María Xosé Porteiro

xornalista, política, feminista e escritora galega
(Redirección desde «María José Porteiro García»)

María Xosé Porteiro García, nada en Madrid o 25 de maio de 1952,[1] é unha xornalista, política e escritora galega de narrativa e ensaio. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.

Infotaula de personaMaría Xosé Porteiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María José Porteiro García Editar o valor em Wikidata
25 de maio de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
29 de marzo de 2004 – 28 de setembro de 2007 – Francisco Veiga Soto →

Circunscrición electoral: Pontevedra

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , política , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXosé Antonio Perozo (1973–2003) Editar o valor em Wikidata
FillosLlerena Perozo Porteiro, Ozo Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 3186 AELG: 66 Dialnet: 2634388

Traxectoria editar

Naceu na capital de España de pai galego e nai asturiana. Pasou a súa infancia en Cuba[2] ata que a súa familia se instalou en Vigo. É licenciada en Publicidade.

Foi directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles.[3] Desde 1999 ata xullo de 2001, foi directora xerente da empresa pública municipal do Concello de Santiago "Información y Comunicación Local, S.A.", desde a que dirixiu a promoción da "Capitalidad cultural europea" do ano 2000. Pertenceu ao primeiro consello de administración de TVE Galicia.[4]

Traballou na emisora de radio La Voz de Vigo e no xornal El Pueblo Gallego. Dirixiu o espazo informativo A bisbarra en Radio Popular de Vigo (1981-1985). Como periodista e escritora publica na La Voz de Galicia, El País e Tiempo. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo.

Concelleira polo PSdeG en Vigo, foi tenente de alcalde (1987-1991) e (2003-2006),[5] deputada no Parlamento de Galicia (1989-1997) e no Congreso dos Deputados (2004-2007), onde foi voceira adxunta da comisión de exteriores. Desde o 1 de outubro de 2007 ata abril de 2009 foi delegada da Xunta de Galicia na Arxentina. Membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa. Desde xullo dese ano foi a directora do Museo del Ferrocarril de Madrid, posto que abandonou en 2010 para facerse cargo da dirección de Comunicación da Fundación Ferrocarriles Españoles.

En agosto do 2019 co apoio do Partido Popular e do Partido Socialista de Galicia é designada polo Parlamento galego como adxunta á Valedora do Pobo [6][7][8]. Desde 2019 é coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega (antes Comisión de Igualdade).

Presenta autores e autoras e realiza moderación como conferenciante de coloquios literarios no Club Faro de Vigo[9][10][11] e no Centro de Documentación de Recursos Feministas de Vigo[12].

Como escritora de ficción histórica destaca Sándalo, unha novela onde a autora recolle douscentos anos de percorrido na historia colectiva.[13][14]

Obra en galego editar

Novela editar

Obras colectivas editar

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Vine, vi y ... ¡hablé!. Las mujeres frente al discurso público (2012). Auga Editora. 162 páxs. ISBN 9788493825386.

Premios editar

  • Premio Ernestina Otero 2020 concedido na cidade de Vigo polo seu labor e traxectoria.[29]
  • En xullo de 2009 o Consello de Ministros de España acordou concederlle a Encomenda ao Mérito Civil pola súa aportación á política exterior española.[4]
  • En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.[30]

Notas editar

  1. "María Xosé Porteiro". www.aelg.gal. Consultado o 26/2/2019. 
  2. Porteiro, María Xosé. “Para dar cun relato da emigración, hai que loitar contra o esquecemento, contra a amnesia inducida e sen mitificar nada”. Praza Pública. Entrevista con Alberto Ramos. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  3. "Porteiro, María Xosé". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-08. 
  4. 4,0 4,1 "María Xosé Porteiro García Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-06-08. 
  5. "María Xosé Porteiro presenta su renuncia como edil y será sustituida por Abel Losada". Faro de Vigo (en castelán). 31/10/2006. Consultado o 26/2/2019. 
  6. Iglesias, Luis (2019-08-25). ""No es un reto, es una oportunidad maravillosa" María Xosé Porteiro". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2019-12-16. 
  7. Redacción (2019-08-01). "El Parlamento gallego elige a María Xosé Porteiro como adjunta a la Valedora do Pobo". España Exterior (en castelán). Consultado o 2019-12-16. 
  8. "El PSdeG propone a María Xosé Porteiro como adjunta a la valedora do Pobo". Atlántico (en castelán). 2019-07-30. Consultado o 2019-12-16. 
  9. Ocampo, Elena. "Traba y Oliveira: "El sexismo pervive en sentencias como 'la manada' de Manresa"". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-02-06. 
  10. "Suspiros de España: El nacionalismo español, 1808-2018, Charlas y Conferencias en Vigo – Ocio en Faro de Vigo". ocio.farodevigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-06. 
  11. 11,0 11,1 Franco, Fernando. "De las casas de lenocinio, holganza y malvivir". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-02-06. 
  12. "María Xosé Porteiro presenta «Sándalo»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-10-22. Consultado o 2020-02-06. 
  13. "A MÁIS LATINOAMERICANA DAS NOVELAS GALEGAS". Tempos Dixital. 2019-09-15. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-06. 
  14. 14,0 14,1 "Ramón Nicolás escribe sobre Sándalo, de María Xosé Porteiro". Editorial Galaxia. 2019-06-04. Consultado o 2020-02-06. 
  15. "Cobardes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 
  16. "María Xosé Porteiro guía un paseo literario por O Calvario". Faro de Vigo (en castelán). 23/4/2017. 
  17. 17,0 17,1 Región, La (2019-06-10). "María Xosé Porteiro: “Vuelve el momento de entender lo que es irse de casa, la emigración"". La Región (en castelán). Consultado o 2019-12-16. 
  18. 18,0 18,1 OpenHost,SL. "María Xosé Porteiro: “De la emigración gallega no sabemos nada, pero debemos sentirnos muy orgullosos”". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2019-12-16. 
  19. Adán, Carme (xullo, agosto, setembro 2019). "Relatos de vida ou a paixón da liberdade". Grial LVII (223): 77–78. ISSN 0017-4181. 
  20. OpenHost,SL. "Consuelo Rumí y Pilar Pin arropan a María Xosé Porteiro en la presentación de su novela ‘Sándalo’ en Madrid". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2020-02-06. 
  21. "BUSCANDO A CLARA Candeán - Cabral - A Madroa de Porteiro, María Xosé: ELVIRA EDITORIAL 9788494878640 - Imosver". www.iberlibro.com (en castelán). Consultado o 2020-02-06. 
  22. Región, La (2019-06-10). "María Xosé Porteiro: “Vuelve el momento de entender lo que es irse de casa, la emigración"". La Región (en castelán). Consultado o 2020-02-06. 
  23. Sanmartín, Xabier (2023-05-08). "La escritora y periodista María Xosé Porteiro presenta ‘Tabiba’". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2023-06-08. 
  24. 24,0 24,1 Con Xosé Antonio Perozo.
  25. "Marilar Aleixandre". www.aelg.gal. Consultado o 2020-02-06. 
  26. "100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura". consellodacultura.gal (en inglés). Consultado o 2020-02-06. 
  27. "Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio". Hércules Ediciones (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-06. 
  28. "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10. 
  29. "María Xosé Porteiro, premio Ernestina Otero por el 8-M". Atlántico (en castelán). 2020-02-28. Consultado o 2020-02-28. 
  30. Press, Europa (2023-08-07). "O Festival de Cans recibe este mércores o premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña". www.europapress.es. Consultado o 2023-08-08. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar