Mercedes Oliveira
Mercedes Oliveira Malvar, tamén coñecida como Chis Oliveira,[1] nada en Pontevedra o 25 de maio de 1957, é unha filósofa, profesora e escritora galega.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Mercedes Oliveira Malvar 25 de maio de 1957 (67 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - doutoramento |
Actividade | |
Ocupación | filósofa |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Familia | |
Pai | Juan Oliveira |
Traxectoria
editarViviu de nena en Tui.[2] Estudou Filosofía e Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta (1997).[3] Exerceu a docencia no IES Saturnino Montojo de Ferrol, no Val Miñor de Nigrán e no María Soliña de Cangas. Foi Catedrática de Filosofía no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo ata a súa xubilación.
Foi tamén profesora no Diploma Superior de Saúde Sexual e Reprodutiva da Escola Nacional de Sanidade en Madrid e en Estremadura, no Mestrado de Xénero e Políticas de Igualdade da UViGO e no Mestrado de Xénero da UdC. Colaborou coa Universidade de Córdoba.[4] Nos Centros de Formación do Profesorado foi coordinadora de Seminarios permanentes en Vigo[5] e impartiu moitos cursos de filosofía, didáctica, coeducación, feminismo, sexualidade, transversalidade, multiculturalidade, prevención da violencia, bullying etc…[2]. Na IPPF (International Planned Parenthood Federation) foi representante voluntaria do Estado Español en temas de Dereitos Sexuais en IPPF European Network Regional Council Meeting celebradas en Praga, Oslo, Dublín, Roma, Talín e Luxemburgo.[4]
Formou parte do grupo Enxergo de Didáctica da Filosofía. Foi presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003), da que foi representante internacional. Redactou o “II Plano Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de Trato das Mulleres de Vigo”.
En 2018, Chis Oliveira e Amada Traba publicaron am@me. Pensar o amor no século XXI an Editorial Galaxia, un libro "que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor".[6] En 2021 publicou con Priscila Retamozo o libro «Comando igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!» un manual de feminismo na que abordan, ademais de conceptos básicos da teoría feminista, a historia do Comando Igualdade, un proxecto coeducativo que traballa a igualdade de xénero coa mocidade.
É filla do escultor Juan Oliveira Viéitez.
Publicacións
editar- Platón. Cou. Biblioteca de Filosofía (1990). Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 44 páxs. ISBN 84-7507-483-9.
- O Animal Humano. 3º de BUP. Biblioteca de Filosofía (1993). Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 72 páxs. ISBN 84-7507-737-4.
- EROS: Materiais para pensar o amor. Biblioteca de Filosofía /Etica (1994). Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 80 páxs. ISBN 84-7507-833-8.
- A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta (1997) Tese de doutoramento. Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela.
- La educación sentimental. Una propuesta para adolescentes (1998). Editorial Icaria, colección Antrazyt nº 131. Barcelona. ISBN: 84-7426-393-X.
- ¿Quen somos?. Filosofía 1º Bachillerato (2000). Edcións Xerais de Galicia, Vigo. ISBN: 84-8302-514-0.
- "La educación sentimental. Una carencia en el sistema educativo". En Santos Guerra, M. A. (coord): El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar (2000). Editorial Graó, col. Biblioteca de Aula, nº 149, Barcelona. ISBN: 84-7827-237-2.
- Aprendendo a ver a desigualdade. 8 de marzo Día Internacional da Muller (2002). Colección de Igual a Igual. Concellería de Educación e Muller, Concello de Vigo. D.L.VG-197-2002.
- O corpo como campo de batalla (2002). Colección de Igual a Igual. Concellería de Educación e Muller, Concello de Vigo. D.L.: VG-959-2002.
- am@me. Pensar o amor no século XX/ (2018) con Amada Traba. Galaxia. 352 páxs. ISBN 978-84-9151-263-9.
- Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas! (2021) con Priscila Retamozo. Catro Ventos. 172 páxs. ISBN 978-84-122499-7-2
Publicacións colectivas
editarNo Grupo ENXERGO de Didáctica da Filosofía:
- "Textos" Selectividade COU. (1993) O Comentario de Textos. Biblioteca de Filosofía. Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 5ª Ed. ISBN: 84-7507-513-4.
- Proposta Didáctica para o ensino da Filosofía (1994). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-7507-829-1.
- O Comentario de Texto. Textos da selectividade. Comentario e Exemplificacións (1996). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-022-X.
- Etica 4º E.S.O. (1999). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-381-4.
- Proxecto Curricular Etica 4º E.S.O. (1999). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-397-0.
- Historia da FILOSOFÍA 2º BACHILLERATO (2001). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-655-4.
