Premio de Igualdade Ernestina Otero

O Premio de Igualdade Ernestina Otero é un galardón honorífico, promovido polo Consello Municipal da Muller e Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo en defensa da igualdade. Creouse en 2013 e ten carácter anual.

EdiciónsEditar

A primeira edición do premio celebrouse en 2013 coincidindo coa celebración dos actos con motivo do Día Internacional das Mulleres, que organizan a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e Consello Municipal da Mujer. O galardón tamén é obra dunha muller, a artista Cuqui Piñeiro, unha escultura en bronce que representa a unha muller montando en bicicleta.[1]

 
Premio 2019 a María Xosé Queizán.
  • I Premio 2013. Carmen Segurana, sindicalista que participou na organización do Movemento Democrático de Mulleres.[2]
  • II Premio 2014. Isabel Blanco, xinecóloga comprometida coa defensa dos dereitos e da saúde das mulleres.[3]
  • III Premio 2015. Antía Cal, pedagoga recoñecida polo seu traballo e esforzo no ámbito da enseñanza.[4]
  • IV Premio 2016. Coral del Río, catedrática e primeira directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, polo seu compromiso nos estudios de xénero.[5]
  • V Premio 2017. Rosa Cobo, profesora de Socioloxía, pola súa traxectoria en favor da igualdade de xénero.[6]
  • VI Premio 2018. Ana Gandón, ex-concelleira do Concello de Vigo, polo seu labor realizado en defensa dos dereitos das mulleres.[7]
  • VII Premio 2019. María Xosé Queizán, unha das intelectuais feministas máis relevantes de Galicia, pola súa ampla traxectoria.[8]
  • VIII Premio 2020. María Xosé Porteiro, xornalista, escritora, feminista e política, pola súa defensa dos dereitos da muller[9]

NotasEditar