Agatuñadeira eurasiática
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
A agatuñadeira eurasiática,[3] tamén chamado gabeador azul[4] ou piquelo azul[5], (Sitta europaea) é un paxaro da familia Passeridae, estendido por Asia e Europa, excepto, algunhas zonas como Irlanda e a maior parte de Escocia, onde é descoñecido.
Agatuñadeira eurasiática | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sitta europaea Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Mapa da distribución xeográfica da especie, sobre a base de Harrap,[2]
|
É moi sociábel, excepto en período de reprodución. É extremadamente áxil e escala nas árbores con facilidade, e moitas veces, descende por eles cabeza abaixo.
Descrición
editarA agatuñadeira eurasiática mide uns 14 cm de longo, e ten unha típica cabeza grande, rabo curto, pico poderoso e patas fortes. É de cor gris azulada por arriba, e ten unha especie de lista negra nos ollos. Os espécimes de Asia e do Norte de Europa (S. e. asiatica e S. e. europaea respectivamente) son brancos por embaixo, salvo no peito e na área ventral. Os exemplares de Europa occidental (S. e. caesia) teñen as partes de embaixo polo xeral dunha cor vermelliza. Os paxaros novos son versións "esvaídas" dos adultos.
É un paxaro alegre, do que é frecuente escoitar o seu son típico, un repetido "tuí-tuí-tuí".
Alimentación
editarDurante a primavera e verán aliméntase, sobre todo, de insectos, principalmente eirugas e coleópteros; no resto do ano gosta de sementes, bagas, noces, abelás, landras, bagas de faias, que con frecuencia mete entre a cortiza para poder fender. As crías aliméntanse principalmente dos insectos que lles proporcionan os seus pais, con algunhas sementes. Os alimentos atópanse principalmente en troncos de árbores e pólas grandes, pero tamén poden buscalo en pólas máis pequenas e poden sacar alimentos do chan, especialmente fóra da época de cría. Acode aos comedeiros artificiais.
Hábitat
editarPrefire bosques vellos con grandes árbores centenarios,[6] mixtos ou de follaxes, sebes, parques e grandes xardíns con árbores vellas.
Reprodución
editarGosta dos antigos niños, forrados de cortizo e de follas, con orificio que tapiza de lama. Pon de 6 a 9 ovos, entre os meses de abril e xullo.
Nomes noutras linguas
editar- Alemán: Kleiber
- Inglés: Nuthatch
- Español: Trepador azul
- Italiano: Picchio muratore
- Sueco: Nötväcka
- Polaco:Kowalik
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Sitta europaea". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Harrap 1996, p. 36.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos; Silvar, Calros (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións.
- ↑ Savi, Paolo (1873). "Uccelli silvani: Sitta caesia". Ornitologia italiana: opera postuma (en italiano) I. Florencia: Successori Le Monnier. pp. 271–273. OCLC 28108885. doi:10.5962/bhl.title.60988.