Xoán XXIII, papa

relixioso italiano, papa da Igrexa Católica
(Redirección desde «Papa Xoán XXIII»)

Xoán XXIII, en latín Ioannes PP. XXIII, nado como Angelo Giuseppe Roncalli en Sotto il Monte, Bérgamo, o 25 de novembro de 1881 e finado en Roma o 3 de xuño de 1963, foi o papa n.º 261 da Igrexa católica,[1] bispo da diocese de Roma e soberano da Cidade do Vaticano dende o 28 de outubro de 1958 ata a súa morte.

Infotaula de personaXoán XXIII, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Ioannes PP. XXIII Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Angelo Giuseppe Roncalli Editar o valor em Wikidata
25 de novembro de 1881 Editar o valor em Wikidata
Sotto il Monte Giovanni XXIII, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 1963 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Palacio Vaticano, Cidade do Vaticano Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de estómago Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro (2000–)
Grutas vaticanas (1963–2000) Editar o valor em Wikidata
261º Papa
28 de outubro de 1958 – 3 de xuño de 1963
← Pío XII, papaPaulo VI, papa →
Cardeal presbítero Santa Priscila (pt) Traducir
29 de outubro de 1953 – 28 de outubro de 1958
← Adeodato Giovanni PiazzaGiovanni Urbani →
Patriarch of Venice (en) Traducir
15 de xaneiro de 1953 – 28 de outubro de 1958
← Carlo AgostiniGiovanni Urbani →
Diocese: Patriarcado de Veneza (pt) Traducir
Cardeal
12 de xaneiro de 1953 –
Apostolic Nuncio to France (en) Traducir Apostolic Nunciature to France (en) Traducir
22 de decembro de 1944 – 12 de xaneiro de 1953
← Valerio ValeriPaolo Marella →
Arcebispo titular
30 de novembro de 1934 –
Diocese: Mesembria (en) Traducir
Visitador apostólico Bulgaria
3 de marzo de 1925 –
Arcebispo titular
3 de marzo de 1925 –
Diocese: Areopolis (en) Traducir
Diácono
18 de decembro de 1903 –
Delegado apostólico (pt) Traducir Bulgaria
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1963)
Reino de Italia (1881–1946)
Cidade do Vaticano Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontifício Seminário Romano (pt) Traducir
Universidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Venecia (1953–1958)
Cidade do Vaticano (1953–1963)
París (1944–1953)
Sofía (1925–1934)
Roma Editar o valor em Wikidata
OcupaciónSacerdote católico de rito romano (1904–), diácono (1903–) Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua italiana, lingua latina, lingua portuguesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarTenente (1916–) Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónGiovanni Tacci Porcelli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de outubro Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano Segundo
28 de outubro de 1958conclave de 1958 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaiGiovanni Battista Roncalli Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
(la) Oboedientia et Pax Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3147412 Musicbrainz: d39663e2-360b-44ea-81a2-2829539d72e4 Discogs: 565490 IMSLP: Category:Pope,_John_XXIII WikiTree: Roncalli-1 Find a Grave: 2380 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu o 25 de novembro de 1881 no casarío Brusico de Sotto il Monte, provincia de Bérgamo. Era o cuarto dos trece fillos (e o maior dos homes) que tiveron Giovanni Battista Roncalli e de Mariana Mazzola.[2] A súa familia traballaba como labregos nun terreo arrendado; como contraste, o seu predecesor Pío XII proviña dunha antiga familia aristocrática italiana, tradicionalmente ao servizo do papado. No ambiente da súa humilde familia, encabezada polo seu tío avó (e padriño) Zaverio,[3] desenvolveu a súa fe cristiá.

En 1892 entrou no Seminario de Bérgamo para cursa-los estudos superiores,[4] grazas á axuda económica do párroco Rebuzzini e de Giovanni Morlani (propietario das terras cultivadas polos Roncalli). No seminario comezou a práctica, que continuaría ata a súa morte, de redactar unhas notas espirituais, que quedaron recollidas no seu "Giornale dell' Anima".[5]

A causa da súa capacidade, en 1901 foi enviado a Roma para segui-los seus estudos como alumno do Seminario Romano dell'Apollinare. Foi ordenado sacerdote o 10 de agosto de 1904.[6]

Sacerdocio e labor apostólico editar

En 1905 o bispo de Bérgamo, Monseñor Giacomo Radini Tedeschi nomeouno o seu secretario[7] e o ano seguinte foi encargado da ensinanza de Historia e Patroloxía no Seminario de Bérgamo. Ocupou estes postos ata a morte en 1914 do seu bispo, como sempre lembraría a Monseñor Radini Tedeschi.

