Fosilización
Na adquisición dunha segunda lingua, a fosilización é o proceso que acontece ás veces segundo o que certas características lingüísticas incorrectas tórnanse nunha parte permanente da maneira de falar ou escribir unha persoa ou colectivo. Entón, algúns aspectos da pronuncia, do uso do vocabulario ou da gramática non melloran e fican fixos ou "fosilizados" na aprendizaxe da lingua estranxeira ou segunda. Algúns trazos fosilizados de pronuncia son os que caracterizan o "acento estranxeiro". Cando acontece en colectivos, poden confundirse con trazos relícticos, e á fosilizáción neste caso adóitaselle chamar gramaticalización.