Laticauda

(Redirixido desde "Laticaudinae")

Laticauda é un xénero de serpes mariñas velenosas da familia dos elápidos. Considérase xeralmente que pertencen á subfamilia Hydrophiinae, pero nalgunhas claasificacións sitúanse nunha familia propia, a Laticaudinae, da cal é o único xénero. Son de vida semiacuática e conservan as escamas ventrais anchas típicas das serpes terrestres para poder moverse en terra cando saen da auga, pero tamén teñen colas con forma de remo adaptadas para nadar mellor.[1] A diferenza do resto das serpes mariñas, que son completamente acuáticas e ovovivíparas (e poden reproducirse no mar), as Laticauda son ovíparas e deben ir a terra para poñer os ovos.[2] Tamén teñen orixes evolutivas independentes en hábitats acuáticos, xa que as Laticauda diverxeron máis cedo doutros elápidos de Australasia.[3][4] As Laticauda e o resto das serpes mariñas son un exemplo de converxencia evolutiva no hábitat acuático mariño. As Laticauda son tamén confundidas a miúdo coas Bungarus, que non son acuáticas.

DescriciónEditar

As Laticauda son semiacuáticas, polo que teñen adaptacións morfolóxicas para poder vivir tanto no mar coma en terra. As súas especies mostran características fenotípicas intermedias entre as do resto das serpes mariñas e os elápidos terrestres. Teñen unha cola aplanada verticalmente con forma de remo (igual que o resto das serpes mariñas) e orificios nasais situados lateralmente e escamas ventrais anchas expandidas lateralemente (similares ás dos elápidos terrestres).[1][5][6] Nos seus corpos teñen un debuxo a bandas claras e escuras, as escamas nasais están separadas por escamas internasais, e o óso maxilar esténdese cara adiante alén do óso palatino.[2] Os membros de Laticauda poden medrar ata os 1,5 m e longo.[7]

DistribuciónEditar

As especies de Laticauda viven nas illas do sur e sueste de Asia estendéndose desde a India no oeste, polo norte ata Xapón, e polo sueste ata Fixi. Atópanse fundamentalmente en augas costeiras. Viven arredor doa arrecifes de coral.[8]

DietaEditar

Aliméntanse no océano, comendo principalmente moreas e congros, e algunhas luras, cangrexos e peixes. Nunca se observou que se alimentasen en terra.

ComportamentoEditar

As especies de Laticauda son a miúdo activas pola noite, que é cando prefiren cazar. Aínda que posúen un veleno moi tóxico, estas serpes son normalmente tímidas e solitarias e, en Nova Caledonia, onde se denominan tricot rayé ("xersei a raias"), os nenos xogan con elas. As trabadas son raras, pero deben ser tratadas inmediatamente. As trabadas ocorren principalmente en condicións de pouca luz (noite), e cando a serpe é collida bruscamente (por exemplo, se a agarran moi forte) cando está na auga, ou é sacada de súpeto fóra da auga. Cando están en terra, as trabadas son extremadamente raras.[9] As Laticauda semifasciata, en número de centos, forman alianzas para a caza cos peixes Mulloidichthys martinicus e Caranx melampygus, facendo saír as presas potenciais das estreitas fendas dos arrecifes da mesma maneira que fan algunhas moreas.[10][11] Poden facer inmersións de ata 80 m nunha soa expedición de caza.[12] Teñen a notable capacidade de gabear por rochas verticais dos seus hábitats costeiros de rocha calcaria.[1]

ReproduciónEditar

As femias de Laticauda son ovíparas, e volven a terra para aparearse e poñer os ovos. Varios machos forman unha bóla de apareamento arredor dunha femia, enroscando os seus corpos no que se denomina "ondas caudocefálicas". Aínda que estes animais poden aparecer en altas densidades en lugares axeitados, é moi raro atopar niños de ovos, o que suxire que deben encontrar condicións específicas para a nidificación.

