Barack Obama

cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América
(Redirección desde «Obama»)

Barack Hussein Obama II, nado en Honolulu (Hawai) o 4 de agosto de 1961,[1] foi o cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América. É o primeiro afroamericano en acadar este posto. Obama foi senador polo estado de Illinois entre xaneiro de 2005 e novembro de 2008, momento en que renunciou ao cargo para botar os folgos á campaña presidencial.

Modelo:BiografíaBarack Obama

Retrato oficial do presidente por Pete Souza, do 6 de decembro de 2012.
Biografía
Nacemento(en) Barack Hussein Obama II Editar o valor en Wikidata
4 de agosto de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Kapiolani Medical Center for Women and Children, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
44º Presidente dos Estados Unidos de América
20 de xaneiro de 2009 – 20 de xaneiro de 2017
← George W. BushDonald Trump →
35º Presidente electo dos Estados Unidos
4 de novembro de 2008 – 20 de xaneiro de 2009
← George W. BushDonald Trump →
Senador dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 2007 – 16 de novembro de 2008 (dimisión)Roland Burris (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Illinois Class 3 senate seat (en) Traducir

Senador dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 2005 – 3 de xaneiro de 2007
← Peter Fitzgerald (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Illinois Class 3 senate seat (en) Traducir

Member of the State Senate of Illinois (en) Traducir
8 de xaneiro de 1997 – 4 de novembro de 2004
← Alice Palmer (pt) TraducirKwame Raoul (pt) Traducir →
Circunscrición electoral: Illinois's 13th Senate district (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaKalorama (en) Traducir (2017–)
Casa Branca (2009–2017)
Chicago (1985–2009)
Nova York (1981–1985)
Os Ánxeles (1979–1981)
Honolulu (1971–1979)
Menteng (en) Traducir (1970–1971)
Tebet (1967–1970)
Iacarta Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaFeminismo e controle de armas de fogo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónProtestantismo, igrexa congregacional, Congregacionalismo (pt) Traducir e Igreja Unida de Cristo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Chicago Law School (mul) Traducir - dereito (1997–2002)
Harvard Law School (pt) Traducir - Juris Doctor (1988–1991)
Universidade Harvard - dereito (1988–1991)
Universidade de Columbia - ciencia política, relacións internacionais (1981–1983)
Occidental College (pt) Traducir (1979–1981)
Punahou School (pt) Traducir (1971–1979)
State Elementary School Menteng 01 (en) Traducir (1970–1971)
Noelani Elementary School (en) Traducir (1966–1967)
Nelson High School (en) Traducir
Centaurus High School (en) Traducir
King College Prep High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,85 m Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDireitos civis (pt) Traducir e Dereito constitucional Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Washington, D.C.
Chicago Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor político (1995–), avogado (1991–), organizador comunitario (1985–1988), político, creador de podcast, xurista, estadista, académico, memorialista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSidley Austin (pt) Traducir (1991–1991)
New York Public Interest Research Group (pt) Traducir (1985–1985)
Business International Corporation (pt) Traducir, assistant manager (en) Traducir (1983–1984)
Fundação Gamaliel (pt) Traducir
Universidade de Chicago Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Participou en
2009commencement at the University of Notre Dame (en) Traducir
2005commencement at the Knox College (en) Traducir
World Government Summit 2016 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaFamília de Barack Obama (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMichelle Obama (1992–) Editar o valor en Wikidata
FillosMalia Obama, Sasha Obama Editar o valor en Wikidata
PaisBarack Obama Editar o valor en Wikidata  e Ann Dunham Editar o valor en Wikidata
IrmánsAuma Obama
Maya Soetoro-Ng
Bernard Obama
George Obama
Mark Okoth Obama Ndesandjo
David Ndesandjo
Abo Obama
Malik Abongo Obama Editar o valor en Wikidata
ParentesStanley Armour Dunham, avó
Lolo Soetoro, padrasto
Madelyn Dunham, avoa Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
20 de xaneiro de 2013Posse de Barack Obama em 2013 (pt) Traducir
20 de xaneiro de 2009posse de Barack Obama (pt) Traducir
Obama spying contra-Trump allegations (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia (full versions) (en) Traducir
Lentapedia
Great Encyclopedia of Cyril and Methodius (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webbarackobama.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1682433 Allocine: 233518 Rottentomatoes: celebrity/barack_obama Allmovie: p504337 TCM: 1292877 Metacritic: person/barack-obama TV.com: people/barack-obama
Facebook: barackobama Twitter: BarackObama Instagram: barackobama LinkedIn: barackobama Youtube: UCdn86UYrf54lXfVli9CB6Aw BNE: XX4663545 Dialnet: 2004263 iTunes: 1276151545 Musicbrainz: 0de4d19f-05c8-4562-a3c0-7abdc144f1d5 Songkick: 325677 Discogs: 1252891 Allmusic: mn0001011538 WikiTree: Obama-2 Genius: Barack-obama Editar o valor en Wikidata

