Malores Villanueva
María Dolores Villanueva Gesteira, máis coñecida como Malores Villanueva, nada na Xesteira (Almofrei, Cerdedo-Cotobade) o 26 de xuño de 1982, é unha profesora e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1982 (42 anos) A Xesteira, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, filóloga, editora literaria |
Traxectoria
editarEstudou no Colexio Público Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas) e no IES Xunqueira II (Pontevedra). Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Filoloxía Galega, obtendo o Premio Nacional Fin de Carreira, e en Filoloxía Románica, licenciatura pola que recibiu o Premio Fin de Carreira de Galicia. O 20 de xaneiro de 2016 defendeu a súa tese de doutoramento: A Editorial Galaxia: proxecto e traxectorias 1950-1963[1], tema que volveu tratar nos 70 anos da Editorial.[2]
Entre 2006 e 2011 foi secretaría dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia e impartiu docencia na licenciatura e grao de Filoloxía Galega (USC) entre 2009 e 2011. Tamén foi Professora d'Estudis Gallecs (lectora da Xunta de Galicia) na Universidade de Barcelona[3]. En xullo de 2017 aprobou as oposicións de secundaria en Lingua Galega e Literatura[4] e comezou a impartir docencia no IES San Tomé de Freixeiro de Vigo e logo en 2019 con destino definitivo no IES Álvaro Cunqueiro da mesma cidade.[5]
Antes de aprobar as oposicións foi Directora de edición e comunicación da Editorial Galaxia[6] e desde 2018 editora externa.
Participou como xurado nos Premios da Crítica 2018[7] e no Premio Blanco Amor de novela[8] e no Premio de Relato Breve Nélida Piñon[9]. Coordinou o Premio de narrativa Illa Nova[10] e o Premio Viadutos de Novela do Concello de Redondela.
Colaborou en publicacións coma Grial, Revista Sarmiento, A Trabe de Ouro, Revista Murguía, Boletín da Real Academia Galega, Fronterad-Revista dixital, Tempos Novos, Estudos de Lingüística Galega, Informe de Literatura ou Madrygal. Revista de estudios gallegos.[11] Algúns son críticas literarias, pero moitos outros teñen que ver coa situación lingüística durante o franquismo, os discursos, o galeguismo nese momento crucial. Tamén con artigos semanais en La Voz de Galicia.
Foi padroeira e secretaria da Fundación Penzol e da Fundación Premios da Crítica e formou parte dende o 1 de febreiro de 2016 do Consello Social da Lingua do Concello de Vigo. Tamén foi colaboradora externa do Instituto da Lingua Galega [12] e participou en ProLingua.
Colaborou en Chamando á terra da Radio Galega[13], no Zig Zag da TVG e mesmo foi pregoeira da Festa do Petote en Carballedo (Cotobade) en 2011[14].
En 2023 dedicóuselle o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, do que Malores Villanueva é unha estudosa,[15] polo que publicou artigos, libros (en Galaxia) e foi co-comisaria de exposicións con Malós Cabrera.[16]
Publicacións
editar- Lingua en sociedade, a aldea da Xesteira (2006), Deputación de Pontevedra-Consello da Cultura Galega. Premio Antón Fraguas de Investigación.
- A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo (2010), Deputación de Pontevedra. Premio novos investigadores: Humanidades e ciencias sociais.
- Anton Fraguas. Mestre da memoria (2019). Editorial Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-310-0.
- Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia (2022). Vigo: Galaxia. 252 páxs. ISBN 978-84-9151-966-9.[17]
En obras colectivas:
Mil e un Cunqueiros: novas olladas para un centenario : do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011 (2014),coord. por Manuel Forcadela, Teresa López, Dolores Vilavedra Fernández, "Álvaro Cunqueiro na órbita de Galaxia: a recuperación do escritor", páxs. 263-279 e "Álvaro Cunqueiro no seo do galeguismo", páxs. 283-294.
Notas
editar- ↑ "A Editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963". USC. Arquivado dende o orixinal o 07/07/2022. Consultado o 10/12/2018.
- ↑ Villanueva, Malores (Xaneiro-xuño, 2020). "Pensar e crear Galaxia. Os inicios dunha empresa curtural que fai 70 anos". Grial. LVIII (225, 226): 24–31. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Malores Villanueva". ub.edu. Arquivado dende o orixinal o 20/01/2021. Consultado o 05/11/2018.
- ↑ "DOG. Anuncio GO164-070817". dog. Consultado o 05/11/2018.
- ↑ "Resolución DOG Martes, 14 de maio de 2019" (PDF). edu.xunta.gal. Consultado o 14/05/2019.
- ↑ "Administración". Editorial Galaxia. Consultado o 05/11/2018.
- ↑ "Malores Villanueva". axendacultural.aelg. Consultado o 05/11/2018.[Ligazón morta]
- ↑ "Xavier Queipo gana el XXIV premio Blanco Amor de novela". El Correo Gallego. Consultado o 05/11/2018.
- ↑ "DANIEL ASOREY GAÑA A II EDICIÓN DO PREMIO DE RELATO BREVE NÉLIDA PIÑÓN". culturagalega.gal. Consultado o 10/12/2018.
- ↑ Editorial Galaxia (07/06/2017). Entrega do Premio Illa Nova de Narrativa 2017 (YouTube).
- ↑ "María Dolores Villanueva Gesteira". dialnet.unirioja.es. Consultado o 10/12/2018.
- ↑ "Publicacións". ilg.usc.es. Consultado o 05/11/2018.
- ↑ "Chamando a terra do día 02-06-2018". ctrvg.es. Consultado o 05/11/2018.
- ↑ "Una sencilla esquisitez". Faro de Vigo. Consultado o 05/11/2018.
- ↑ "A Fundación Penzol inaugura a súa primeira mostra sobre Francisco Fernández del Riego". Real Academia Galega. Consultado o 2023-03-03.
- ↑ galaxiaW (2013-07-11). ""Unha obra para un país" en Santiago de Compostela". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-03-03.
- ↑ "Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-03-03.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Malores Villanueva |
Ligazóns externas
editar- Entrevista en Quilombo Noroeste
- Entrevista en Galicia Hoxe, 2011 Arquivado 10 de decembro de 2018 en Wayback Machine.
- Entrevista en La Voz de Galicia, 2018