Oso de Ouro
O Oso de Ouro é o principal premio outorgado polo Festival Internacional de Cinema de Berlín. O oso é o símbolo heráldico da cidade de Berlín.
Oso de Ouro | |
---|---|
Tipo | premio cinematográfico |
Data de fundación | 1951 |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://www.berlinale.de/en/home.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os gañadores da primeira edición do festival en 1951 foron escollidos por un xurado alemán, con cinco gañadores do Oso de Ouro divididos por xéneros e categorías.[1] Entre 1952 e 1955 os gañadores foron determinados por membros do público.[2] En 1956, a Federación Internacional de Asociacións de Produtores de Filmes acreditou oficialmente o festival e dende entón o Oso de Ouro é outorgado por un xurado internacional.[2]
O trofeo
editarA estatua mostra un oso en pé sobre as patas traseiras e está baseada do deseño de 1932 do escultor alemán Renée Sintenis para a mascota heráldica que acabou por conveterse no símbolo do festival. Desde a primeira edición foi fabricado pola fundición artística Hermann Noack.[3][4] Foi entregado por primeira vez en 1951 e foi redeseñado nunha versión maior en 1960.[5] Ademais levantouse a pata dianteira esquerda en lugar da dereita do primeiro modelo.[6]
A figura actual mide 20 cm de altura e está fixada a unha base onde se grava o nome do gañador.[7] A figura ten un centro de bronce chapado cunha capa de ouro e o seu peso total é de 4 kg.[8]
Palmarés
editarNotas
editar- ↑ "Juries 1951". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "- Berlinale – Archive – Annual Archives – 1952 – Juries". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2022.
- ↑ "German Film Festival bear awards based on 1939 design previewed in Berlin". EFE (Berlín). 11 de xaneiro de 2019. Consultado o 9 de abril de 2019.
- ↑ "Eventful Berlinale". deutschland.de. 19 de febreiro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ "Große kleine Tiere". Cicero (en alemán). Consultado o 9 de abril de 2019.
- ↑ English, James F. (2008). The Economy of Prestige: prizes, awards, and the circulation of cultural value. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. pp. 167–168. ISBN 978-0-674-03043-5.
- ↑ Günther, Ulrich (19 de febreiro de 2010). "Berlinale Cineasten blicken auf den Bären". Frankfurter Allgemeine Zeitung (en alemán). Consultado o 9 de abril de 2019.
- ↑ "In pictures". Novinite. 8 de febreiro de 2010. Consultado o 9 de abril de 2019.
- ↑ Berlin Festival Golden Bear Mohammad Rasoulof Summoned to Serve Iran Prison Sentence|Hollywood Reporter
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Palma de Ouro, entregada no Festival Internacional de Cine de Cannes
- León de Ouro, entregado no Festival Internacional de Cine de Venecia
- Cuncha de Ouro, entregada no Festival Internacional de Cine de San Sebastián
Ligazóns externas
editar- Festival de Berlín na IMDb (en inglés)