Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo é un organismo que puxo en funcionamento a Universidade de Vigo en 2006 para acadar a igualdade entre mulleres e homes no seu ámbito. Estivo dirixida por Coral del Río[1], Anabel Penín[2][3] e dende xuño de 2018 a directora é Águeda Gómez Suárez.[4]

En 2021 a Universidade de Vigo converteuse na primeira universidade española na que as mulleres poden acceder de xeito gratuíto a produtos de hixiene feminina, a Unidade de Igualdade impulsou esta medida pioneira para facer fronte á pobreza menstrual.[5]

Publicacións editar

  • Informe diagnose da igualdade, 2009
  • Plan de igualdade entre mulleres e homes na Uvigo.[cando?]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns editar