Durante a primeira guerra mundial, exerceu primeiro de sarxento médico e máis tarde de capelán militar.[8] En 1921, foi chamado dende Roma polo papa Bieito XV para ocupa-lo cargo de Presidente para Italia do Consello Central da Obra Pontificia da Propagación da Fe.[9]

O 19 de marzo de 1925 Monseñor Angelo Giuseppe Roncalli foi consagrado bispo, e elixiu como lema episcopal "Obedientia et Pax" (obediencia e paz). O papa Pío XI nomeouno Visitador Apostólico de Bulgaria este mesmo ano, onde permaneceu dez anos. Alí realizou o seu labor apostólico visitando as comunidades católicas e establecendo relacións de respecto e estima con outras comunidades cristiás, en especial da Igrexa Ortodoxa Búlgara.

En 1934 foi trasladado á Nunciatura en Turquía; alí, ademais, asumiu as funcións de administrador apostólico da vigairía apostólica de Constantinopla, vacante dende 1925.[10]

A súa intervención foi indispensable para socorrer ós xudeus ante a persecución nazi.

O mes de decembro de 1944 o Papa Pío XII nomeouno nuncio apostólico de París. Contribuíu a normaliza-la organización eclesiástica en Francia, desestabilizada polos numerosos bispos que colaboraran cos alemáns. Grazas á súa cortesía, a súa simplicidade e a súa amabilidade puido resolve-los problemas e conquista-lo corazón dos franceses e de todo o Corpo Diplomático.

Patriarca de Venecia editar

En 1953, o Papa Pío XII noméao cardeal e envíao a Venecia como Patriarca. En 1954, coincidindo co Ano Santo Xacobeo, visitou Santiago de Compostela, convidado polo arcebispo compostelán e amigo seu Fernando Quiroga Palacios. Chegou o 22 de xullo procedente de Donostia logo de parar en Lugo, e permaneceu na cidade até o día 24[11].

Pontificado editar

 
Escultura de Xoán XXIII, obra de Camilo Nogueira Martínez, en Vigo.

O 28 de outubro de 1958, contando con 77 anos, Roncalli foi elixido Papa ante a sorpresa de todo o mundo.[Cómpre referencia] Escolleu o nome de Xoán (nome do seu pai e do patrón da súa vila natal).

Despois do longo pontificado do seu predecesor, os cardeais lle semellaron escoller un papa de transición a causa da súa avanzada idade e da súa modestia persoal. Nin os cardeais nin o resto da Igrexa agardaban que o temperamento ledo, a calidez e a xenerosidade do papa Xoán XXIII seducisen os afectos do mundo dunha forma en que o seu predecesor (con toda a súa sabedoría e santidade) non puido.[Cómpre referencia]

En seguida empezou unha nova forma de facer de Papa. Foi o primeiro Papa, dende 1870, que exerceu o seu ministerio de bispo de Roma visitando persoalmente as parroquias da súa Diocese. Ó cabo de dous meses de ser elixido, deu exemplo de obras de misericordia: por Nadal visitou os nenos enfermos dos hospitais Espírito Santo e Neno Xesús; ó día seguinte foi a visita-los prisioneiros do cárcere Regina Coeli.

Na súa primeira medida de goberno vaticano, que o enfrontou co resto da curia, reduciu os altos salarios (e a vida de luxo que, en bastantes ocasións, levaban os bispos e cardeais). Así mesmo, dignificou as condicións laborais dos traballadores do Vaticano, que ata ese momento carecían de moitos dos dereitos dos traballadores de Europa, ademais retribuídos con moi baixos salarios por parte do Vaticano.

Tres meses despois da súa elección, o 25 de xaneiro de 1959, na Basílica de San Paulo Extramuros, ante a sorpresa de todo o mundo anunciou o XXI Concilio Ecuménico -que posteriormente foi chamado Concilio Vaticano II-, o I Sínode da Diocese de Roma e a revisión do Código de Dereito Canónico.

O 2 de decembro de 1960 reuniuse no Vaticano durante unha hora co Arcebispo de Canterbury, o Reverendísimo Geoffrey Francis Fisher. Era a primeira vez en máis de 400 anos, dende a excomuñón de Isabel I, que o Arcebispo de Canterbury se reunía co Papa. Durante o seu Pontificado nomeou 37 novos cardeais, entre os cales por primeira vez un de Tanzania, un xaponés, un filipino e un mexicano.

O papa Xoán XXIII escribiu oito encíclicas en total. O seu maxisterio social nas Encíclicas "Mater et Magistra" e, sobre todo, "Pacem in terris" foi fondamente apreciado. En ambas pastorais insístese sobre os dereitos e deberes derivados da dignidade do home como criatura de Deus.

O 11 de outubro de 1962 o papa Roncalli abriu o Concilio Vaticano II en San Pedro. Este Concilio cambiaría a face do Catolicismo: unha nova liturxia (máis sinxela e próxima ós fieis), un novo ecumenismo e un novo achegamento ó mundo.

