Aguia albela
A aguia albela[2] (Circaetus gallicus) é unha ave rapaz. Habita na zona mediterránea, en Rusia, Oriente Medio chegando ata Paquistán e a India, mesmo algunhas illas de Indonesia. En Europa é a Península Ibérica onde a aguia albela é máis común, mentres noutras zonas de Europa está en serio perigo de se extinguir.
Aguia albela | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Circaetus gallicus (Gmelin, 1788) | |||||||||||||||||
Verán Residente Inverno |
As partes inferiores son brancas, mesmo as das ás, e con frecuencia o peito e a testa escuras. A plumaxe da cabeza pode ser clara ou máis común escura. Habita en zonas de montaña, bosques e costas. Aliméntase de cobras, lagartos e ras. Aniña nas árbores. A súa lonxitude varía entre os 63 e 68 cm e a súa envergadura entre 185 e 185 cm, pesa entre 1'7 e 1'8 kg. e ten unha esperanza de vida de 17 anos.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2013). "Circaetus gallicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Aguia albela |
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |