Santiago Ferragud
Músico e escritor galego
Santiago Alonso Ferragud, coñecido como Santiago Ferragud, nado en Vigo o 23 de xaneiro de 1949, é un músico e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1949 (75 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | músico, escritor |
Traxectoria
editarEstudou na Escola de Peritos de Vigo, traballou nas empresas auxiliares dos estaleiros e tamén de funcionario municipal.[1]
En 1965 fundou a banda de rock and roll Los Temples.[2]
En 2011 fundou Xardín desordenado[3] na que musicaron textos de diferentes autores galegos, como Carlos Casares e María Victoria Moreno.
Todo chega desde o mar (2022) é a súa primeira novela:[4][5] na que aparecen a folga do metal de Vigo, o GRAPO, e outros episodios da historia de Vigo.[6]
Obra
editar- Todo chega desde o mar (2022). A Coruña: Medulia Ed. 234 páxs. ISBN 9788412553215. Limiar de Manuel Bragado.
Notas
editar- ↑ "Concello de Vigo" (PDF). sede.vigo.org.
- ↑ Ferragud, Santiago (2022). Todo chega desde o mar. Medulia.
- ↑ "orixe Xardin desordenado". Consultado o 2023-01-08.
- ↑ Nicolás, Ramón (2022-06-21). "Todo chega desde o mar, de Santiago Ferragud". Caderno da crítica. Consultado o 2023-01-08.
- ↑ Bragado, Manuel (2022-06-21). "‘Todo chega desde o mar’". Faro de Vigo. Consultado o 2023-01-08.
- ↑ Atlántico (2022-10-04). ""A chegada da república e da CNT a Vigo foi o xerme do movemento sindical e da folga do 72"". Atlántico. Consultado o 2023-01-08.