Especies e taxonomíaEditar

Nalgunhas clasificacións distínguense cinco especies, pero actualmente recoñécense oito como válidas.[13][14]

As especies L. schistorhyncha e L. semifasciata foron situadas no xénero Pseudolaticauda por algúns autores.[16]

ParasitosEditar

As serpes mariñas poden ter carrachas parasitas, que en ocasiósn producen grandes infestacións. Cómpre investigar como as adquiren e como respiran na auga estas carrachas.[17]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Wilson, Stephen K.; Swan, Gerry (2013). A Complete Guide to Reptiles of Australia. Chatswood, New South Wales: New Holland Publishers. p. 564. 
  2. 2,0 2,1 Cogger, Hal (2000). Reptiles and Amphibians of Australia. Sydney, NSW: Reed New Holland. p. 722. 
  3. Pyron, R. Alexander; Burbrink, Frank T.; Colli, Guarino R.; de Oca, Adrian Nieto Montes; Vitt, Laurie J.; Kuczynski, Caitlin A.; Wiens, John J. (2011-02-01). "The phylogeny of advanced snakes (Colubroidea), with discovery of a new subfamily and comparison of support methods for likelihood trees". Molecular Phylogenetics and Evolution 58 (2): 329–342. ISSN 1095-9513. PMID 21074626. doi:10.1016/j.ympev.2010.11.006. 
  4. Keogh, J. Scott (1998-02-01). "Molecular phylogeny of elapid snakes and a consideration of their biogeographic history". Biological Journal of the Linnean Society 63 (2): 177–203. doi:10.1006/bijl.1997.0178. 
  5. Shine, R.; Shetty, S. (2001-03-01). "Moving in two worlds: aquatic and terrestrial locomotion in sea snakes (Laticauda colubrina, Laticaudidae)". Journal of Evolutionary Biology (en inglés) 14 (2): 338–346. ISSN 1420-9101. doi:10.1046/j.1420-9101.2001.00265.x. 
  6. Brischoux, François; Kato, Akiko; Ropert-Coudert, Yan; Shine, Richard (2010-10-30). "Swimming speed variation in amphibious seasnakes (Laticaudinae): A search for underlying mechanisms". Journal of Experimental Marine Biology and Ecology 394 (1–2): 116–122. doi:10.1016/j.jembe.2010.08.001. 
  7. Shine, Richard; Shetty, Sohan (2002). "Activity Patterns of Yellow-Lipped Sea Kraits (Laticauda colubrina) on a Fijian Island". Copeia 2002 (1): 77-85.
  8. Wilson, Don E.; Burnie, David. (editors-in-chief) (2005) [2001]. Animal. London & New York: Dorling Kindersley. ISBN 978-0-7894-7764-4. 
  9. "La Lettre de la Délégation n°202". Notes du Centre d'Études Biologiques de Chizé (UPR1934 CNRS) (CNRS DR15) (en francés) 202. 2016-03-29. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2017. Consultado o 2017-03-23. 
  10. "Black-banded sea krait photo - Laticauda semifasciata - G78940". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2012. Consultado o 2011-07-30. 
  11. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2015-08-18. 
  12. Motani, Ryosuke (19 May 2009). "The Evolution of Marine Reptiles". Evo Edu Outreach 2 (2): 224–235. doi:10.1007/s12052-009-0139-y. 
  13. Heatwole H, Busack S, Cogger H (2005). "Geographic variation in sea kraits of the Laticauda colubrina complex (Serpentes: Elapidae: Hydrophiinae: Laticaudini)". Herpetological Monographs 19: 1-136.
  14. Cogger HG, Heatwole HF (2006). "Laticauda frontalis (de Vis, 1905) and Laticauda saintgironsi n.sp. from Vanuato and New Caledonia (Serpentes: Elapidae: Laticaudinae) – a new lineage of sea kraits?" Records of the Australian Museum 58: 245-256.
  15. Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Laticauda guineai, p. 112).
  16. Kharin VE, Czeblukov VP (2006). "A new revision of the sea kraits of family Laticaudidae Cope, 1879 (Serpentes: Colubroidea)". Russian Journal of Herpetology 13: 227-241.
  17. "Sea snake parasites – 1". Tropical Research and Conservation Centre. 8 March 2011. Arquivado dende o orixinal o 2 April 2012. Consultado o 9 October 2017. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Laurenti JN (1768). Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: "Joan. Thom. Nob. de Trattnern". 214 pp. + Plates I-V. (Laticauda, new genus, p. 109). (en latín).

Ligazóns externasEditar