Hydrophiidae

A familia Hydrophiidae (lat. "serpe de auga") é a que corresponde as serpes mariñas, aínda que, para moitos autores, en todo caso é unha subfamilia dos Elapidae. Son serpes de pequeno talle (non superior ós 80-90 centímetros polo xeral), de corpos aplanados para nadaren mellor e cun potentísimo veleno, xa que os peixes dos que se alimentan deben perecer case instantaneamente, polo risco de perde-la presa para elas.

A taxonomía deste grupo é controvertida. A clasificación tradicional situabaas nunha familia propia, a Hydrophiidae, da que trata este artigo, dividida en dúas subfamilias: Hydrophiinae e Laticaudinae. Posteriormente, estudos filoxenéticos fixeron que nas clasificacións modernas se sitúen dentro da familia Elapidae, e as dúas subfamilias de serpes mariñas estarían incluídas dentro dela, xunto coa familia Elapinae. A situación taxonómica exacta aínda non está clara. (ver Hydrophiinae).