Dende a apertura do Concilio, o papa Xoán XXIII indica a precisa orientación dos obxectivos: non se trataba de definir novas verdades nin condenar erros, senón que era necesario renova-la Igrexa para facela capaz de transmiti-lo Evanxeo nos novos tempos, busca-los camiños de unidade das Igrexas cristiás, procura-lo bo dos novos tempos e establecer diálogo co mundo moderno centrándose primeiro "no que nos une e non naquilo que nos separa".

Ó Concilio foron convidados como observadores, non só membros de tódalas Igrexas cristiás (Ortodoxa, Protestantes e Evanxélicas, en xeral) senón membros de diversos credos dende crentes islámicos ata indios americanos.

Morte e canonización editar

O 23 de maio de 1963 anunciábase publicamente a enfermidade do Papa (cancro de estómago). Xoán XXIII morreu en Roma o 3 de xuño de 1963. Na memoria de moitos, o Papa Xoán XXIII quedou como "o Papa bo" ou como "o Papa máis amado a historia". Os seus restos embalsamados actualmente descansan na Basílica de San Pedro, en Roma.

A causa de beatificación foi introducida polo seu sucesor Paulo VI en 1965, despois da clausura do Concilio Vaticano II. O papa Xoán XXIII foi beatificado por Xoán Paulo II o 3 de setembro de 2000, e a súa festa litúrxica quedou fixada o 11 de outubro, día da apertura do Concilio Vaticano II.

Canonización editar

O 5 de xullo de 2013 o papa Francisco aprobou os decretos da Congregación para as Causas dos Santos que abriron a porta á canonización de Xoán XXIII e Xoán Paulo II.[12]

O 30 de setembro do mesmo ano, anunciouse que a cerimonia conxunta de canonización de ambos papas terá lugar en abril de 2014.[13]

Finalmente, o 27 de abril de 2014, ante unha multitume congregada na praza de San Pedro do Vaticano, que se estima nuns 800.000 peregrinos chegados de todo o mundo, o papa Francisco proclamou a canonización de Xoán XXIII, xunto á de Xoán Paulo II, pedindo en latín, coa fórmula ritual, que se inscribise aos dous papas no Libro dos Santos. Foi un día histórico xa chamado "o dos catro papas", xa que, ademais de que Francisco proclamou santos a Angelo Roncalli e Karol Wojtyła, á esquerda do altar onde se concelebrou a misa, estivo o papa emérito Bieito XVI, a quen o papa arxentino abrazou antes de comezar a ceromonia e ao finalizar a mesma. Na homilía da misa, Francisco destacou que ambos os novos santos "restauraron e actualizaron á Igrexa" á súa imaxe orixinal. O papa terminou a cerimonia saudando ás 93 delegacións asistentes, entre as que había 24 xefes de Estado e de Goberno, e entre os que se encontraban os reis de España e de Bélxica, ademais dos presidentes de Paraguai, Honduras, O Salvador, Ecuador, Albania, Croacia e Polonia, entre outros.[14]

Obras editar

Constitucións apostólicas editar

Encíclicas editar

As encíclicas do seu papado, por orde cronolóxica, foron as seguintes:[15]

Notas editar

  1. "The List of Popes". Catholic Encyclopedia (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2014. 
  2. Tornielli, 2000, pp. 11-12.
  3. Sgarbossa, 2000, p. 12
  4. Tornielli, 2000, p. 23.
  5. Tornielli, 2000, p. 25.
  6. Trevor, 2000, p. 47.
  7. Trevor, 2000, p. 62.
  8. Capovilla, 2001, p. 28.
  9. Capovilla, 2001, p. 29.
  10. BENIGNI, Mario (2000). San Paolo, ed. Giovanni XXIII: biografia ufficiale (en italiano). p. 208. ISBN 9788821542671. 
  11. "Xoán XXIII visitou Galicia en 1954, antes de ser Papa" Arquivado 11/03/2016, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 2 de setembro de 2000.
  12. News.va (ed.). "Decretos de la Congregación para las Causas de los Santos: Juan XXIII y Juan Pablo II Serán canonizados" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014. 
  13. Ver noticia
  14. La Vosz de Galicia, 27-04-1014.
  15. vatican.va (ed.). "Encicliche di Giovanni XXIII - La Santa Sede - Il Santo Padre" (en italiano). Consultado o 6 de marzo de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hebblethwaite, Peter (2000). Juan XXIII. El Papa del Concilio (en castelán). PPC. ISBN 9788428816373. 
  • Capovilla, Loris Francesco (2001). John XXIII: Witness to the Tenderness of God (en inglés). Médiaspaul. ISBN 9782894204658. 
  • Sgarbossa, Mario (2000). Giovanni XXIII. La saggezza del cuore (en italiano). Paoline. ISBN 9788831519526. 
  • Tornielli, Andrea (2000). Giovanni XXIII: vita di un padre santo (en italiano). Gribaudi. ISBN 9788871525839. 
  • trevor, Meriol (2000). Pope John Blessed John XXIII (en inglés). Gracewing Publishing. ISBN 9780852444801. 

Outros artigos editar