- Proxecto Curricular FILOSOFÍA 1º BACHILLERATO (2000). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-503-5.
- “La educación sentimental. Una carencia en el sistema educativo.” En Santos Guerra (coord): El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar (2000). Editorial Graó.[7]
- “Feminismo e sociedade laica” en Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir. MNG Mulleres Nacionalistas Galegas, Vigo (2008).[8]
- Oliveira Malvar, Chris; Traba Díaz, Amada (2021). "Repensar a sexualidade no século XXI". ADRA. Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego (16): 119–139.
Outras:
- II Plan Municipal para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo (2003-2004) (2003). Concellería de Muller Concello de Vigo. ISBN: 6881407-5.
- A composición filosófica. Probas de Selectividade (2011). Xerais. ISBN 978-84-9914-203-6.[9]
- Oliveira Malvar, Chis; Traba Díaz, Amada (2021). "Repensar a sexualidade no século XXI". ADRA. Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego (16): 119–139.
Recoñecementos
editar- 1995. Premio Nacional Educación e Sociedade a materiais didácticos de innovación educativa do MEC polos libros O animal humano e Eros: Materiais para pensar o amor .[2]
- 2009. Premio IRENE: la paz empieza en casa, do Ministerio de Educación: Diseño y puesta en marcha de un programa de educación afectivo-sexual en 4.º de ESO, do IES «Alexandre Bóveda». Vigo, Pontevedra. Mención honorífica.[10]
- 2010. Premio IRENE: la paz empieza en casa, do Ministerio de Educación: Primeiro premio dotado con 10.000 euros. Bata por fuera, mujer por dentro, do IES «Alexandre Boveda». Vigo, Pontevedra.[11]
- 2017. Viguesa Distinguida.[12]
- 2021. Premio de Igualdade Ernestina Otero.[13]
Notas
editar- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 4/4/2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Mercedes Oliveira Malvar". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 4/1/2019.
- ↑ Malvar, Mercedes Oliveira (1998). "La educación afectivo-sexual en la adolescencia: epistemología" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ 4,0 4,1 "Ficha da autora". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 04/01/2019. Consultado o 4/4/2019.
- ↑ "Mercedes Oliveira Malvar. Currículum abreviado". pmayobre.webs.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 04/01/2019. Consultado o 4/1/2019.
- ↑ "ám@me". Editorial Galaxia. Consultado o 4/4/2019.
- ↑ Guerra, Miguel Ángel Santos; Fernández, M. Gloria Arenas; García, Nieves Blanco; Morales, Graciela Hernández; Solís, Rafael Castañeda; Guijarro, Concepción Jaramillo; Sánchez, Emilia Moreno; Rodriguez, M. Elena Simón; Malvar, Mercedes Oliveira (2000-09-18). El harén pedagógico: Perspectiva de género en la organización escolar (en castelán). Grao. ISBN 9788478275632.
- ↑ "Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir" (PDF). feminismo.org. 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28/04/2011. Consultado o 4/1/2019.
- ↑ "A composición filosófica. Probas de Selectividade". Catálogo da Rede de biblitoecas Públicas de Galicia. Consultado o 15/11/2021.
- ↑ "Resolución de 21 de diciembre de 2009, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se conceden los «Premios IRENE: la paz empieza en casa» 2009" (PDF). Boletín Oficial del Estado.
- ↑ "Resolución de 10 de diciembre de 2010, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se conceden los «Premios IRENE: la paz empieza en casa» para 2010" (PDF). www.boe.es.
- ↑ "Mercedes Oliveira Malvar: "Este premio avala una forma alternativa de educar"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 4/4/2019.
- ↑ Atlántico (2021-03-09). "Chis Oliveira, recoñecida co Premio de Igualdade Ernestina Otero 2021". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-04-29.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercedes Oliveira |
Bibliografía
editar- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 671. ISBN 84-7492-465-0.
Outros artigos
editar- Juan Oliveira Viéitez (pai)
Ligazóns externas
editar- «El rechazo al feminismo es mínimo comparado con el apoyo que tiene» La Voz de Galicia 11/7/2017.
- Mercedes Oliveira, Redactora del manual de Educación para a Cidadanía en Galicia: "A los padres que se oponen…" Faro de Vigo 21/09/2018 (en castelán).
- Platón: unha reflexión sobre o fracaso. Guion Mercedes Oliveira, Alfonso Sola e Valentín Carrera. Pontevedra (1986).
- IV Jornada Conectado y Seguro (Mérida). Relaciones amorosas y sexualidad en las redes sociales. Mercedes Oliveira Malvar y Amada Traba Díaz. 1/3/2018.