Sarah Palin
Sarah Louise Heath Palin, nada o 11 de febreiro de 1964 en Sandpoint (Idaho) é a gobernadora de Alasca e foi a candidata republicana á vicepresidencia dos Estados Unidos nas eleccións de 2008.
Traxectoria
editarAínda que vencellada a Alasca case toda a súa vida naceu na pequena localidade de Sandpoint, Idaho o 11 de febreiro de 1964. Estudou xornalismo na Universidade de Idaho e tras graduarse en 1987 traballou como xornalista deportiva para as estacións de televisión KTUU-TV e a KTVA de Anchorage e o periódico Mat-Su Valley Frontiersman de Wasilla.
En 1992 foi elixida para o consistorio de Wasilla, Alasca e en 1996 accedeu á alcaldía, permanecendo en tal posto ata 2002. Presentouse nese ano ás primarias do seu partido para o posto de vicegobernador pero quedou por atrás de Loren Leman. Dirixiu a Alaska Oil and Gas Conservation Commission entre 2003 e 2004. En 2006 presentouse ás primarias para o posto de gobernador e derrotou a Frank Murkowski, que se presentaba para a relección, e accedendo finalmente ao posto logo de superar ó candidato demócrata e antigo gobernador Tony Knowles. Converteuse na primeira muller en acceder ao cargo.
O candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos, John McCain, elixiuna como a súa candidata á vicepresidencia nas eleccións do 4 de novembro de 2008 que gañou Barack Obama, con Joe Biden como o seu candidato á vicepresidencia.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Goberno de Alasca
- Biografía, na páxina da candidatura de John McCain (en inglés)