Bidueiral de Montederramo
Coordenadas: 42°12′37″N 7°29′47″O / 42.210211111111, -7.4962583333333
Bidueiral de Montederramo | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 1.984 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3] | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Provincia de Ourense | ||
Concellos: | Montederramo, Vilar de Barrio | ||
Ríos: | río Mau, río da Queixa[4] | ||
Picos | Alto de San Mamede (1618 m) | ||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O Bidueiral de Montederramo é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue a zona de nacemento dos ríos Arnoia, Limia e Támega nas abas da serra de San Mamede, que está na zona oeste do Macizo Central ourensán. Está nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.[1][2][3][5][6]
Este espazo natural pretende conservar un dos bosques galegos mellor conservados de bidueiros e por ser un punto de transición entre os bosques de vexetación eurosiberiana a mediterránea no noroeste peninsular.[6] Destacan no ZEC os hábitats rochosos, as covas e as turbeiras activas, así como queirogais de Erica ciliaris e Erica tetralix, e a presenza de 12 especies con interese de protección elevado.[5]
Xeografía
editarO ZEC está entre a terra de Caldelas e a Limia e ocupa principalmente as parroquias de Paredes e Gabín de Montederramo e unha área menor de Rebordechau en Vilar de Barrio. Dentro do espazo atópase o lugar do Teixedo e case dentro del A Ferrería, lugares de Gabín.
Ten os regos de Corgo Figueiro e Corogo de Valdemiotos ou Torneiros, que aflúen fóra do espazo no río de Queixa; e o rego de Corgo das Aguzadeiras, que aflúe no río Mao, e a cabeceira do río Mao.
Flora e fauna
editarFlora
editarEste espazo está formando principalmente por queirogais, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e bosques autóctonos, cunha parte relativamente importante de bosque de bidueiro (Betula).
A maior área dos bosques son a das carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica. Ás carballeiras séguenas as acivreiras (Ilex aquifolium) en extensión, mesturadas entre os bidueiros. Nas ribeiras dominan os ameneiros (Alnus glutinosa) e os freixos (Fraxinus excelsio).
Nos prados destacan as formación de múltiples especies de Nardus. No bidueiral están tamén presentes zonas de turbeiras e covas.
As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[5]
Especie |
---|
Narcissus asturiensis |
Fauna
editarAs especies de maior interese do espazo en canto a súa conservación son a lagarta da serra (Iberolacerta monticola) e o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), as aves gatafornela (Circus cyaneus) e a tartaraña cincenta (Circus pygargus) e os morcegos grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) e pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros).
Outras aves de interese do espazo son os azores (Accipiter gentilis), gabiáns Accipiter nisus, a tartaraña cincenta (Circus pygargus), a aguia albela (Circaetus gallicus), os mouchos, ou o gabeador azul (Sitta europaea).
Entre os mamíferos de interese de conservación están o gato bravo (Felis silvestris), o lobo (Canis lupus) e varias especies de armiños, en particular a Mustela erminea.
As especies da fauna que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[5]
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Cerambyx cerdo |
Invertebrados | Geomalacus maculosus |
Invertebrados | Lucanus cervus |
Peixes | Chondrostoma polylepis |
Peixes | Rutilus arcasii |
Réptiles | Lacerta monticola |
Réptiles | Lacerta schreiberi |
Mamíferos | Galemys pyrenaicus |
Mamíferos | Lutra lutra |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Cultura
editarLendas
editarEsta fraga acocha unha lenda popular xa que, segundo esta, foi o escenario escollido por Romasanta, o home lobo, para acometer variedade de crimes.[7][8] Manuel Blanco Romasanta, máis coñecido como “o do unto”, confesou a finais do século XIX que froito dunha maldición foi convertido nun home lobo que saía nas noites de lúa chea. Isto deu orixe á lenda que se desencadeou neste bosque, por ser o único caso de licantropía documentado en España.[7][8]
Turismo
editarRutas accesíbeis
editarDentro do Bidueiro de Montederramo pódese realizar un itinerario que consta dunha lonxitude de 22 km e na que a dificultade só existe nos dous últimos quilómetros, xa que nos atopamos un desnivel de 250 metros.[9][10] [11][12][13]
O percorrido comeza nunha pequena aldea de Gabín, Montederramo, que nos achega ata o Bidueiro mediante unha pista transitable por vehículos. No lugar do Campo do Casar comeza esa ruta PR-G 182, ou Ruta do Bidueiro de Gabín. Consta de 9 quilómetros polo interior da fraga, onde ao seu fin se encontra ó unha construción eclesiástica.[10][13]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ Un regato afluente do río da Queixa.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Bidueiral de Montederramo Código do ZEC ES1130003.". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 6,0 6,1 "ES1130003 Bidueiral de Montederramo". Arquivado dende o orixinal o 25/09/2020. Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 7,0 7,1 Galician Garden. "Un bosque singular, el Bidueiral de Montederramo". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 8,0 8,1 Turismo Ribeira Sacra. "Bidueiral de Montederramo". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ Galicia Enteira. "Bidueiral de Montederramo, un ejemplo de verde Galicia". Arquivado dende o orixinal o 02/03/2020. Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 10,0 10,1 cuadrillo. "Ruta do Bidueiral de Montederramo". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ Creando tu provincia (06/06/2019). "Bidueiral de Montederramo". Arquivado dende o orixinal o 17/10/2019. Consultado o 24/8/2019.
- ↑ Concello de Montederramo. "Ruta do bidueiral". Arquivado dende o orixinal o 17/10/2019. Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 13,0 13,1 Rutea. "Bidueiral de Montederramo". Consultado o 24/8/2019.