Ten o graduado pola Universidade de Columbia e pola escola de dereito de Harvard (en inglés: Harvard Law School), onde foi nomeado o primeiro presidente afroamericano da revista Harvard Law Review. Foi organizador comunitario en Chicago antes de obter o grao en Dereito. Traballou como avogado especializado en dereitos civís antes da súa elección como senador polo estado de Illinois. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de Chicago (en inglés: University of Chicago Law School) dende o ano 1992 ata o 2004.

Obama ocupou un escano no Senado de Illinois durante tres lexislaturas (de 1997 a 2004). Tras perder unha contenda para obter un escano no Parlamento norteamericano no ano 2000, presentou a súa candidatura ao Senado no 2004. En marzo do 2004, venceu nas eleccións primarias do partido demócrata, o que fixo del unha figura coñecida no país. Despois de pronunciar o seu discurso de apertura do congreso demócrata dese mesmo ano, a súa popularidade aumentou significativamente. Foi elixido senador dos Estados Unidos en novembro do ano 2004 coa marxe de votos máis ampla da historia de Illinois.

Comezou a súa carreira cara á presidencia en febreiro de 2007.[2][3] Tras unha campaña axustada nas eleccións primarias de 2008 contra Hillary Clinton, gañou a candidatura polo partido demócrata, converténdose no primeiro candidato afroamericano dun dos grandes partidos estadounidenses. Nas eleccións de novembro de 2008 venceu ao candidato republicano John McCain converténdose no cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América o 20 de xaneiro de 2009. O 9 de outubro dese mesmo ano, recibiu o Premio Nobel da Paz polos seus "extraordinarios esforzos para fortalecer a diplomacia internacional e a cooperación entre as persoas".

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Barack Obama naceu en Honolulu, Hawai, Estados Unidos o 4 de agosto de 1961, fillo de Ann Dunham e de Barack Obama, Sr.. Os pais de Obama coñecéronse nunha clase de ruso na universidade Mānoa de Hawai. A parella casou o 2 de febreiro de 1961, e o rapaz naceu ese mesmo ano. Os pais de Barack Obama separáronse no ano 1963 e obtiveron o divorcio no 1964. O pai de Obama volveu a Kenya, o seu país de orixe e viu o fillo só unha vez máis antes de morrer nun accidente de tráfico en 1982.

Tralo divorcio, Ann Dunham casou con Lolo Soetoro, un estudante de Indonesia. Cando Suharto, un líder militar indonesio, chegou ao poder en 1967, tódolos estudantes no estranxeiro foron chamados de volta ao seu país. A familia tivo que viaxar a Indonesia nese mesmo ano.

En 1971, Barack Obama volveu a Honolulu para vivir cos seus avós maternos, Madelyn e Stanley Dunham, e asistiu á escola Punahou, unha escola preparatoria privada dende quinto grao ata a súa graduación en 1979.

A nai de Obama regresou a Hawai en 1972 e permaneceu alí ata 1977, ano no que volveu a Indonesia para realizar un traballo de campo de antropoloxía. Ann Dunham volveu finalmente a Hawai en 1994 e viviu alí un ano, antes de finar por mor dun cancro de ovario.

Obama lembrou da súa infancia que "o meu pai non se parecía en nada á xente que me rodeaba, xa que el era negro coma a brea, e a miña nai branca coma o leite; e o seu recordo está esvaído". Describiu os seus esforzos de mozo para reconciliar as percepcións sociais da súa herdanza multirracial. Referíndose máis tarde aos seus anos de estudo en Honolulu, Obama escribiu: "A oportunidade que Hawai me ofrecía para experimentar unha variedade de culturas nun clima de respecto mútuo se converteu nunha parte integrante da miña visión do mundo, e na base dos valores que máis aprezo". Obama escribiu e falou sobre o feito de que consumira alcohol, marihuana e cocaína na súa adolescencia "para expulsar da miña mente as preguntas sobre quen era eu".

Formación

editar

Tras rematar a escola secundaria, trasladouse aos Ánxeles en 1979 para asistir ao Occidental College. Despois de dous anos, en 1981, trasladouse á Universidade Columbia en Nova York, onde cursou Ciencias Políticas, especializándose en Relacións Internacionais, graduándose en 1983 cunha licenciatura en Artes Liberais.

Carreira profesional e doutoramento

editar

Traballou durante un ano na Business International Corporation e despois no New York Public Interest Research Group.

Despois de vivir catro anos en Nova York, Obama viaxou a Chicago, onde foi contratado como director do Proxecto de Comunidades en Desenvolvemento (en inglés Developing Communities Project), unha organización relixiosa que contaba con oito parroquias no Gran Roseland (Roseland, West Pullman e Riverdale) na zona sur da cidade denominada South Side, dende xuño de 1985 a maio de 1988. Durante os tres anos que estivo á fronte do DCP, o persoal medrou dun a trece, e o orzamento anual medrou de 70 000$ a 400 000$. Colaborou na creación dun programa de preparación para traballadores, un programa de titoría para as preparatorias universitarias, e unha organización de defensa dos dereitos dos inquilinos en Altgeld Gardens. Tamén traballou como consultor e instrutor da Fundación Gamaliel, un instituto de organización comunitaria. A mediados de 1988 fixo a súa primeira visita a Europa durante tres semanas, e marchou outras cinco semanas a Kenya, onde coñeceu a moitos dos seus parentes paternos. Volveu en agosto do 2006 para visitar o lugar de nacemento do seu pai, no oeste de Kenya.

Obama entrou na Universidade de Dereito de Harvard a finais do ano 1988. Foi elixido director da Harvard Law Review ao rematar o seu primeiro ano, e presidente do xornal no segundo ano. Trala súa graduación coma Doutor en Xurisprudencia coa mención "magna cum laude", en 1991, volveu a Chicago. Casou coa avogada Michelle Obama en 1992 e da parella naceron dúas fillas. A elección de Obama coma "primeiro presidente negro" da revista Harvard Law Review obtivo a atención dos medios de todo o país e facilitoulle a obtención dun contrato cunha editorial que lle concedeu un anticipo para escribir un libro sobre as relacións raciais, que finalmente se converteu nunha memoria persoal da súa vida. O manuscrito foi publicado en 1995 co título Dreams from My Father ("Soños do meu pai").

Política

editar

Asemblea Xeral de Illinois

editar

En 1996, Obama foi elixido como Senador do estado de Illinois representando a Hyde Park na cidade de Chicago, onde era considerado un liberal firme.

Campaña para o Senado

editar

No 2004, Obama fixo campaña polo escano que o senador anterior, Peter Fitzgerald, deixara vacante. Nas eleccións primarias para a candidatura Demócrata os seus opositores foron Blair Hull, un home de negocios, e Dan Hynes, Interventor do estado de Illinois. Obama comezou por baixo de Hull nas sondaxes de opinión, pero isto cambiou logo dun escándalo de violencia doméstica que implicou a Hull. A partir de alí, mellorou notablemente a imaxe de Obama e comezou a liderar nas sondaxes de opinión. Á vez, comezou a recibir o apoio de líderes democráticos. Nas eleccións primarias, Obama sumou máis votos que os outros seis candidatos combinados, gañando co 52% dos sufraxios.

Obama entón enfrontouse co candidato Jack Ryan, o gañador da Primaria Republicana. Durante a campaña, con todo, un escándalo sexual implicou a Ryan (foi acusado de levar á súa esposa a clubs de sexo). Debido a iso, Ryan retirouse da campaña. O Partido Republicano de Illinois elixiu o candidato conservador Alan Keyes para substituír a Ryan. Finalmente, Obama gañou as eleccións por unha diferenza considerable: 69,97% contra o 27,05% de Keyes.

 
Obama durante un discurso.

Eleccións presidenciais de 2008 e lexislatura de 2009 a 2012

editar

Nas eleccións do 4 de novembro do 2008, a candidatura do Partido Demócrata, encabezada por Barack Obama e acompañado de Joe Biden coma candidato á vicepresidencia venceu á candidatura do Partido Republicano, formada por John McCain e Sarah Palin.

