Abrir o menú principal

Jiří Menzel, nado en Praga o 23 de febreiro de 1938, é un director de cine checo. Gañou un Oscar ao mellor filme en fala non inglesa por Ostře sledované vlaky, de 1966, baseado nunha novela homónima do escritor Bohumil Hrabal.

Jiří Menzel
Jiří Menzel.jpg
Nacemento23 de febreiro de 1938
 Praga
NacionalidadeRepública Checa
Alma máterAcademia de Artes Performativas de Praga
Ocupaciónactor, director de cine, pedagogo, escritor, guionista e director teatral
PaiJosef Menzel
PremiosCzech Medal of Merit, Artis Bohemiae Amicis Medal, Oso de Ouro, Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa e Ordre des Arts et des Lettres
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo do coñecido escritor e xornalista Joseph Menzel, o mozo Menzel pensou inicialmente en seguir os pasos do seu pai e estudar xornalismo, pero finalmente ingresou na Academia de Cine de Praga, da que foi expulso. Porén, grazas á intervención dun dos seus profesores, puido continuar os seus estudos.

A súa ópera prima no ámbito das longametraxes profesionais, Ostře sledované vlaky, supuxo unha grata sorpresa no panorama do novo cinema checo por lograr o Oscar á mellor película de fala non inglesa. O filme está considerado unha das obras cimeiras da cinematografía europea e adscríbese á Nova Onda checa.

As altas cualidades de Menzel quedaron patentes na súa segunda obra, Rozmarné léto onde interpretou un papel como actor. Malia todo, Skřivánci na niti, a súa seguinte obra, foi prohibida polo réxime checo. Esta película esta baseada nun libro de contos de Bohumil Hrabal titulado Inzerát na dům, ve kterém už nechci bydlet. Tras rematar de rodar prohibiuse a proxección da película e ata 1974 Menzel non dirixiu máis nada.

Nos oitenta Menzel rodou outros máis dous filmes baseados en relatos do seu escritor favorito, Bohumil Hrabal, como Postřižiny, Slavnosti sněženek e Vesničko má středisková, que foi nomeada para o Oscar ao mellor filme de fala non inglesa.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar