Negreiros, Silleda
San Martiño de Negreiros é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 203 habitantes (103 homes e 100 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 212 habitantes.
Negreiros | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Negreiros. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′12″N 8°16′02″O / 42.71998123, -8.26729452 |
Poboación | 203 hab. (2001) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e patrimonio
editarEsta parroquia xa aparece citada nun documento do ano 878. Da igrexa parroquial destaca o campanario, así como o seu interior, que conserva elementos do románico.
Destaca tamén a chamada casa de don Darío, que debe o seu nome ao médico Darío López. Conta cunha capela, que tras o paso da vía do ferrocarril Santiago-Ourense, quedou separada do resto do complexo, polo cal lles foi construído un paso elevado para comunicar ambas partes. Outro elemento do patrimonio esta parroquia é a Ponte da Pedra, construción medieval situada sobre o río Toxa, que baña Negreiros, e por onde cruza cara a veciña parroquia de Chapa, seguindo o trazado da Vía da Prata.
Nesta parroquia naceu José Fernández Viéitez, alcalde de Silleda polo PP entre 1999 e 2007.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Negreiros, Silleda.
-
Fiestra na igrexa de Negreiros.
-
Igrexa e cruceiro de Negreiros.
-
Fonte.
Lugares e parroquias
editarLugares de Negreiros
editarLugares da parroquia de Negreiros no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
O Campo | O Couto | Negreiriños | Outeiro | A Ponte da Pedra | Ribeirao | Riobó | Riocalvo | Sachocos | San Martiño |