Cobras
Cobras Rango fósil: Cretáceo – Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Collage de cobras | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución mundial aproximada das especies de cobras
| |||||||||||||||||
Subgrupos | |||||||||||||||||
|
As cobras[1] son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e sen patas pertencentes á suborde Serpentes. Pódense distinguir dos lagartos sen patas pola súa falta de pálpebras e oídos externos. Como tódolos escamados, as cobras son vertebrados ectotermos e Amniotas cubertos por escamas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles. Para acomodar os seus estreitos corpos, os órganos pares das cobras (como os riles) están situados un despois do outro, no canto de estar ó carón, e a maioría só ten un pulmón funcional. Alguhas especies conservan a pelve e un par de poutas vestixiais a ámbolos lados da cloaca. Cobra en galego é sinónimo de serpe en xeral, non só da especie asiática que tomou o nome do galego-portugués. [2][3][4]
As cobras atópanse en tódolos continentes agás na Antártida, os Océanos Pacífico e Índico, algunhas illas grandes, coma Irlanda e Nova Zelandia, e nas pequenas illas do Atlántico e o Pacífico central.[5]
A atracción polas cobras coñécese como ofiofilia, a repulsión ofiofobia[6]. O estudo dos réptiles chámase herpetoloxía (da palabra grega usada para serpente).
DistribuciónEditar
Existen máis de 2.900 especies de cobras que habitan dende as terras de Escandinavia ata Australia.[7] As cobras poden atoparse en tódolos continentes agás na Antártida, nos océanos, ou por riba de 4.900 metros de altitude, como no Himalaia asiático.[7][8] Tamén hai moitas illas nas que as cobras están ausentes, como Irlanda, Islandia e Nova Zelandia[5][8] (malia que nas augas de Nova Zelandia son frecuentes as especies mariñas Pelamis platura e Laticauda colubrina).[9]
TaxonomíaEditar
Actualmente recoñécense unhas 20 familias de cobras, arredor de 500 xéneros e unhas 3.400 especies.[10][11] En canto ó seu tamaño, abrangue dende a máis pequena Leptotyphlops carlae de 10 cm ata o pitón reticulado de 8,7m de longo.[12][13] A especie fósil Titanoboa cerrejonensis medía 15 metros. Pénsase que as cobras evolucionaron dos lagartos acuáticos durante o período Cretáceo, e o fósil máis antigo atopado ten 112 millóns de anos. A diversidade das cobras modernas produciuse durante Paleoceno (c 66 a 56 millóns de anos). A descrición de cobra preservada máis antiga é o Papiro de Brooklyn.
VelenoEditar
- Artigo principal: Veleno de cobra.
A maioría das especies non son velenosas, e as que teñen veleno úsano principalmente para matar e subxugar ás presas e non para autodefensa. Algunhas posúen un veleno potente abondo para causar lesións ou morte para os seres humanos. As non velenosas engolen a presa viva ou mátana por constrición.
En GalizaEditar
En Galiza hai seis especies de cobras:
- Cobra lagarteira común (Coronella austríaca). É un ofidio de tamaño pequeno, e común nos toxais e queirogais.
- Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica). É unha cobra pequena e mide entre 50 e 70 cm. Aliméntase sobre todo de saurios (e algún artrópodo).
- Cobra de escada ou serpe riscada (Elaphe scalaris). É un ofidio grande, con corpo musculoso. É unha especie pouco frecuente, agás algunha zona da costa meridional coruñesa.
- Cobra rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus). É a maior dos ofidios galegos, o maior exemplar medía 182 cm, mais a maioría miden entre 90 e 140 cm. A mordedura non acostuma ser perigosa para o ser humano.
- Cobra de colar (Natrix natrix). É o ofidio máis coñecido e abundante. Teñen mala sona, mais inxustamente pois son totalmente inofensivas. En moitos sitios confúndena coa víbora. Aliméntanse sobre todo de anfibios, aínda que tamén comen algunha ave e peixes.
- Cobra viperina ou cobra de auga viperina (Natrix maura). Esta cobra asemella unha víbora mais é inofensiva. É abundante na metade sur da Galiza.
Cobra lagarteira común
(Coronella austriaca)Cobra lagarteira meridional
(Coronella girondica)Cobra de escada
(Elaphe scalaris)Cobra rateira
(Malpolon monspessulanus)Cobra de colar
(Natrix natrix)Cobra viperina
(Natrix maura)
NotasEditar
- ↑ Non se debe confundir este termo co empregado para aludir ás cobras das familias Naja e Ophiophagus, ambas membros da familia Elapidae.
- ↑ Diario, Nós. "As duas palavras galego-portuguesas mais internacionais, com um epílogo galego tragicómico". Nós Diario. Consultado o 2022-04-11.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-11.
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-04-11.
- ↑ 5,0 5,1 Roland Bauchot, ed. (1994). Snakes: A Natural History. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc. p. 220. ISBN 1-4027-3181-7.
- ↑ "Ofi-". Real Academia Galega.
- ↑ 7,0 7,1 Sanchez, Alejandro. "Diapsids III: Snakes". Father Sanchez's Web Site of West Indian Natural History. Consultado o 2007-11-26.
- ↑ 8,0 8,1 Conant R, Collins JT. 1991. A Field Guide to Reptiles and Amphibians: Eastern and Central North America. Houghton Mifflin, Boston. 450 pp. 48 plates. ISBN 0-395-37022-1.
- ↑ Natural History Information Centre, Auckland War Memorial Museum. "Natural History Questions". Auckland War Memorial Museum - Tamaki Paenga Hira. Auckland, New Zealand: Auckland War Memorial Museum. Q. Are there any snakes in New Zealand?. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 26 de abril de 2012.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Serpentes (TSN 174118)" (en inglés).
- ↑ snake species list at the Reptile Database. Consultado o 22 de maio de 2012.
- ↑ Murphy; Henderson, JC; RW (1997). Krieger Pub. Co, ed. Tales of Giant Snakes: A Historical Natural History of Anacondas and Pythons. Florida, USA. p. 221. ISBN 0-89464-995-7.
- ↑ Mehrtens, JM (1987). Living Snakes of the World in Color. Nova York: Sterling Publishers. p. 480. ISBN 0-8069-6460-X.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cobras |
BibliografíaEditar
- Behler, John L.; King, F. Wayne (1979). The Audubon Society Field Guide to Reptiles and Amphibians of North America. New York: Alfred A. Knopf. p. 581. ISBN 0-394-50824-6.
- Bullfinch, Thomas (2000). Bullfinch's Complete Mythology. London: Chancellor Press. p. 679. ISBN 0-7537-0381-5. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2014.
- Capula, Massimo; Behler (1989). Simon & Schuster's Guide to Reptiles and Amphibians of the World. New York: Simon & Schuster. ISBN 0-671-69098-1.
- Coborn, John (1991). The Atlas of Snakes of the World. New Jersey: TFH Publications. ISBN 978-0-86622-749-0.
- Cogger, Harold; Zweifel, Richard (1992). Reptiles & Amphibians. Sydney: Weldon Owen. ISBN 0-8317-2786-1.
- Conant, Roger; Collins, Joseph (1991). A Field Guide to Reptiles and Amphibians Eastern/Central North America. Boston: Houghton Mifflin Company. ISBN 0-395-58389-6.
- Deane, John (1833). The Worship of the Serpent. Whitefish, Montana: Kessinger Publishing. p. 412. ISBN 1-56459-898-5.
- Ditmars, Raymond L (1906). Poisonous Snakes of the United States: How to Distinguish Them. New York: E. R. Sanborn. p. 11.
- Ditmars, Raymond L (1931). Snakes of the World. New York: Macmillan. p. 11. ISBN 978-0-02-531730-7.
- Ditmars, Raymond L (1933). Reptiles of the World: The Crocodilians, Lizards, Snakes, Turtles and Tortoises of the Eastern and Western Hemispheres. New York: Macmillan. p. 321.
- Ditmars, Raymond L; W. Bridges (1935). Snake-Hunters' Holiday. New York: D. Appleton and Company. p. 309.
- Ditmars, Raymond L (1939). A Field Book of North American Snakes. Garden City, New York: Doubleday, Doran & Co. p. 305.
- Freiberg, Dr. Marcos; Walls, Jerry (1984). The World of Venomous Animals. New Jersey: TFH Publications. ISBN 0-87666-567-9.
- Gibbons, J. Whitfield; Gibbons, Whit (1983). Their Blood Runs Cold: Adventures With Reptiles and Amphibians. Alabama: University of Alabama Press. p. 164. ISBN 978-0-8173-0135-4.
- Mattison, Chris (2007). The New Encyclopedia of Snakes. New Jersey: Princeton University Press. p. 272. ISBN 978-0-691-13295-2.
- McDiarmid, RW; Campbell, JA; Touré, T (1999). Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 1. Herpetologists' League. p. 511. ISBN 1-893777-00-6.
- Mehrtens, John (1987). Living Snakes of the World in Color. New York: Sterling. ISBN 0-8069-6461-8.
- Nóbrega Alves, RôMulo Romeu; Silva Vieira, Washington Luiz; Santana, Gindomar Gomes (2008). "Reptiles used in traditional folk medicine: conservation implications". Biodiversity and Conservation 17 (8): 2037–2049. doi:10.1007/s10531-007-9305-0.
- Romulus Whitaker (1996). நம்மை சுட்ரியுள்ள பாம்புகள் (Snakes around us, Tamil). National Book Trust. ISBN 81-237-1905-1.
- Rosenfeld, Arthur (1989). Exotic Pets. New York: Simon & Schuster. p. 293. ISBN 978-0-671-47654-0.
- Spawls, Steven; Branch, Bill (1995). The Dangerous Snakes of Africa. Sanibel Island, Florida: Ralph Curtis Publishing. p. 192. ISBN 0-88359-029-8.
Outros artigosEditar
- Cobra (homónimos)
- A cobra na cultura popular galega
- Mitos e lendas galegas sobre os anfibios e os réptiles
- Cuélebre
- Trabada de serpe
- Veleno de cobra
Ligazóns externasEditar
- Snake Track.com (ed.). "Worldwide Snake Species List".
- Biodiversity Heritage Library (ed.). "Bibliography for "Serpentes"".