Balcáns

(Redirección desde «Península Helénica»)

Os Balcáns é o nome histórico e xeográfico que se usa para designar o sueste de Europa. A rexión ten unha superficie total de 550 000 km² e unha poboación de preto de 53 millóns de habitantes. Presenta unha orografía de abrupta. De feito, a rexión toma o nome da cordilleira dos Balcáns, que se estende desde o centro de Bulgaria até o leste de Serbia, no seu límite occidental, e até o mar Negro pola parte oriental.

Modelo:Xeografía físicaBalcáns
Imaxe
Tipopenínsula
rexión cultural
rexión histórica
rexión xeográfica Editar o valor en Wikidata
EpónimoCordilleira dos Balcáns Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°N 22°L / 42, 22
Bañado porMar Mediterráneo, mar Adriático, Mar Xónico, Mar Exeo e Mar Negro Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Punto máis altoMusala Editar o valor en Wikidata  (2.925,4 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie470.000 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453055

Por outra parte conforma unha península que, aínda non respondendo ao modelo clásico de península, xa que non está unida ao continente europeo por medio dun istmo, é unha denominación aceptada para designar a rexión, que tamén se coñece como a península Balcánica ou península dos Balcáns.

O sueste de Europa

editar

A causa das connotacións negativas do termo "Balcáns" (debido ás guerras dos Balcáns do século XX), frecuentemente úsase o termo Sueste de Europa. A utilización deste termo está crecendo día a día e, así, encontramos unha iniciativa da Unión Europea do ano 1999 denominada Pacto de estabilidade para o Sueste de Europa, e o diario electrónico Balkan Times cambiou o ano 2003 o seu nome polo de Southeast European Times.

O uso deste termo para designar a península Balcánica (e non máis que esta área) tecnicamente ignora a presenza xeográfica de Romanía e Ucraína, que tamén están situades no sueste do continente europeo.

Fronteiras

editar

A fronteira norte da península Balcánica xeralmente se considera que está definida pola liña formada polos ríos Danubio, Sava e Kupa.

Os mares Adriático, Xónico, Exeo e Negro limítana polo oeste, suroeste, sueste e leste, respectivamente.

Historia

editar

Os países que compoñen a rexión comparten gran parte da súa historia. Así, foron parte do Imperio romano de oriente, logo do Imperio bizantino, despois do Imperio Otomán e finalmente viviuse aló unha nova explosión nacionalista ó desaparecer Iugoslavia como país, na derradeira década do século XX.

A complicada situación que se viviu no lugar dende o século XIX, e maiormente na segunda metade do vinte, deu orixe ao termo balcanización, que se extrapola na xeopolítica para definir a rotura dun estado de xeito violento, ou na informática para definir, por exemplo, a subdivisión de Internet en enclaves separados,[1].

Composición política actual

editar
 
Mapa político dos Balcáns no 2004 (non aparecen delimitados nin Kosovo nin Montenegro).

Os países que se asocian coa zona dos Balcáns xeralmente son os seguintes:

 
Albania
 
Bosnia e Hercegovina
 
Bulgaria
 
Grecia
 
Macedonia do Norte
 
Montenegro
 
Serbia
 
Turquía (só a Turquía europea, tradicionalmente denominadanada Rumelia ou Tracia Oriental)

Ademais, frecuentemente inclúense tamén na lista:

 
Romanía e
 
Eslovenia

Algunhas rexións dos países incluídos nesta lista como estados balcánicos poden ser, nalgúns aspectos, moi diferentes á rexión balcánica en xeral e, xa que logo, frecuentemente algúns países da periferia desta gran rexión prefiren que non se lles chame países balcánicos. É o caso de Romanía e Eslovenia, pero tamén, ás veces, de Croacia e Grecia.

 
Os Balcáns en verde, no 2008.

Actualmente forman parte dos Balcáns os seguintes países:

Países relacionados

editar

Outros países non incluídos na rexión balcánica, pero que teñen ou tiveron un papel importante na súa cultura, historia e na súa situación xeopolítica, son os seguintes:

Véxase tamén: Austria-Hungría.
Véxase tamén: Austria-Hungría.
Véxase tamén: Dalmacia, Zadar e Estado libre de Fiume.
Véxase tamén: Historia de Serbia.
  1. New IAB chair fears Internet 'balkanization' Arquivado 20 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Network World (en inglés)
  2. O 17 de febreiro de 2008 o Parlamento kosovar, nun acto unilateral, declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea. (véxse:World court backs Kosovo breakaway. Morning Star on line Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. e Sejdiu says Kosovo could apply for UN membership next year. SETimes.com, (en inglés) Consultadas o 16/12/2011). A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo acontecida o 7 de setembro de 1990, só recoñecida polas autoridades albanesas, a derradeira declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data do 7 de agosto do 2008, entre os que se achan Costa Rica, Afganistán, os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Turquía, Bélxica, Perú, Polonia, Suíza, Austria e Dinamarca, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente. Porén, existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Kazakhstán, Chipre, España, Kirguizistán, Romanía, Rusia, Serbia, Sri Lanka, Tadjiikistán, Vietnam e Venezuela que rexeitaron explicitamente o recoñecemento da república. Serbia declarou que retiraría todos os seus embaixadores dos países que recoñeceron a independencia de Kosovo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Banac, Ivo (1992): "Historiography of the Countries of Eastern Europe: Yugoslavia", in American Historical Review 97 (4) outubro 1992, páxs. 1084–1104. University of Chicago Press.
  • Banac, Ivo (1984): The National Question in Yugoslavia: Origins, History, Politics. Ithaca. NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-9493-2.
  • Carter, Francis W., ed. (1997): An Historical Geography of the Balkans. Academic Press.
  • Fine, John V. A., Jr. (1983): The Early Medieval Balkans: A Critical Survey from the Sixth to the Late Twelfth Century
  • Fine, John V. A., Jr. (1987): The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest. Ann Arbor: University of Michigan Press.
  • Jelavich, Barbara (ç1983): History of the Balkans. Cambridge University Press.
  • Jelavich, Charles e Jelavich, Barbara, eds. (1963): The Balkans In Transition: Essays on the Development of Balkan Life and Politics Since the Eighteenth Century. University of California Press.
  • Mazower, Mark (2000): The Balkans: A Short History. Modern Library Chronicles. Nova York: Random House ISBN 0-679-64087-8.
  • Stavrianos, L. S. e Traian Stoianovich (2000): The Balkans since 1453. Nova York: New York University Press. ISBN 978-0-8147-9766-2.

Outros artigos

editar