Larisa Efimovna Shepitko (en ruso: Лари́са Ефи́мовна Шепи́тько; en ucraíno: Лариса Юхимівна Шепітько), nada en Artemovsk o 6 de xaneiro de 1938 e finada no óblast de Kalinin o 2 de xullo de 1979, foi unha directora de cinema, guionista e actriz soviética.

Modelo:BiografíaLarisa Shepitko

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(uk) Лариса Юхимівна Шепітько Editar o valor en Wikidata
6 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata
Bakhmut, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 1979 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Oblast de Tver, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Kuntsevo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Gerasimov de Cinematografía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, actriz, guionista, realizadora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 1979 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElem Klimov Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMoskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir
The St. James women filmmakers encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0791899 Allocine: 425656 Allmovie: p226625
Find a Grave: 24212751 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e educación

editar

Shepitko naceu en Artemovsk, vila de Ucraína oriental. Foi criada cos seus irmáns pola súa nai, mestra de escola. O seu pai, un oficial militar persa, divorciouse da nai e abandonou a súa familia cando Larisa era nova. Ela lembraba: "O mei pai loitou durante toda a guerra. Para min, a guerra foi unha das máis poderosas e temperáns impresións. Lembro a sensación de malestar na vida, a familia separada. Lembro a fame e como a nosa nai e nós, os tres nenos, fomos evacuados. A impresión dunha calamidade global certamente deixou unha pegada indelébel na miña mente infantil". A causa disto, a súa obra adoita tratar sobre a soidade e o illamento.

En 1954 Shepitko graduouse do instituto de Lviv. Cando tiña dezaseis anos mudouse a Moscova, entrando no Instituto Estatal de Cinematografía como alumna de Alexander Dovzhenko. Estudou con Dovzhenko durante dezaoito meses ata que este faleceu en 1956. Sentiu unha ligazón entre as súas herdanzas compartidas e a imaxinaría social realista. Shepitko tamén adoptou o seu lema, "Fai cada filme como se fose o último".

Shepitko graduouse do VGIK en 1963 co seu premiado filme Zony, realizado cando tiña vinte e dous anos. Nel, Kemel, acabado de graduarse na escola, viaxe a unha parte illada das estepas para traballar nunha pequena granxa comunal de Asia central a mediados da década de 1950. O filme está influído por un relato de Chingiz Aitmatov. O seu filme mostraba a marca de Dovzhenko, tanto na súa seca posta en escena como no seu estilo naturalista. Durante a fase de montaxe do filme, Shepitko foi axudada por Elem Klimov, tamén axudante no VGIKk nesa época. Casaron en 1963 e o seu único fillo, Anton, naceu en 1973. Zony gañou o Symposium Grand Prix ex aequo no Festival de Karlovy Vary de 1964[1] e un premio do Festival de Cinema de Toda a Unión en Leningrado.[2]

Carreira

editar

O primeiro filme de Shepitko tralo seu paso polo instituto foi Krylya, sobre unha moi condecorada piloto de guerra da segunda guerra mundial. Ela, agora directora dun centro de formación profesional, está desconectada da súa filla e da nova xeración. Tamén ten tan interiorizada as ideas militares de servizo e obediencia que non pode axustar a súa vida aos tempos de paz. Shepitko leva luz á vida interior dunha muller de mediana idade que debe reconciliar o seu pasado coa súa realidade presente. Exprésao contrastando a represión da personaxe, marcada polos interiores claustrofóbicos e as composicións estreitas con planos amplos do ceo e das nubes que representan a liberdade dos seus días de voos. A actriz Maya Bulgakova interpreta esta severa mais razoable muller con empatía e humor. O filme levantou unha considerábel controversia na prensa soviética do seu tempo, xa que non se esperaba que os filmes amosasen conflitos entre pais e fillos.[3] Tamén iniciou un debate público sobre o recoñecemento dun salto xeracional e por retratar unha heroína de guerra como unha alma perdida e esquecida.