Logo desa vitoria, Obama foi o seguinte presidente dos Estados Unidos ao asumir o cargo o 20 de xaneiro do 2009. Apenas uns meses despois de iniciar o seu mandato, Obama recibiu o Premio Nobel da Paz polos seus "extraordinarios esforzos para fortalecer a diplomacia internacional e a cooperación entre os pobos". O presidente ruso Dmitrii Medvedev afirmou que iso podería encoraxar e favorecer que as relacións Rusia-EUA se tornasen máis cálidas.[4] Con todo, a concesión xerou críticas e debate, xa que continuou e mesmo expandiu o uso de drons militares e outras accións en países como Paquistán, Iemen, Somalia e Libia. En 2011 ordenou a operación que resultou na morte de Osama bin Laden.[5] En política exterior, Obama ordenou a retirada de tropas de Iraq e impulsou un incremento militar en Afganistán, ademais de asinar o novo tratado START con Rusia para a redución de armas nucleares, abandonado durante a guerra de Rusia con Ucraína en 2023.[6]

Barack Obama aprobou a Lei de Protección ao Paciente e Coidado de Saúde para reformar o sistema sanitario, coñecida como "Obamacare", pero tivo dificultades para poñela en práctica no seu primeiro mandato.

En resposta á recesión económica, promulgou a Acta de Recuperación e Reinversión Americana, un paquete de estímulo de 787 millóns de dólares.

En regulación financeira, a Lei Dodd-Frank foi asinada para aumentar a transparencia e protección ao consumidor no sistema financeiro.

Eleccións presidenciais do 2012 e lexislatura de 2013 a 2017

editar

En 2012, Obama foi reelecto ao vencer ao candidato republicano Mitt Romney. Durante o seu segundo mandato, centrouse na reforma da sanidade coñecida como "Obamacare", e na recuperación económica tras a crise de 2008. Tamén impulsou iniciativas ambientais, como o Acordo de París sobre o cambio climático.[7]

En política exterior, Obama promoveu a normalización das relacións con Cuba, sendo en 2016 o primeiro presidente dos EUA en visitar Cuba desde 1928[8] (véxase o artigo principal desxeo cubano) e negociou o acordo nuclear con Irán.

Actividade como expresidente

editar

Obama foi un activo defensor dos dereitos civís e a igualdade, e continuou participando en diversas iniciativas sociais e políticas tras deixar a Casa Branca en xaneiro de 2017.[9]

En 2016, apoiou a candidatura de Hillary Clinton á presidencia, pero foi Donald Trump quen resultou vencedor nas eleccións.

Nos anos seguintes, Obama dedicouse a escribir e a falar sobre diversos temas de relevancia pública.

En 2020, apoiou activamente a candidatura do seu ex-vicepresidente Joe Biden, quen gañou as eleccións presidenciais dese ano. Obama tamén apoiou a Kamala Harris como a primeira muller e afroamericana en ser elixida vicepresidenta dos Estados Unidos.[10] En 2024 apoiou a renuncia de Biden á reelección, e uns días despois de producirse, pronunciouse xunto con Michelle Obama a favor de Harris o 25 de xullo.[11]

Predecesor:
George Walker Bush
 
Presidente dos Estados Unidos de América

20092017
Sucesor:
Donald Trump
Predecesor:
Martti Ahtisaari
 
Premio Nobel da Paz

2009
Sucesor:
Liu Xiaobo
Predecesor:
Peter Fitzgerald
Senador dos Estados Unidos
2009presente
Sucesor:
Roland Burris
  1. "Obama culmina el sueño de cambio". El País (en castelán). 2008-11-05. ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-07-29. 
  2. http://www.nytimes.com/2009/10/10/world/10nobel.html?hp
  3. Nobel Foundation (ed.). "The Nobel Peace Prize 2009". Consultado o 09-10-2009. 
  4. "US-Obama-Peace-Prize-GOP-101009". signonsandiego.com. 10 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2009. Consultado o 29 de xullo de 2024. 
  5. BBC News: Bin Laden dead: How the U.S. finally got its man[Ligazón morta]
  6. "Qué es el tratado de armas nucleares Nuevo START y qué supone que Rusia lo haya abandonado". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2024-07-29. 
  7. Foundation, Obama. "The best possible shot to save the one planet we’ve got". Obama Foundation (en inglés). Consultado o 2024-07-29. 
  8. DeYoung, Karen; Miroff, Nick; Eilperin, Juliet (2023-04-11). "Obama begins historic visit to Cuba". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2024-07-29. 
  9. The New York Times: Obama Endorses Hillary Clinton
  10. CNN: Barack Obama congratulates Joe Biden and Kamala Harris
  11. "Barack and Michelle Obama endorse Harris: 'She gives us all reason to hope'". Los Angeles Times (en inglés). 2024-07-26. Consultado o 2024-07-29. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar