Carla Simón

Directora de cine e guionista

Carla Simón Pipó, nada en Barcelona en 1986, é unha directora de cine e guionista española. En 2017 a Academia Española das Artes e das Ciencias Cinematográficas elixiu a súa primeira longametraxe, Estiu 1993 (2017), rodada en catalán, para representar a España nos Óscar.

Carla Simón
Carla Simón Winner of the Golden Bear for Best Film 2022 Nr 5.JPG
Nome completoCarla Simón i Pipó
Nacemento29 de decembro de 1986 e 22 de decembro de 1986
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Califórnia en Santa Bárbara, Universidade Autónoma de Barcelona e London Film School
Ocupacióndirectora de cine e guionista
Coñecida porEstiu 1993 e Alcarràs (filme)
PremiosCity of Barcelona Award, National Culture Award of Catalonia, Oso de Ouro, Premio Goya ó mellor director novel, Gaudí Award for Best Director, Núvol Awards, Pompeu Fabra award, Gaudí Award for Best Director, Gaudí Award for Best Original Screenplay, Premio Feroz for Best Director e Premio Nacional de Cinematografía
Na rede
https://www.carla-simon.com/
IMDB: nm3427032 Allocine: 780630 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Carla naceu en 1986 en Barcelona e creceu en Les Planes d'Hostoles, unha pequena cidade catalá.[1] Os seus pais morreron de sida cando ela tiña seis anos e foise a vivir cos seus tíos e cun curmán algo máis novo á Garrocha. A experiencia vivida foi a base da súa primeira longametraxe, rodada integramente en catalán Estiu 1993 e estreada en 2017.[2][3]

Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona en 2009; estudou o máster en Calidade e Innovación TV organizado por Televisió de Catalunya en 2010 e o máster en Artes na London Film School (bolsa de posgrao da Obra Social "la Caixa"). En Londres dirixiu o documental Born Positive e a curtametraxe de ficción Lipstick.[4]

FilmografíaEditar

DirectorEditar

  • 2022 - Alcarràs (longametraxe), - [Estrea o 29 de abril de 2022]
  • 2020 - Correspondencia (curtametraxe), codirixida con Dominga Sotomayor.
  • 2018 - After Also (curtametraxe), España.
  • 2017 - Estiu 1993 (longametraxe, 96'), España.
  • 2014 - The Little Things (curtametraxe, 27'), Reino Unido.
  • 2013 - Lipstick (curtametraxe, 9'), Reino Unido.
  • 2012 - Born Positive (documental, 18'), Reino Unido,
  • 2009 - Women (vídeo experimental, 6'), EUA
  • 2009 - Lovers (vídeo poema, 25'), USA

GuionistaEditar

  • 2022 - Alcarràs (longametraxe), co-guión con Arnau Vilaró
  • 2018 - After Also (curtametraxe), co-guión con Aina Clotet
  • 2017 - Estiu 1993 ( Verán 1993 ), longametraxe
  • 2012 - Born Positive (documental)
  • 2013 - Barra de beizos (ficción)

Premios e recoñecementosEditar

 
Simón recibiu dúas medallas CEC 2017 por Verano 1993.

NotasEditar

  1. Miró, Francesc (26 de xullo de 2017). ""El cine me ha ayudado a entender el porqué de las cosas"". eldiario.es. Consultado o 5 de agosto de 2017. 
  2. Belinchón, Gregorio (7 de setembro de 2017). "‘Verano 1993’, un filme en catalán, representará a España en los Oscar". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 8 de septiembre de 2017. 
  3. Martín Maestro, Miguel Ángel (9 de xullo de 2017). ""Un lujo en una sala de Valladolid". Estiu 1993 (Carla Simón, 2017)". ultimocero.com. Último Cero. Consultado o 16 de febreiro de 2022. 
  4. "Carla Simón". avalon.me (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2022. 
  5. EFE (16 de febreiro de 2022). "La película española "Alcarràs" gana el Oso de Oro de la Berlinale". efe.com (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2022. 
  6. Fornés, Nora G. (1 de xuño de 2023). "elpais.com". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  7. García Higueras, Laura (1 de xuño de 2023). "Carla Simón, Premio Nacional de Cinematografía: “Este momento dulce del cine español durará poco si no se cuida”". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2023. 

Véxase taménEditar