En 1967 rodou a segunda das súas historias en Nachalo nevedomogo veka titulada "Rodina elektrichestva". A historia de Shepitko segue un enxeñeiro novo que leva electricidade a unha aldea empobrecida. Concibida como unha conmemoración do quincuaxésimo aniversario da Revolución de Outubro, as autoridades xulgaron o seu retrato dos bolxeviques negativo. A primeira e a segunda historia foron proxectadas vinte anos máis tarde e a última non foi atopada.

En 1969 rodou o seu primeiro filme en cor, un filme fantástico musical titulado V trinadtsatom chasu nochi, unha revista de aninovo protagonizada por Vladimir Basov, Georgy Vitsin, Zinovy Gerdt, Spartak Mishulin e Anatoly Papanov.

O terceiro filme de Shepitko foi Ty i ya (1971), que mostra as vidas de dous cirurxiáns enfrontándose con diferentes nocións de plenitude. É á vez un estudo de personaxes e unha crítica ao consumismo. Foi o seu segundo e último filme en cor. Recibiu críticas favorábeis no Festival de Venecia.

Voskhozhdenie (1977) foi o último filme que completou e o que recibiu máis atención en occidente. Os actores Boris Plotnikov e Vladimir Gostyukhin tiveron os principais papeis no filme. Adaptado dunha novela de Vasili Bykov, Shepitko volveu ao sufrimento pola segunda guerra mundial, retratando os xuízos e as tribulacións dun grupo de partisanos prosoviéticos en Belarús no desolador inverno de 1942. Dous dos partisanos, Sotnikov e Rybak, son capturados pola Wehrmacht e interrogados por un colaborador local, interpretado por Anatoly Solonitsyn, antes de que catro deles fosen executados en público. O retrato do martirio dos soviéticos debe moito á iconografía cristiá. Voskhozhdenie gañou o Oso de Ouro no 27.º Festival de Berlín de 1977.[4]

O crecemento da reputación internacional de Shepitko levou a que fose invitada a participar no xurado da 28.ª edición do Festival de Berlín en 1978.[5] Voskhozhdenie foi a candidata da Unión Soviética para o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 50ª edición dos Óscar.

Pasamento

editar

Shepitko faleceu nun accidente de tráfico nunha estrada preto da cidade de Tver con catro membros do seu equipo de rodaxe en 1979 mentres procuraban para a súa adaptación da novela Proshchanie s Materoi de Valentin Rasputin. O seu marido, o director Elem Klimov, rematou o traballo co título Proshchanie ("Adeus") e fixo tamén un tributo de vinte e cinco minutos titulado Larisa (1980).[6]

Proshchanie trata sobre unha pequena aldea nunha fermosa illa, ameazada por unha inundación. O filme segue os habitantes e o seu adeus á patria. Os críticos manteñen que ao produto final fáltalle a visión única e persoal de Shepitko, obviamente un punto de vista que nunca podería ser replicado. O compositor Alfred Schnittke dedicou o seu segundo cuarteto de cordas á memoria de Shepitko.

  1. "Archive of films > Heat". KVIFF. Consultado o 26 de setembro de 2016. 
  2. "ВКФ (Всесоюзный кинофестиваль)" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2011. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  3. Vronskaya 1972, p. 39
  4. "Berlinale 1977 - Filmdatenblatt". Archiv der Internationale Filmfestspiele in Berlin. 1977. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2010. 
  5. "Berlinale 1978: Juries". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 4 de agosto 2010. 
  6. Ivan-Zadeh, Larushka (9 de xaneiro de 2005). "The lady vanishes". The Guardian. Consultado o 1 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Koresky, Michael, Eclipse Series 11: Larisa Shepitko, The Criterion Collection, 2008
  • Quart, Barbara Koenig. 1988. Women Directors: The Emergence of a New Cinema. Nova York: Praeger. ISBN 0-275-92962-0, OCLC 17385039.
  • Vronskaya, Jeanne. 1972. Young Soviet Film Makers. Londres: George Allen and Unwin
  • Wilshire, Peter, A Harrowing Exploration of War and the Meaning of Human Existence: The Ascent (Voskhozhdeniye, Larisa Shepitko, 1977), Off Screen, Volume 20, Issue 3/marzo de 2016

Ligazóns externas

editar