea por parte do coñecido rabí Gamaliel.

Tras a proclamación por parte dun grupo de galileos de que Xesús de Nazaret, un predicador itinerante que anunciara o reino de Deus, resucitara tras ser crucificado por Poncio Pilatos, pasou a ser un acérrimo perseguidor desa nova crenza, incompatible coa súa adhesión ao fariseísmo. Participou na lapidación de Santo Estevo e acadou do Sumo Sacerdote, no ano 34, a encomenda de ir a Damasco na busca e captura dos cristiáns residentes nesa cidade. No camiño de Damasco, produciuse un accidente que lle privou da vista e supuxo a súa conversión á fe en Xesús de Nazaret como o Mesías agardado polo seu pobo.

Pasou un tempo formándose na casa de Ananías e, tras recuperar a vista, comezou a proclamar con entusiasmo e a fe que anteriormente denostara. Así o fixo na propia Damasco, onde sufriu persecución, e na provincia romana de Arabia. Xunto con Bernabeu, no ano 45, iniciou unha viaxe misioneira onde se produciu a conversión dun importante número de non xudeus. Percorreon Cilicia, Chipre e Pisidia.

No primeiro concilio na cidade de Xerusalén, houberon de dar conta da nova situación da conversión dos pagáns a Santiago o Xusto (coñecido como o irmán de Xesús), xefe da Igrexa desa cidade. Recibiran severas condenas por non esixir aos conversos a adhesión á Lei de Moisés e propiciar unha ruptura co xudaísmo, pero o concilio decidiu ao seu favor ao entender que non se podía poñer límites á libre acción do Espírito Santo.

No ano 50, emprendeu a segunda viaxe misional por Asia Menor, Macedonia e Grecia, permanecendo en Corinto máis dun ano. No ano 54, realizou a terceira viaxe polas mesmas áreas xeográficas.

Alí por onde pasaba ían creándose comunidades cristiás entre xentes xeralmente desfavorecidas e incultas reunidas ao redor do anuncio e a celebración da salvación gratuíta ofrecida por Deus a través de Xesús a todos os homes.

Aínda que non cuestionou a autoridade imperial, proclamou a Xesús como o auténtico e único kirios (Señor) do universo, en quen non había acepción de persoas (nin xudeu nin pagán, ni home nin muller, nin escravo nin libre), como o unxido (Christos) por Deus como Mesías prometido non só para os xudeus senón para todos os pobos da terra. Isto concitoulle incomprensións, aldraxes, persecucións, maltratos, torturas, intentos de asasinato e a prisión en Antioquía e Roma. El mesmo deu testemuño dun enfrontamento co mesmo Pedro a quen acusou de contemporizar cos xudaizantes influentes que tentaban impoñer a Lei de Moisés aos cristiáns non israelitas. Cando era levado prisioneiro a Roma, sufriu un naufraxio que lle permitiu anunciar o Evanxeo en Malta.

Fiel á súa fe ata o final, foi decapitado por sentenza imperial ao redor do ano 67, no contexto da persecución de Nerón. O suposto lugar da súa sepultura está ocupado dende o século IV pola basílica de San Paulo Extramuros, unha das sete igrexas de peregrinación de Roma.

Influencia editar

Mantivo correspondencia coas comunidades que ía fundando. Algunhas destas cartas, escritas en grego koiné están consideradas entre os documentos máis influentes da civilización occidental e son os primeiros testemuños escritos do cristianismo. Todas elas forman parte do Novo Testamento e os Pais da Igrexa entenderon que eran fonte de revelación e expresión da Palabra de Deus, o que explica a súa inclusión na Biblia de todas as Igrexas cristiás sen excepción. Estas danlle o título de apóstolo aínda que non coñecera a Xesús en vida. A única Igrexa na que as ideas paulinas semellan non ter callado é a Igrexa Etíope Tewahedo, onde seguen en vigor moitas prácticas do xudaísmo.

Tivo contactos con Pedro, Santiago e Xoán o Evanxelista.

Sen as cartas de Paulo de Tarso non se entende a filosofía de Agostiño de Hipona, o pensamento medieval europeo, o xansenismo, o movemento husita ou a doutrina de Martiño Lutero e os demais reformadores do protestantismo.

Pensamento editar

En Paulo de Tarso existe unha fonda raíz xudía; remítese aos patriarcas, particularmente Abraham e ás promesas feitas por Deus a Israel. Na súa cosmovisión apréciase certa influencia da cultura helenística e singularmente do estoicismo nas súas categorías éticas. Con todo, a súa experiencia relixiosa desenvolve nel unhas ideas certamente orixinais que condicionaron o fenómeno histórico do cristianismo.

Para Paulo de Tarso, toda a humanidade está escrava do pecado e a morte. A salvación non ven polo cumprimento da Lei de Moisés senón pola adhesión a Xesucristo (xustificación pola fe) aceptando nel o amor gratuíto de Deus (graza).(Rom. 3, 21-26). Ese Deus identifícase coa divindade única e exclusiva do xudaísmo e é a divindade descoñecida que *arelaban os pagáns.

Ese amor, manifestado na morte e resurrección de Xesús, ofrécese aos criminais e pecadores sen distinción de raza, sexo ou condición social. Nada pode afastar ao cristián dese amor (Rom. 8, 31-35) que fai nacer nel diversos carismas en beneficio de toda a comunidade.

O carisma máis importante e o único imprescindible é o ágape (en latín,caritas), (Corintios 13): amor desinteresado e sen límites que supera os desexos da carne (envexa, soberbia, xenreira, celos, lascivia, avaricia) e anticipa neste mundo a Vida Eterna á que os cristiáns están predestinados. Neste sentido, toda a Lei de Deus resúmese no amor ao próximo.(Gálatas 5, 13-15)

Xa non son precisos o Templo dos sacerdotes nin os preceptos rituais e morais, pois en Xesús os homes foron liberados para unha vida nova animada polo Espírito de Deus que lles permite experimentar a Deus como Abba (palabra aramea coa que Xesús designaba a Deus como Pai, e que Paulo non traduce ao grego).(Rom.8, 14-16). O que vive da fe é sacerdote, profeta e rei, e nada domina sobre el.

Xesús é o Christos, en quen o mesmo Deus se baleirou nunha humillación inconcibible, (kenose) abaixándose ata a condición de escravo e asumindo a morte calumniosa da Cruz; agora é, tras a súa resurrección, o Señor do Cosmos e da Historia, e retornará para renovar a Creación enteira destruíndo o pecado e a morte e facendo que todos vivan unha vida plena e feliz en Deus.

Estas concepcións están na base da doutrina da Graza e o pecado orixinal de Agostiño de Hipona, así como na doutrina da xustificación pola fe de Martiño Lutero e da predestinación de Xoán Calvino, eixos do protestantismo; a relativización do autoritarismo relixioso e civil que encerran son a cerna da reforma protestante, do desafío xermano á autoridade imperial, do puritanismo anglosaxón que daría lugar á revolución inglesa e a emancipación americana e son a principal fonte de inspiración do mundo cultural de tradición protestante británico, xermano, nórdico e norteamericano.

Escritos editar

 
A Conversión de San Paulo, fresco de Juan Bautista Celma na capela da Azucena ou de San Pedro, na Catedral de Santiago de Compostela

O primeiro escrito cristián é a súa primeira carta aos Tesalonicenses. Máis adiante escribiulles unha segunda carta.

Grandes epístolas:

Cartas da catividade:

  • Aos Efesios
  • Aos Filipenses
  • Aos Colosenses

Cartas pastorais:

  • I a Timoteo
  • II a Timoteo
  • A Tito
  • A Filemón.

A Carta aos Hebreos, que se acolle a súa autoridade, hoxe en día unanimemente non se considera da súa autoría directa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bart D Ehrman. Peter, Paul and Mary Magdalene: The Followers of Jesus in History and Legend; 304 pages, Oxford University Press,
  • Bart D. Ehrman. The New Testament: A Historical Introduction to the Early Christian Writings; 608 pages, Oxford University Press; ISBN 978-0-19-975753-4,
  • Hyam MacCoby. The Mythmaker: Paul and the Invention of Christianity; 238 pages, Barnes & Noble Books (1998); ISBN 978-0-7607-0787-6.